Selección de baloncesto de España: equipo representa á Federación Española de Baloncesto nas competicións internacionais From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
España | |||
Clasificación | 2 | ||
---|---|---|---|
Afiliación | 1934 | ||
Zona FIBA | FIBA Europa | ||
Federación | FEB | ||
Adestrador | Sergio Scariolo | ||
Xogos Olímpicos | |||
Aparicións | 11 | ||
Medallas | 1984, 2008, 2012 2016 | ||
Copa do Mundo da FIBA | |||
Aparicións | 11 | ||
Medallas | 2006, 2019 | ||
Eurobasket | |||
Aparicións | 31 | ||
Medallas | 2009, 2011, 2015, 2022 1935, 1973, 1983, 1999, 2003, 2007 1991, 2001, 2013, 2017 | ||
Uniforme | |||
|
A Selección española está considerada, a 1 de marzo de 2022, a segunda mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só está a selección dos Estados Unidos.[1]
A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición. O primeiro partido da historia da Selección foi un amigábel disputado semanas antes do Europeo, en 1935, no que se enfrontou á Selección de Portugal. O éxito do Eurobasket deu á Selección a posibilidade de participar nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936, os primeiros en que houbo competición de baloncesto. España, subcampioa de Europa, era unha das favoritas a acadar medalla, pero non puido asistir ós Xogos a causa do estalido da guerra civil española días antes do inicio dos Xogos.
A sección feminina da selección española non conseguiu clasificarse para uns mundiais ata de Australia 1994, tras gañar o Europeo de Perugia 1993, pero desde aquela non só se clasificou para os tres campionatos seguintes senón que ata o de agora acadou un oitavo posto (Australia 1994), e dous quintos consecutivos Alemaña 1998 e China 2002, o que resulta moi meritorio tendo en conta que só leva 12 anos relacionándose coa elite mundial. A sección feminina da selección española ocupa o 6º posto na clasificación da FIBA.
O maior éxito na historia da Selección Española foi a vitoria no mundial do Xapón 2006. Despois, a medalla de prata acadada nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles de 1984. Nos Eurobasket conquistou sete medallas: cinco de prata e dúas de bronce. Cabe salientar que España gañou a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1955, a de prata nos de 1987, e a de bronce en 2005. Pola súa parte, a sección feminina ademais do ouro no europeo de 1993, gañou tres bronces europeos consecutivos en 2001, 2003 e 2005, así coma outro bronce nos Xogos Mediterráneos de 2005.
A Selección de baloncesto de España conseguiu a vitoria no MundoBasket 2006 do Xapón no Saitama Super Arena nun partido ante Grecia (47-70), converténdose así en Campioa do Mundo. Poucos días despois deste triunfo consegue o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2006. O xogador chantadino Fran Vázquez ía participar neste campionato como membro da selección, pero unha lesión fixo que non puidese estar presente e tivese que ser substituído por Marc Gasol, irmán da estrela do equipo, Pau.
Ademais, España foi a organizadora do Eurobasket 2007, disputado en Madrid, Palma, Alacant, Sevilla e Granada. A Selección de baloncesto de España estaba clasificada como anfitrioa, sendo considerada unha das maiores candidatas á medalla de ouro.
A FEB ten Selección Española Sénior, (formada por xogadores séniores), así coma seleccións Sénior B, sub-20, sub-18, sub-16 e sub-15. Todas elas coas súas correspondentes seccións masculina e feminina. Ademais nas seccións femininas hai unha categoría máis, a sub-19, que no caso dos homes, é unha soa sección xunto cos sub-20.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Os seguintes xogadores disputaron o torneo masculino de baloncesto dos EuroBasket 2022.[2]
Selección española de baloncesto - EuroBasket 2022 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
Sección feminina
Sección masculina
Sección masculina
Sección masculina
Sección feminina
Sección masculina
Sección feminina
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Xogadores que disputaron máis de 100 partidos coa selección:
|
|
|
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
Sección feminina
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
|
|
Sección feminina
|
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
|
|
|
|
Sección feminina
|
|
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
Sección feminina
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.