xogador de baloncesto español From Wikipedia, the free encyclopedia
Víctor Claver Arocas, nado en Valencia o 30 de agosto de 1988, é un xogador español de baloncesto profesional que xoga no Valencia Basket da Liga ACB.
Claver comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Maristas e do Valencia BC. Fixo o seu debut coma profesional no Valencia na tempada 2006-07. Gañou a Eurocup na tempada 2009-10. Ó ano seguinte fixo o seu debut na Euroliga, acadando 10.9 puntos, 4.9 rebotes en 14 partidos.
Claver foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Portland Trail Blazers. O 12 de xullo de 2012, asinou un contrato por tres anos cos Trail Blazers.[1]
O 19 de febreiro de 2015, Claver foi traspasado xunto a Will Barton, Thomas Robinson e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2016 ós Denver Nuggets, a cambio de Arron Afflalo e Alonzo Gee.[2] Tres días máis tarde, foi cortado polos Nuggets sen chegar a debutar.[3]
O 1 de marzo de 2015, Claver fichou polo BC Khimki ruso para o resto da tempada.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.