From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Joventut Badalona S.A.D. é un club de baloncesto profesional da cidade de Badalona, Cataluña. Fundado en 1930, é coñecido popularmente como La Penya. Actualmente compite na Liga ACB, sendo, xunto co Real Madrid, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español. Entre os trofeos conquistados, destacan unha Euroliga, dúas Copa Korać, oito Copas do Rei e catro Ligas, dúas delas logradas desde a fundación da actual ACB.
Joventut Badalona | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 30 de marzo de 1930 |
Historia | Penya Spirit (1930−1932) Centre Esportiu (1932−1939) Juventud Badalona (1939−1978) |
Cores | Verde, negro |
Presidente | Juanan Morales |
Adestrador | Carles Durán |
Localización | |
Cidade | Badalona, España |
Pavillón | Palau Olímpic |
Capacidade | 12 760 |
Inauguración | 17 de setembro de 1991 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (1994) |
Eurocup | 1 (2008) |
Copa Korać | 2 (1981, 1990) |
EuroChallenge | 1 (2006) |
Liga | 4 (1967, 1978, 1991, 1992) |
Copa | 8 (1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008) |
Príncipe | 3 (1987, 1989, 1991) |
penya.com |
Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta verdinegra e un pantalón negro, dáse a circunstancia que as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX. A pista de xogo e, ademais, sede oficial do club é o Pavelló Olímpic de Badalona, recinto inaugurado con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, e que ten unha capacidade para 12 500 espectadores.
Badalona ten equipo de baloncesto dende o 30 de marzo de 1930, cando o Joventut foi fundado como "Penya Spirit of Badalona", na honra do Spirit of Saint Louis, primeiro avión en cruzar o Atlántico . Ademais de baloncesto, o club formábano inicialmente equipos que participan en varios deportes, como ciclismo, tenis de mesa e fútbol. En 1932, o club cambiou o seu nome polo de "Centre Esportiu Badaloní". Finalmente, en 1939, converteuse no Club Joventut de Badalona. En 1940, o baloncesto foi establecido como deporte principal do club e o verde e o negro foron adoptados como as cores do equipo.
Entre os anos 1950 e 1970 o club tivo unha gran rivalidade co Real Madrid e cos equipos veciños, xogando encontros memorables. Durante os anos 1980, 1990 e 2000, o Joventut tivo os seus mellores ano da súa historia. Hoxe en día, o nome do club por motivos de patrocinio é FIATC Joventut, debido á compañía de seguros española FIATC Mutua Seguros. Na actualidade, o club de baloncesto de Badalona está a volver a gañar títulos despois dunha época en baleiro.
O Joventut de Badalona é un dos tres únicos tres, xunto co CB Estudiantes e Real Madrid que xogou tódolos anos na máxima categoría da liga española. Ademais, o Joventut está considerado un dos equipos con mellor canteira de Europa, a "Escola de Bàsquet", fundada en 1973 e considerada a máis prestixiosa xunto de Europa á do Partizan. É quizais tamén o club de baloncesto máis importante de España, xa que o FC Barcelona e Real Madrid son os equipos que dependen en gran medida das súas seccións de fútbol, a diferenza dos de Badalona. Xogadores como os irmáns Jofresa, Jordi Villacampa, Rudy Fernández ou Ricky Rubio proveñen das categoría inferiores do Joventut.
O Joventut de Badalona tamén foi o primeiro equipo catalán que conseguiu gañar un título da Euroliga. Isto sucedeu en 1994, tras gañar por tan só dous puntos (59-57) ao Olympiacos grego en Tel Aviv (Israel). En 2006, gañou o campionato da FIBA EuroChallenge, e en 2008 a Copa ULEB. O Joventut tamén gañou dous campionatos da Copa Korać, nos anos 1981 e 1990. Dende o ano 1992 xoga no Pavelló Olímpic de Badalona.
O Club Joventut de Badalona recibiu diversos nomes comerciais ao longo da súa historia, en función do interese do patrocinador de cada momento. Estas son as denominacións que tivo o equipo verdinegro:
O Joventut xoga so seus encontros como local no "Pavilló Olímpic de Badalona" (do catalán: Pavillón Olímpico de Badalona), coñecido tamén como "Palau Municipal d'Esports de Badalona" (do catalán: Pazo Municipal dos Deportes de Badalona). Foi construída como instalación nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 para albergar a competición de baloncesto. Foi obra dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius, que gañaron en 1992 o Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe polo recinto e ten capacidade para 12.500 espectadores.
Ademais do Pavelló Olímpic, o Joventut dispotou os seus encontros como local en múltiples recintos, non sendo até 1962 cando pasaron a xogar no "Pavelló de la Plana", un pavillón cuberto.[1]
|
|
Joventut Badalona 2022−2023 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
O Joventut retirou tres dorsais na honra dalgúns dos seus xogadores ao longo da súa historia. O 5 foi retirado por mor de Rafa Jofresa, un base que chegou a xogar vinte e un anos na máxima categoría do baloncesto español, con todo, este número tamén foi levado entre 2001–2008 por Rudy Fernández. O número 7 foi retirado na honra de Josep Maria Margall, un ala alcumado "Matraco" que xogou dezaoito temporadas cos verdinegros. Finalmente, o número 8, retirouse en homenaxe a Jordi Villacampa, un dos xogadores máis emblemáticos da historia do club.
Dorsais retirados polo Joventut | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | |
---|---|---|---|---|
5 | Rafa Jofresa | Base | 1983−1996 | |
7 | Josep Maria Margall | Ala | 1972−1990 | |
8 | Jordi Villacampa | Ala | 1980−1997 |
Xogador máis valioso das finais da ACB
|
Xogador máis valioso da Copa do Rei
|
A seguinte relación detalla cronoloxicamente a todos os adestradores que tivo o Club Joventut de Badalona.[2] Se figura máis dun adestrador por temporada significa que o primeiro foi substituído polo seguinte.
A seguinte é unha lista dos presidentes do Joventut desde a fundación da Asociación de Clubs de Baloncesto en 1982.[3][4]
Lliga Catalana
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1930–56 | Copa do Rei | 3 veces campión (47−48, 52−53, 54−55), 3 veces subcampión (49–50, 51−52, 53–54) | ||||||||||
1956–57 | 1 | 1ª Div. | 6º | 2–8 | ||||||||
1957–58 | 1 | 1ª Div. | 2º | 14–1–3 | Campións | |||||||
1958–59 | 1 | 1ª Div. | 3º | 17–5 | Cuartos de final | |||||||
1959–60 | 1 | 1ª Div. | 2º | 16–1–5 | Semifinais | |||||||
1960–61 | 1 | 1ª Div. | 4º | 14–8 | Cuartos de final | |||||||
1961–62 | 1 | 1ª Div. | 2º | 13–5 | Cuartos de final | |||||||
1962–63 | 1 | 1ª Div. | 3º | 9–7 | ||||||||
1963–64 | 1 | 1ª Div. | 3º | 13–9 | ||||||||
1964–65 | 1 | 1ª Div. | 3º | 8–6 | Semifinais | |||||||
1965–66 | 1 | 1ª Div. | 4º | 10–8 | Subcampións | |||||||
1966–67 | 1 | 1ª Div. | 1º | 18–2 | Semifinais | 2 Recopa | CF | 5–2 | ||||
1967–68 | 1 | 1ª Div. | 3º | 16–4 | Subcampións | 1 Recopa | FG | 5–2 | ||||
1968–69 | 1 | 1ª Div. | 2º | 15–3–4 | Campións | |||||||
1969–70 | 1 | 1ª Div. | 3º | 17–1–4 | Subcampións | 2 Recopa | CF | 4–2 | ||||
1970–71 | 1 | 1ª Div. | 2º | 21–1 | Subcampións | 2 Recopa | CF | 6–2 | ||||
1971–72 | 1 | 1ª Div. | 3º | 17–5 | Subcampións | 2 Recopa | SF | 4–2 | ||||
1972–73 | 1 | 1ª Div. | 2º | 25–2–3 | Semifinais | 2 Recopa | SF | 5–3 | ||||
1973–74 | 1 | 1ª Div. | 3º | 22–1–5 | Subcampións | 3 Copa Korać | CF | 5–1 | ||||
1974–75 | 1 | 1ª Div. | 3º | 16–1–5 | Cuartos de final | 2 Recopa | CF | 4–3 | ||||
1975–76 | 1 | 1ª Div. | 3º | 20–12 | Campións | 3 Copa Korać | SF | 5–2 | ||||
1976–77 | 1 | 1ª Div. | 3º | 15–1–6 | Semifinais | 2 Recopa | SF | 7–5 | ||||
1977–78 | 1 | 1ª Div. | 1º | 20–2 | Semifinais | 3 Copa Korać | SF | 9–1 | ||||
1978–79 | 1 | 1ª Div. | 3º | 16–2–4 | Cuartos de final | 1 Copa de Europa | SF | 8–8 | ||||
1979–80 | 1 | 1ª Div. | 3º | 15–7 | Semifinais | 3 Copa Korać | CF | 4–4 | ||||
1980–81 | 1 | 1ª Div. | 5º | 16–1–9 | Semifinais | 3 Copa Korać | 1º | 7–2 | ||||
1981–82 | 1 | 1ª Div. | 5º | 15–11 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | CF | 3–3 | ||||
1982–83 | 1 | 1ª Div. | 7º | 14–1–11 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | CF | 1–5 | ||||
1983–84 | 1 | ACB | 3º | 24–11 | Cuarto lugar | |||||||
1984–85 | 1 | ACB | 2º | 26–11 | Subcampións | |||||||
1985–86 | 1 | ACB | 3º | 25–8 | Subcampións | Supercopa | 1º | 2 Recopa | SF | 6–2 | ||
1986–87 | 1 | ACB | 2º | 29–8 | Subcampións | Supercopa | 1º | 2 Recopa | CF | 3–3 | ||
Copa Príncipe | 1º | |||||||||||
1987–88 | 1 | ACB | 4º | 21–14 | Semifinais | Supercopa | 2º | 2 Recopa | 2º | 8–3 | ||
Copa Príncipe | SF | |||||||||||
1988–89 | 1 | ACB | 3º | 26–16 | Semifinais | Copa Príncipe | 1º | 3 Copa Korać | CF | 6–2 | ||
1989–90 | 1 | ACB | 2º | 29–15 | Subcampións | 3 Copa Korać | 1º | 11–1–2 | ||||
1990–91 | 1 | ACB | 1º | 40–6 | Terceiro lugar | Copa Príncipe | 1º | 3 Copa Korać | SF | 9–3 | ||
1991–92 | 1 | ACB | 1º | 36–14 | Terceiro lugar | 1 Euroliga | 2º | 14–4 | ||||
1992–93 | 1 | ACB | 2º | 33–14 | Subcampións | 1 Euroliga | FG | 6–6 | ||||
1993–94 | 1 | ACB | 3º | 24–14 | Cuartos de final | 1 Euroliga | 1º | 15–5 | ||||
1994–95 | 1 | ACB | 14º | 17–21 | Cuartos de final | 1 Euroliga | FG | 2–14 | ||||
1995–96 | 1 | ACB | 13º | 17–21 | ||||||||
1996–97 | 1 | ACB | 4º | 24–17 | Campións | |||||||
1997–98 | 1 | ACB | 6º | 25–13 | Subcampións | 2 Eurocup | OF | 10–4 | ||||
1998–99 | 1 | ACB | 10º | 18–16 | Cuartos de final | 2 Copa Saporta | CF | 13–3 | ||||
1999–00 | 1 | ACB | 11º | 16–18 | ||||||||
2000–01 | 1 | ACB | 14º | 11–23 | ||||||||
2001–02 | 1 | ACB | 9º | 18–16 | Cuartos de final | |||||||
2002–03 | 1 | ACB | 7º | 18–19 | Cuartos de final | 2 ULEB Cup | SF | 9–7 | ||||
2003–04 | 1 | ACB | 8º | 16–21 | Subcampións | 2 ULEB Cup | CF | 8–6 | ||||
2004–05 | 1 | ACB | 7º | 21–17 | 2 ULEB Cup | OF | 6–1–5 | |||||
2005–06 | 1 | ACB | 4º | 28–14 | Cuartos de final | 3 FIBA Eurocup | 1º | 13–3 | ||||
2006–07 | 1 | ACB | 4º | 28–16 | Semifinais | Supercopa | SF | 1 Euroliga | T16 | 8–12 | ||
2007–08 | 1 | ACB | 3º | 27–12 | Campións | 2 ULEB Cup | 1º | 16–1 | ||||
2008–09 | 1 | ACB | 5º | 23–12 | Cuartos de final | Supercopa | SF | 1 Euroliga | RS | 4–6 | ||
2009–10 | 1 | ACB | 11º | 15–19 | Cuartos de final | 2 Eurocup | L16 | 8–4 | ||||
2010–11 | 1 | ACB | 13º | 14–20 | Cuartos de final | |||||||
2011–12 | 1 | ACB | 11º | 16–18 | ||||||||
2012–13 | 1 | ACB | 11º | 16–18 | ||||||||
2013–14 | 1 | ACB | 9º | 16–18 | ||||||||
2014–15 | 1 | ACB | 7º | 19–17 | Semifinais | |||||||
2015–16 | 1 | ACB | 13º | 13–21 | ||||||||
2016–17 | 1 | ACB | 14º | 11–21 | ||||||||
2017–18 | 1 | ACB | 15º | 12–22 | 3 Champions League | 2RC | 2–1–1 | |||||
2018–19 | 1 | ACB | 7º | 18–18 | Semifinais | |||||||
2019–20 | 1 | ACB | 12º | 11–17 | 2 EuroCup | T16 | 8–8 | |||||
2020–21 | 1 | ACB | 7º | 21–18 | 2 EuroCup | CF | 12–5 | |||||
2021–22 | 1 | ACB | 3º | 25–16 | Cuartos de final | 2 EuroCup | OF | 12–5 |
O "Montigalà Joventut" presentouse na Final Four de Istanbul 1992 como un dos mellores equipos europeos do momento. No partido de semifinais desfíxose do Estudiantes con facilidade. Na gran final esperaba o belgradino Partizan, dirixido por Željko Obradović e liderado polo talento de Predrag Danilović e Aleksandar Đorđević. A poucos segundos do final, o base Tomás Jofresa logrou unha canastra que puña dous puntos arriba ao conxunto verdinegro. A vitoria final estaba moi cerca para os de Badalona, mais apareceu Đorđević. O base rival cruzou toda a cancha e anotou unha decisiva tripla. O Partizan colocábase cun punto de vantaxe e xa non houbo tempo para que o Joventut puidese contraatacar dunha forma organizada.
Despois da Liga Europea, dous anos despois conseguiron mudar o final. En 1994, o Joventut de Obradović, o mesmo adestrador que lles arrebatou a copa en Istanbul, fíxose co título en Tel Aviv cunha tripla de Corny Thompson nos últimos instantes da final. Os badaloneses venceron en semifinais ao Barcelona e na final ao Olympiacos e, deste xeito, o Joventut logrou converterse no primeiro club catalán en conseguilo.
O camiseta de xogo do Joventut sempre foi verde cunha banda horizontal negra ao redor do peito e os pantalóns tradicionalmente negros, coa excepción dalgúns anos que tamén foron de cor verde. Tradicionalmente a roupa de visitante foi de cor branca, e ademais na tempada 2008-09 foi estreada unha camiseta alternativa de cor prata. Como curiosidade, as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.