Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O EuroChallenge (chamada FIBA Europe League entre 2003 e 2005, e FIBA EuroCup entre 2005 e 2008) foi unha competición de baloncesto organizada pola FIBA Europa, sendo a máxima competición masculina que organiza. Nesta competición xogaban os mellores equipos de Europa que non se clasificaron para a Euroliga ou a Copa ULEB, isto é as competicións da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Non debe confundirse coa FIBA EuroCup Challenge, a extinta segunda competición organizada pola FIBA Europa disputada entre o 2002 e o 2007. No ano 2015, a FIBA disolveu a competición para empezar unha nova, a FIBA Europe Cup, co obxectivo de competir coa Eurocup.
Tipo | competição de basquetebol (pt) |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | FIBA Europa |
Liga inferior | Cyprus Basketball Division 1 (en) |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2003 – 2015 |
Calendario da tempada | outubro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | fibaeurope.com… |
Co propósito de dar continuidade á histórica Copa de Europa, disputada por última vez co nome de Suproliga na tempada 2000-01, o torneo naceu na tempada 2003-04 coa denominación de Liga Europea da FIBA.
Ao consolidarse a Euroliga como máxima competición continental, en novembro de 2004 a FIBA chegou a un acordo coa organización que representa aos equipos escindidos na tempada 2000-01 para recoñecela como sucesora da Copa de Europa e, á súa vez, renomear á súa Liga Europea como Eurocopa de cara á seguinte tempada, converténdose así na terceira competición en importancia no ámbito dos clubs europeos.
O trofeo que se lle entrega ao equipo campión é o mesmo que se empregaba para tal efecto durante a etapa da Copa de Europa. O Maccabi Tel Aviv gravou o seu nome na placa situada na base que acompaña ao trofeo ao gañar a Suproliga no 2001.
A competición organizábase do seguinte xeito:
Ano | Final | Semifinalistas | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Campión | Marcador | Subcampión | Terceiro posto | Marcador | Cuarto posto | |||
2003–04 | UNICS |
87–63 | Maroussi |
Hapoel Tel Aviv |
112–104 | Ural Great Perm | ||
2004–05 | Dinamo San Petersburgo |
85–74 | Kyiv |
Khimki |
86–79 | Fenerbahçe | ||
2005–06 | Joventut Badalona |
88–63 | Khimki |
Kyiv |
83–81 | Dinamo San Petersburgo | ||
2006–07 | Girona |
79–72 | Azovmash |
Virtus Bologna |
82–60 | Estudiantes | ||
2007–08 | Barons LMT |
63–62 | Mons-Hainaut |
AEL |
79–70 | Tartu Ülikool | ||
2008–09 | Virtus Bologna |
77–75 | Cholet |
Triumph Lyubertsy |
94–82 | AEL | ||
2009–10 | Göttingen |
83–75 | Krasnye Krylia |
Chorale Roanne |
86–80 | Victoria Libertas | ||
2010–11 | Krka |
83–77 | Lokomotiv Kuban |
Oostende |
94–92 | Spartak San Petersburgo | ||
2011–12 | Beşiktaş |
91–86 | Élan Chalon |
Triumph Lyubertsy |
94–87 | Szolnoki Olaj | ||
2012–13 | Krasnye Krylia |
77–76 | Karşıyaka |
Oldenburg |
84–76 | Gravelines | ||
2013–14 | Reggio Emilia |
79–65 | Triumph Lyubertsy |
Gaziantep |
87–75 (OT) | Szolnoki Olaj | ||
2014–15 | Nanterre |
64–63 | Trabzonspor |
Energia Târgu Jiu |
83–80 | Skyliners Frankfurt |
Equipo | Título | Ano |
---|---|---|
UNICS Kazan | 1 | 2003-04 |
Dynamo San Petersburgo | 1 | 2004-05 |
DKV Joventut | 1 | 2005-06 |
Akasvayu Girona | 1 | 2006-07 |
Barons LMT Riga | 1 | 2007-08 |
Virtus Bologna | 1 | 2008-09 |
BG Göttingen | 1 | 2009-10 |
KK Krka | 1 | 2010-11 |
Beşiktaş | 1 | 2011-12 |
Krasnye Krylia Samara | 1 | 2012-13 |
Reggio Emilia | 1 | 2013-14 |
Nanterre | 1 | 2014-15 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.