From Wikipedia, the free encyclopedia
O Fenerbahçe Erkek Basketbol Takımı, ou simplemente Fenerbahçe, é un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Istambul. Actualmente xoga na Türkiye Basketbol Ligi, a máxima categoría do baloncesto turco, e na Euroliga. Fundado en 1913, é a sección de baloncesto masculina do club polideportivo Fenerbahçe. Actualmente o equipo xoga os seus partidos como local no Ülker Sports Arena, pavillón con capacidade para 13.800 espectadores. Entre 2006 e 2015, tras a súa fusión co Ülkerspor, o equipo foi coñecido popularmente e por motivos de patrocinio como Fenerbahçe Ülker.
Fenerbahçe | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BSL / Euroliga |
Fundación | 1913 |
Cores | Amarelo, azul |
Presidente | Ali Koç |
Adestrador | Dimitrios Itoudis |
Localización | |
Cidade | Istambul, Turquía |
Pavillón | Ülker Sports Arena |
Capacidade | 13.059 |
Inauguración | 25 de xaneiro de 2012 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (2017) |
Liga | 10 (1991, 2007, 2008, 2010, 2011, 2014, 2016, 2017, 2018, 2022) |
Copa | 7 (1967, 2010, 2011, 2013, 2016, 2019, 2020) |
Supercopa | 7 (1990, 1991, 1994, 2007, 2013, 2016, 2017) |
fenerbahce.org |
A sección de baloncesto masculino do Fenerbahçe foi fundada en 1913, acadando desde aquela un notábel éxito no baloncesto turco. O equipo gañou os seus primeiros títulos en 1957, 1959 1965, xusto antes de que fosa fundada a Liga de Baloncesto de Turquía. Grazas aos títulos domésticos o club participou na Euroliga de 1960 e de 1966. Porén, tras a exitosa etapa, os seareiros terían que agardar até 1991 para ver ao seu equipo gañar un novo título. En 1991 o equipo, liderado por Levent Topsakal, Larry Richard e o adestrador Çetin Yılmaz consegue vencer na final ao Tofaş, converténdose en campión de Liga, a súa primeira vez desde a fundación da competición.[1] Grazas ao título, o Fenerbahçe participaría na seguinte edición da Euroliga, aínda que acabaría perdendo na primeira rolda.
O equipo volvería xogar a final da liga en 1992, 1993 e 1995, aínda que sen éxito en ningunha das tres ocasións. Na temporada 1997−98 o terceiro lugar acadado permítelle volvet á Euroliga, conseguindo esta vez chegar aos oitvados de final con xogadores como Mahmoud Abdul-Rauf, Marko Milič, Žan Tabak, İbrahim Kutluay e Conrad McRae. Con todo, o equipo acaba perdendo fronte o Real Madrid. O equipo tamén particpou noutras competicións europeas, chegando aos cuartos de final da Copa Korać en 1996 e 2001, e acabando en cuarto lugar na FIBA Europe League de 2005.
No verán de 2006 o club fusiónase co Ülkerspor para formar o Fenerbahçe Ülker. Despois da fusión, o Fenerbahce convertéuse no dominador da Liga, gañando o campionato en dúas coasións consecutivas. Na terceira temporada despois da fusión, porén, non conseguen o título tras perder nunha disputada eliminatoria final ante o Efes Pilsen. Iso non impide que na temporada 2009−10 o equipo repita título de campión, desquitándose ante o Efes Pilsen. O seguinte ano o Fenerbahçe afrontaría a competición cun equipo con xogadores como Šarūnas Jasikevičius, Marko Tomas, Darjuš Lavrinovič, Bojan Bogdanović ou Thabo Sefolosha. Baixo o mando do adestrador Neven Spahija o equipo consegue repetir título. Porén, as dúas seguintes temporadas serían decepcionantes para o club de Istambul. Para solucionalo chegaría ao banco Željko Obradović, que viría acompañado de xogadores como Linas Kleiza ou Nemanja Bjelica. Así, o Fenerbahçe gañaría o seu sexto título de Liga tras vecen na final ao Galatasaray. En 2015 o club remata o seu patrocinio con Ülker.
Fenerbahçe Beko 2022–2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Campionato Turco (1946–1967)
Supercopa:
5 de outubro de 2012 | Fenerbahçe Ülker | 97–91 | Denver Nuggets | Ülker Sports Arena, Istambul |
5 de outubro de 2013 | Fenerbahçe Ülker | 82–95 | Oklahoma City Thunder | Ülker Sports Arena, Istambul |
11 de outubro de 2014 | Fenerbahçe Ülker | 90–96 | San Antonio Spurs | Ülker Sports Arena, Istambul |
5 de outubro de 2015 | Brooklyn Nets | 96–101 | Fenerbahçe | Barclays Center, Nova York |
9 de outubro de 2015 | Oklahoma City Thunder | 111–81 | Fenerbahçe | Chesapeake Energy Arena, Oklahoma City |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.