República Federal Socialista de Iugoslavia
estado socialista europeo entre 1963 e 1992 From Wikipedia, the free encyclopedia
estado socialista europeo entre 1963 e 1992 From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Federal Socialista de Iugoslavia (abreviado: RFSI, en croata e esloveno: Socijalistička Federativna Republika Jugoslavija, en serbio e mecedonio: Социјалистичка Федеративна Република Југославија, en albanés: Republika Socialiste Federative e Jugosllavisë, en húngaro: Jugoszláv Szocialista Szövetségi Köztársaság) foi un estado socialista europeo que existiu entre os anos 1963 e 1992, substituíndo na súa creación á República Federal Popular de Iugoslavia.
Социјалистичка Федеративна Република Југославија / Socijalistička Federativna Republika Jugoslavija (sh) Socialistična federativna republika Jugoslavija (sl) | |||||
Himno | Hej, Sloveni | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Bratstvo i jedinstvo» | ||||
Epónimo | Iugoslavia | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Belgrado | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 23.724.919 (1989) (92,75 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua serbocroata Lingua macedonia lingua eslovena | ||||
Relixión | Cristianismo ortodoxo, catolicismo e Islam | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 255.804 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 29 de novembro de 1945 | ||||
Disolución | 26 de abril de 1992 | ||||
Sucedido por | República Federal de Iugoslavia, Eslovenia, Croacia e Macedonia do Norte | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria Estado socialista unipartidismo Titoísmo (pt) | ||||
Órgano lexislativo | parlamento da Iugoslávia (pt) , | ||||
Membro de | |||||
Moeda | dinar iugoslavo (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Dominio de primeiro nivel | sen valor | ||||
Código de país | sen valor e YU | ||||
Estaba formada por Eslovenia, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Serbia, Macedonia e Montenegro. Foi gobernada ata o ano 1980 por Josip Broz Tito, quen a diferenza doutros países comunistas de Europa, elixiu un camiño independente ao da Unión Soviética, manténdose así distanciado dos países do Bloque do Leste, chegando a criticar as intervencións en Hungría, Checoslovaquia e Afganistán. Así pois non foi membro nin do Pacto de Varsovia nin da OTAN, sendo un dos creadores do Movemento de Países Non Aliñados no ano 1956.
A República Democrática Federal Iugoslava foi reconstituída no AVNOJ (Consello Antifascista de Liberación Nacional de Iugoslavia) realizado en Jajce entre o 29 de novembro e o 4 de decembro de 1943 (data que aparece no escudo da república), mentres que as negociacións co goberno no exilio continuaron. O 29 de novembro do mesmo ano foi establecida como un estado socialista, en 1945 foi establecida finalmente como República Democrática Federal de Iugoslavia, porén pouco máis dun ano despois, o 31 de xaneiro de 1946, a nova constitución establece as seis repúblicas constituíntes e o nome é cambiado a República Federal Popular de Iugoslavia. En 1963 adopta finalmente o nome de República Federal Socialista de Iugoslavia.
Durante a década de 1950 Iugoslavia comezou unha serie de reformas fundamentais para conseguir un profundo cambio en tres aspectos principais: a rápida liberalización e descentralización do sistema político do país, a institución dunha nova economía estatal única e unha política diplomática de non aliñación. As reformas económicas comezaron o 26 de xuño de 1950, coa intervención do Primeiro Ministro Tito no Parlamento, durante a cal se anunciou por primeira vez a introdución da autoxestión dos traballadores. Esta e outras importantes reformas económicas da época, axudados pola axuda occidental, reviviron Iugoslavia e crearon un auxe económico. O emprego duplicouse entre 1950 e 1964, cunha caída do desemprego que chegou ao 6% en 1961. A pesar da nova masa de obreiros industriais, o aumento anual dos salarios foi do 6,2% anual, mentres que a produtividade industrial creceu un 12,7% anual, ademais a alfabetización aumentou drasticamente, chegando ao 91%. Implantouse así mesmo a atención médica gratuíta en todos os niveis, chegando a esperanza de vida era aos 72 anos.
Esta reforma con creou grandes problemas, como por exemplo a disciplina de partido, mais a pesar dos conflitos internos, o desenvolvemento económico e a liberalización social do país durante todo o decenio de 1950 e 60, continuou o seu rápido ritmo. Con estas medidas de grande éxito, a economía iugoslava logrou a súa auto-suficiencia económica relativa. Na década de 1960, os observadores estranxeiros sinalaron que o país estaba "en auxe", e que ao mesmo tempo que os cidadáns iugoslavos gozaban de liberdades moito maiores que na Unión Soviética e os estados do bloque do leste. Despois da ruptura da esfera soviética, Iugoslavia formou a súa propia forma de comunismo, informalmente chamado titoísmo. Baixo esta forma de comunismo permitiuse un certo grao de mercado libre da empresa, o que se chamou socialismo de mercado. Ademais é de destacar que Iugoslavia se negou a participar no comunista Pacto de Varsovia, adoptando no seu lugar unha postura neutral na guerra fría, converteuse en membro fundador do Movemento Non Aliñado. En 1963 Tito foi nomeado "Presidente vitalicio", o que levou durante a seguinte década a serios problemas, ademais o estado adoptou o seu nome definitivo de República Federal Socialista de Iugoslavia.
En 1968 realizáronse protestas en Belgrado, o que supuxo a primeira protesta masiva despois da segunda guerra mundial, e a noite do 2 de xullo de 1968 estudantes da Universidade de Belgrado entraron en folga durante sete días, mais a policía atacou os estudantes, prohibíndolles toda reunión pública. Porén os estudantes reuníronse na Facultade de Filosofía, onde celebraron debates e discursos sobre a xustiza social, entregando copias da revista prohibida "Estudante". Os estudantes tamén protestaron contra as reformas económicas, que conduciron a un elevado desemprego obrigando aos traballadores a abandonar o país e atopar traballo noutros lugares. Finalmente Tito foi parando as protestas cedendo a algunhas das demandas dos estudantes e dicindo que "os estudantes teñen razón" durante un discurso televisado.
En 1971, a alianza dos dirixentes comunistas de Croacia, entre eles Miko Tripalo e Savka Dabčević-Kučar, apoiados por diversos grupos nacionalistas, deron lugar á Primavera croata. Tito respondeu cun enfoque de dobre acción, as autoridades iugoslavas detiveron a numerosos manifestantes croatas que foron acusados de evocar ao nacionalismo étnico mentres que, ao mesmo tempo, comezou un programa para iniciar algunhas desas reformas, a fin de evitar unha crise semellante ocorrese de novo. Os simpatizantes de fóra de Iugoslavia do Ustaše, un movemento católico ultranacionalista croata, tentaron a través do terrorismo e accións de guerrilla de crear un movemento separatista, mais sen moito éxito chegando a obter a antipatía dos compañeiros católicos iugoslavos.
En 1974 ratificouse unha nova constitución federal que lle deu maior autonomía ás distintas repúblicas o que, basicamente, cumpría os obxectivos principais do movemento da Primavera croata. Unha das disposicións da nova Constitución era que cada república oficialmente tiña a opción de declarar a súa independencia da federación, con subxección a certas normas constitucionais. A outra medida máis controvertida foi a división interna de Serbia, mediante a concesión dun estatuto similar ao de dúas provincias autónomas dentro dela, Kosovo, unha rexión serbia habitada en gran parte por albaneses e Voivodina, unha rexión cun gran número de minorías étnicas, detrás da maioría de serbios, como os húngaros. Estas reformas satisfixeron á maioría das repúblicas, especialmente a Croacia, así como aos albaneses de Kosovo e as minorías de Voivodina. Con todo, a constitución de 1974 non gustou nin aos funcionarios comunistas de Serbia nin aos propios serbios, que desconfiaban dos motivos dos partidarios das reformas vendo as reformas como concesións aos nacionalistas croatas e albaneses.
O 4 de maio de 1980, Tito morre e o seu falecemento foi anunciado por tódalas retransmisións do a través de Iugoslavia, e aínda que se soubo por algún tempo que Tito se atopaba cada máis enfermo, a súa morte foi un shock para o país, xa que era considerado como o heroe do país na segunda guerra mundial, chorando moitos iugoslavos abertamente a súa morte. O funeral de Tito foi un espectáculo nacional en Iugoslavia, o cadaleito foi levado en tren a través de todo o Estado antes de ser establecido en Belgrado, onde acudiron miles de persoas. No momento da morte de Tito o goberno federal foi encabezado por Veselin Đuranović (que ocupaba o cargo dende 1977), e comezou un conflito cos diferentes dirixentes das repúblicas de Iugoslavia, que alegaban que se necesitaba economizar debido ao crecente problema da débeda externa. Đuranović argumentou que era necesaria unha desvaloración, que Tito se negara a aceptar por razóns de prestixio nacional.
A nova Iugoslavia enfrontábase a débeda fiscal importante na década de 1980, mais as súas boas relacións cos Estados Unidos levou a un grupo de organizacións (lideradas por estadounidenses) chamadas "Amigos de Iugoslavia" a apoiar e lograr un alivio significativo da débeda en 1983 e 1984, aínda que os problemas económicos continuarán até a disolución do Estado na década de 1990.
Nese mesmo período Iugoslavia foi o país anfitrión dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 en Saraxevo. Para Iugoslavia, os xogos significaban a continuación da política de Tito de fraternidade e a unidade, de como as múltiples nacionalidades de Iugoslavia permaneceron unidas nun só equipo. Destacar que Iugoslavia se converteu no segundo estado comunista que albergaba uns Xogos Olímpicos, despois de que a Unión Soviética celebrara os Xogos Olímpicos de verán de 1980 en Moscova. Con todo, nos xogos de Iugoslavia, participaron países occidentais, mentres que nos da Unión Soviética houbo un boicot dos países occidentais.
Dende a Constitución de 1974 que reduciu os poderes de Serbia sobre as súas provincias autónomas de Kosovo e Voivodina, o sentimento nacionalista en Serbia foi en aumento, principalmente centrado en Kosovo. En 1987, un funcionario da Liga dos Comunistas de Serbia, a rama serbia da Liga dos Comunistas de Iugoslavia, Slobodan Milošević, foi enviado a Kosovo para acabar coa última manifestación dos serbios de Kosovo. Até este punto, tódalas ramas da liga dos Comunistas de Iugoslavia condenaron tódalas protestas nacionalistas. Con todo, Milošević abandonou a política do partido e apoiou as reivindicacións da multitude reunida, chamándose a si mesmo como "defensor dos serbios". Esta imaxe foi promovida ademais polo seu control, cada vez maior, sobre os medios de comunicación serbios, que se estaban establecendo neste momento. Coa súa popularidade en aumento logrou facerse co control da Liga dos Comunistas de Serbia, converténdose efectivamente no político serbio máis poderoso.
Tras asegurar a súa posición en Milošević procedeu a tomar o control dos gobernos de Voivodina, Kosovo e a veciña República Socialista de Montenegro, entón agora pasaba a controlar directamente catro do oito votos na cabeza colectiva do estado o 10 de xaneiro de 1989. Esta situación agravou seriamente aos gobernos de Eslovenia e Croacia, xunto cos albaneses de Kosovo, con todo Bosnia e Hercegovina e Macedonia mantívose relativamente neutrais. Así pois Croacia e Eslovenia declararon publicamente a súa intención de separarse de Iugoslavia, despois dos referendos (boicoteados polos serbios), os dous países declararon o súa escisión o 25 de xuño de 1991, estancada durante tres meses polos esforzos internacionais. Inmediatamente despois da declaración de Eslovenia, a Presidencia de Iugoslavia ordenou ao Exército Popular Iugoslavo tomar o control dos cruzamentos fronteirizos internacionais en Eslovenia. Así comezou o esforzo do exército para evitar a secesión eslovena, coñecida como a Guerra dos Dez Días. En Croacia a Guerra de Independencia pronto empezou, cos rebeldes serbios de Croacia, asistidos polo Exército Popular Iugoslavo, tentando consolidar o seu poder en anacos de territorio de Croacia e declarando que as súas entidades non ían separarse de Iugoslavia. En outubro de 1991 Croacia e Eslovenia, finalmente declararon a súa independencia, o que levou a unha guerra a grande escala en Croacia. En setembro de 1991, Macedonia tamén declarou a súa independencia. Cincocentos soldados dos Estados Unidos foron despregados baixo a bandeira das Nacións Unidas para vixiar as fronteiras do norte de Macedonia.
As institucións federais de Iugoslavia nese momento deixaron todas de funcionar, aínda que o estado estaba aínda existía formalmente, composto por Serbia, Montenegro e Bosnia e Hercegovina, mais trala secesión de Croacia, os croatas bosníacos e os musulmáns bosníacos xa non desexaban permanecer nunha federación dominada polos serbios . Isto levou á creación da República do Pobo Serbio de Bosnia e Hercegovina (a República Serbia). Pouco despois do seu referendo, o Goberno de Bosnia declarou a súa secesión de Iugoslavia, provocando a Guerra de Bosnia.
Despois da secesión de Bosnia e Hercegovina, Iugoslavia foi disolta oficialmente polos seus dous membros restantes de Serbia e Montenegro. Os dous estados formaron a República Federal de Iugoslavia e reclamaron ser os sucesores da República Federal Socialista de Iugoslavia, aínda que esta medida non foi concedida pola comunidade internacional, sendo Iugoslavia considerada completamente disolta en cinco Estados: Bosnia e Hercegovina, Croacia, Macedonia, Eslovenia e a República Federal de Iugoslavia (que máis tarde pasaría a denominarse Serbia e Montenegro).
O Estado estaba organizado segundo a Constitución da República Federal Socialista de Iugoslavia, que foi emendada en 1963 e 1974. O Partido Comunista de Iugoslavia, gañador das eleccións realizadas trala segunda guerra mundial, permaneceu no poder ao longo da existencia do Estado. Chamado tamén Liga de Comunistas de Iugoslavia, estaba composta polos partidos comunistas individuais de cada república constituínte. Josip Broz Tito foi o principal líder da RFSI e o seu presidente dende a súa creación ata a súa morte en 1980, mais houbo outros varios políticos importantes, particularmente trala morte de Tito.
A principios dos anos 90, tras un proceso de reforma do Estado e privatización levado a cabo desde a morte de Tito, realizáronse eleccións multipartidistas nas distintas repúblicas. Os partidos comunistas, en moitos casos fragmentados ou renomeados perderon o poder.
Internamente, o estado foi dividido en 6 repúblicas socialistas, máis tarde foron creadas dúas provincias autónomas socialistas, ambas parte da República Socialista de Serbia. A capital federal era Belgrado. As distintas Repúblicas e Provincias Autónomas foron:
* Agora Podgorica.
Baixo Tito, Iugoslavia adoptou unha política de neutralidade na guerra fría. Desenvolveu unha estreita relación cos países en desenvolvemento (véxase o Movemento de Países Non Aliñados), así como relacións cordiais cos Estados Unidos e os países de Europa occidental, así pois Stalin consideraba a Tito un traidor ofrecendo abertamente condenas cara a el. En 1968, trala ocupación de Checoslovaquia pola Unión Soviética, Tito mandou unha liña de defensa adicional ás fronteiras de Iugoslavia cos países do Pacto de Varsovia.
O 1 de xaneiro de 1967, Iugoslavia foi o primeiro país comunista a abrir as súas fronteiras a tódolos visitantes estranxeiros, abolindo os requisitos de visado. No mesmo ano, Tito converteuse nun activo na promoción dunha solución pacífica do conflito árabe-israelí. O seu plan consistía en incitar aos países árabes a recoñecer ao Estado de Israel a cambio de que os israelitas devolvesen os territorios gañados. Os países árabes rexeitaron o concepto de terra por paz.
Con respecto ás relacións con Albania, as relacións entre ambos países eran moi próximas, aprobando a creación dun mercado común, e o requirimento do ensino do serbocroata aos estudantes nas escolas secundarias. Nese momento, o concepto da creación dunha federación balcánica estaba a debaterse entre Iugoslavia, Albania e Bulgaria. Albania neste intre dependía moito das axudas económicas de Iugoslavia para financiar a súa infraestrutura inicialmente débil. Mais os problemas entre Iugoslavia e Albania comezaron cando os albaneses empezaron a queixarse de que Iugoslavia estaba a pagar moi pouco polos recursos naturais de Albania. En 1992 as Nacións Unidas impuxeron unha sanción a Iugoslavia como unha forma de protesta contra a brutalidade da guerra en marcha. A sanción abrangueu todo, dende as relacións comerciais até as prohibicións dos clubs e do equipo nacional de fútbol de participar en competicións internacionais.
A pesar das súas orixes comúns, a economía socialista de Iugoslavia era moi diferente das economías da Unión Soviética e outros países comunistas de Europa oriental. As empresas iugoslavas, en troques de ser propiedade do Estado, eran cooperativas autoxestionadas polos traballadores, moi semellantes aos kibbutzs israelitas. Ademais a economía socialista de Iugoslavia non foi de panificación centralizada, como si o foi no resto de estados comunistas da época. A ocupación e a loita pola liberación durante segunda guerra mundial deixou as infraestruturas de Iugoslavia devastadas, incluso as partes máis desenvolvidas do país eran en gran parte rurais e a industria do era moi escasa, en gran parte danada ou destruída.
Coa excepción dunha recesión a mediados da década de 1960, a economía do país prosperou de xeito formidable. O desemprego era baixo e o nivel de educación aumentou constantemente. Debido á neutralidade de Iugoslavia e o seu papel de líder no Movemento de Países Non Aliñados, as empresas Iugoslava exportaban tanto aos mercados de Europa Occidental como Oriental. Ademais o feito se lles permitise emigrar libremente dende a década de 1960 levou a moitos a atopar traballo en Europa occidental, en particular, en Alemaña, o que contribuíu a manter o desemprego baixo control, actuando tamén como unha fonte de capital e divisas.
Finalmente coas guerras iugoslavas e a consecuente perda de mercado, así como a mala xestión e/ou non privatización transparente, trouxeron graves problemas económicos para tódalas ex-repúblicas iugoslavas na década de 1990. Só a economía eslovena medrou de forma sostida despois da conmoción inicial e a depresión. Croacia alcanzou en 2003 o seu PIB de 1990, unha fazaña que aínda quedan por realizar as outras ex-repúblicas iugoslavas.
Rexión | Economía | |||
---|---|---|---|---|
Rexión | Habitantes | PIB/Miles de millóns de USD | PIB/USD per cápita | |
1 | República Socialista de Eslovenia | 1.982.000 | ||
2 | República Socialista de Croacia | 4.784.000 | ||
3 | Provincia Autónoma Socialista de Voivodina | 2.021.000 | ||
4 | República Socialista de Serbia | 5.690.000 | ||
5 | República Socialista de Bosnia e Hercegovina | 4.364.000 | ||
6 | República Socialista de Montenegro | 652.000 | ||
7 | República Socialista de Macedonia | 2.021.000 | ||
8 | Provincia Autónoma Socialista de Kosovo | 1.965.000 | ||
Total | Iugoslavia | 23.451.000 |
Do mesmo xeito que o precedente Reino de Iugoslavia, a República Federal Socialista estaba rodeada por Italia e Austria ao noroeste, Hungría ao nordés, Romanía e Bulgaria ao leste, Grecia ao sur, Albania ao suroeste e o Mar Adriático ao oeste.
O cambio máis significativo das fronteiras da República ocorreu en 1954, cando o veciño Territorio Libre de Trieste foi disolto polo Tratado de Osimo. De 1991 a 1992, o territorio da República Federal Socialista desintegrouse como os estados independentes de Eslovenia, Croacia, Macedonia do Norte e Bosnia e Hercegovina. En 1992, só as repúblicas de Serbia e Montenegro mantiñan o seu compromiso de unión, formando a República Federal de Iugoslavia en 1992.
A República Federal Socialista Federativa recoñecía "nacións" (narodi) e "nacionalidades" (národnosti) por separado. O primeiro grupo incluía os pobos constituíntes eslavos, mentres que o segundo incluía outros grupos étnicos eslavos e no eslavos como os húngaros e albaneses.
O país compoñíase de seis repúblicas coas súas propias nación constituíntes:
Houbo tamén unha denominación ética de iugoslavos, para a xente que quixo identificarse co país enteiro, incluíndo ás persoas que naceron de pais de matrimonios mixtos.
A poboación de Iugoslavia falaba tres idiomas, o serbocroata, o esloveno e o macedonio.[2] O serbocroata foi falado polas poboacións das repúblicas federais de Croacia, Serbia, Bosnia e Hercegovina e Montenegro, o que nese momento supoñía un total de 12.390.000 persoas. O esloveno era falado por aproximadamente 1.400.000 habitantes de Eslovenia, mentres que o macedonia era falado por 931.000 habitantes de Macedonia. Con todo, as minorías nacionais utilizaban os seus propios idiomas, así pois 506.000 falaban húngaro (principalmente en Voivodina), 780.000 persoas albanés en Serbia e Macedonia, ademais de turco, romanés e italiano en menor medida.[2]
O tres idiomas principais son moi semellantes entre si, polo que a maioría das persoas das diferentes zonas lingüísticas eran capaces de entender aos outros. Os intelectuais eran na súa maioría coñecedores dos tres idiomas, mentres que as persoas de medios máis modestos de Macedonia ou Eslovenia brindóuselles a oportunidade de aprender a lingua serbocroata durante o servizo militar obrigatorio no exército federal. O propio serbocroata ten ademais tres dialectos principais, o shtokavian, o kajkavo e o chakavo, sendo o shtokavian utilizado como estándar. Con todo, oficialmente o serbocroata estaba dividido en dúas variantes semellantes, a variante de Croacia e a variante de Serbia con poucas diferenzas.[2]
Ademais dous alfabetos eran utilizados en Iugoslavia: o alfabeto latino e o alfabeto cirílico. Ambos os alfabetos foron modificados para o uso do idioma serbo-croata no século XIX, polo que o alfabeto latino serbocroata é máis coñecido como alfabeto latino de Gaj, mentres que cirílico coñécese como o alfabeto cirílico serbio. En canto os alfabetos utilizados por cada lingua, o esloveno só utilizaba o alfabeto latino, o macedonio o alfabeto cirílico e o serbocroata, na súa variante croata case exclusivamente o latino, mentres que a variante serbia utilizaba tanto o latín como o cirílico.[2]
O nome de "Iugoslavia", unha transliteración de "Jugoslavija", unha palabra composta de "Jug" e "Slavia". A tradución da palabra serbocroata "Jug" é "sur", mentres que "slavija" é "a terra dos eslavos". Así, unha tradución de "Jugoslavija" sería "Slavia do Sur" ou "Terra dos eslavos do sur". Así, o termo unifica as seis nacións eslavas relacionados do sur, os serbios, os croatas, os bosníacos, os eslovenos, os montenegrinos e os macedonios.
O nomes nos diferentes idiomas oficiais son os seguintes:
Debido á lonxitude do nome, o nome adoitaba utilizarse abreviado para referirse á República Federal Socialista de Iugoslavia, aínda que o Estado era máis comunmente coñecido simplemente como Iugoslavia, era "SFRJ". Porén Iugoslavia tamén se utilizaba de xeito oficial, sobre todo polos medios de comunicación.
Un dos escritores iugoslavos máis destacados foi galardoado co Premio Nobel de Literatura Ivo Andrić, aínda que tamén hai que destacar a Miroslav Krleža, Meša Selimović, Branko Ćopić ou a Mak Dizdar e outros. Dentro da pintores notables pódese destacar a Đorđe Andrejević Kun, Petar Lubarda, Mersad Berber ou a Milić od Mačve entre outros. Na escultura destacou Antun Augustinčić que fixo o monumento que está ao pé da Sede das Nacións Unidas de Nova York. Dentro do cinema o director iugoslavo de máis renome internacional é Emir Kusturica. Moitas películas rodadas en Iugoslava foron protagonizadas por destacados actores estranxeiros como Orson Welles ou Yul Brynner.
Ademais o pop e o rock foron unha parte moi importante da cultura. A ex-Iugoslavia foi o único estado comunista que tomou parte do Festival de Eurovisión, e sendo Goran Bregović un dos máximos expoñentes musiciais. Antes do colapso de Iugoslavia na década de 1990, Iugoslavia tiña unha sociedade multicultural baseada na fraternidade e a unidade, na memoria dos partisanos iugoslavos que venceron aos fascistas e aos nacionalistas considerado o renacemento do pobo iugoslavo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.