Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mostar é unha cidade de Bosnia e Hercegovina é o centro do cantón de Herzegovina - Neretva da Federación de Bosnia e Hercegovina. En 2003 tiña 105.448 habitantes. Localízase na ribeira do río Neretva. O 48% da poboación é croata, o 48% bosníaca e o 3 % serbia.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Bosnia e Hercegovina | |||
Entidade territorial administrativa | Federación de Bosnia e Hercegovina | |||
Cantón | Cantón de Hercegovina-Neretva | |||
Cidade | cidade de Mostar | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 105.448 (2003) (89,74 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.175 km² | |||
Bañado por | Río Neretva | |||
Altitude | 60 m | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1452 (Gregoriano) | |||
Evento clave
| ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 88000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 036 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | mostar.ba |
Mostar fundouse a fins do século XV e converteuse no centro administrativo da rexión de Herzegovina. En 1878 integrouse no Imperio Austro-Húngaro, e despois da primeira guerra mundial pasou a formar parte de Iugoslavia.
Durante a guerra de Bosnia, entre 1992 e 1993, logo que Bosnia - Hercegovina declarase a súa independencia de Iugoslavia, a cidade estivo sometida a sitio durante nove meses. O 3 de abril de 1992 o Exército Popular Iugoslavo (JNA) bombardeou Mostar por primeira vez e na seguinte semana conseguiron controlar gran parte da cidade. O 8 de abril os croatas de Herzegovina fundaron o Consello de Defensa Croata (Hrvatsko Vijeće Obrane, HVO) como unha formación militar para loitar co JNA, na loita os serbios destruíron a catedral católica, o pazo do bispo (coa súa biblioteca de 50.000 volumes), un mosteiro franciscano e 14 mesquitas.
O 12 de xuño HVO xunto a milicias bosníacas conseguiron botar á JNA fóra da cidade, no sitio que seguiu os serbios bombardearon Mostar dende as montañas.
En 1993 os bosníacos e os croatas enfróntanse polo control da cidade, o 9 de maio os croatas bombardearon o barrio bosníaco, reducíndoo a ruínas. E o 9 de novembro a ponte de Stari Most do século XVI, símbolo da cidade, foi destruído por un morteiro croata. O 25 de febreiro de 1994 asinouse un cesamento do fogo, e a cidade permaneceu dividida en dúas.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mostar |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.