República Socialista de Montenegro
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Socialista de Montenegro (en serbio cirílico Социјалистичка република Црна Гора, en serbio latino Socijalistička republika Crna Gora) foi a denominación oficial de Montenegro entre 1963 e 1990 cando pertencía á República Federal Socialista de Iugoslavia (1946 e 1963).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado desaparecido | República Federal Socialista de Iugoslavia | ||||
Capital | Podgorica | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.150.356 | ||||
Lingua oficial | Lingua serbocroata | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1945 | ||||
Disolución | 1992 | ||||
Sucedido por | República Autônoma de Montenegro (pt) | ||||
En 1963 a Iugoslavia de Tito convértese, debido a unha nova Constitución, na República Federal Socialista de Iugoslavia (RFSI), na que unha das súas unidades federais ou Repúblicas federadas, a máis pequena e menos poboada, foi a República Socialista de Montenegro, coa mesma extensión xeográfica que a que formaba na anterior República Federal Popular de Iugoslavia (onde se denominaba República Popular de Macedonia).
Á parte da nova constiución, que daba maior autonomía ás repúblicas federadas (recoñecendo, entre outras cousas, a súa independencia, se a solicitaban), foi unha modificación da denominación da súa capital, que pasou a ser Titogrado (Titograd) no canto de Podgorica.
O 7 de abril de 1963 Iugoslavia adoptou unha nova Constitución, que fortalece a descentralización do país mediante a formación da Cámara das Nacionalidades, Asemblea Federal que representa ás seis repúblicas e ás dúas provincias autónomas. Catro cámaras especializadas (Organización política, Asuntos económicos, Seguridade social e saúde pública e Educación e asuntos culturais) fanse cargo dos asuntos de interior. Finalmente, excepto Tito, os líderes están suxeitos ao principio de rotación, que non poden exercer máis de dous mandatos consecutivos. A descentralización foi gradualmente debilitando a autoridade central.
En 1966, un conflito político estala no seo do partido comunista entre os partidarios dunha maior descentralización e a facción do vicepresidente Aleksandar Ranković, representante da ala comunista conservadora. Os liberais descentralizadores, conducidos por Edvard Kardelj, Vladimir Bakarićet e Petar Stambolić, obteñen finalmente o apoio de Tito, que aparta a Ranković das súas funcións.
En 1968 en Iugoslavia prodúcense, especialmente en Belgrado, protestas de estudantes contra os efectos negativoss das reformas económicass. Tito parece aopiar aos estudantes nun discurso televisado, antes de sancionar aos contestatarios, que son excluídos do partido.
En 1971 dirixentes da Liga dos comunistas de Croacia alíanse cos naconalistas para ñevar unha campaña de reivindicacións, coñecida como a Primavera croata, para conseguir unha maior autonomía para Croacia. Despois de arrestar a gran número de activistas croatas, o goberno decide acceder a parte das súas demandas acentuando as reformas descentralizadoras.
En 1974 unha nova emenda da Constitución dá a Tito o título de presidente vitalicio; a reforma constitucional prosegue a descentralización separando de Serbia as rexións autónomas de Kosovo e Voivodina, que adquiren unha representación nacional e federal. O executivo oriéntase cara a un funcionamento colexiado.[1] As repúblicas obteñen especialmente o dereito de secesión (independencia). Tito, xa octoxenario, segue a ser, pola súa autoridade persoal, o garante da unidade política do país.
En 1979 a economía iugoslava empeora significativamente: o país, que previamente experimentara unha taxa de crecemento anual do 6 %, tanto ou máis do que España, Portugal e Grecia, veser afectado polas consecuencias da segunda crise do petróleo. A curva de crecemento cae e o peso da débeda externa chega a ser abafador. O nivel de vida deteriórase considerablemente.[2]
En de xaneiro de 1980 , Tito, de 87 anos e gravemente enfermo, é hospitalizado. Morre o 4 de maio de 1980 despois dunha longa agonía. Despois da súa morte, o posto de Xefe do Estado estabécese, de acordo coa Constiutución, de forma rotatoria, anualmente, entre os presidentes de cada república, que asumnen o cargo de Presidente da Presidencia da República.
As tensións entre as diferentes nacionalidades crecen. En 1981 graves disturbios estalan en Kosovo, onde os albaneses reclaman para a súa provincia un estatuto de República,[3] o que significa o inicio dos conflitos que acaban na disolución do estado iugoslavo.
En 1991, coa caída do comunismo, o termo socialista foi removido do nome do estado, que quedou como República de Montenegro, acción que foi ratificada en eleccións en 1992. Este nome é hoxe o oficial de Montenegtro.
Referendum de 1971
Repartición da poboación por nacionalidades | Número | % |
Montenegrinos | 355.632 | 67,15 |
Musulmáns | 70.236 | 13,26 |
Serbios | 39.512 | 7,46 |
Albaneses | 35.671 | 6,74 |
Iugoslavos | 10.943 | 2,07 |
Croatas | 9.192 | 1,74 |
Outras/Nacionalidade descoñecida | 0 | 0 |
Total | 529.604 | 98,42 |
Referendum de 1981
Repartición da poboación por nacionalidades | Número | % |
Montenegrinos | 400.488 | 65,54 |
Musulmáns | 78.080 | 13,36 |
Albaneses | 37.735 | 6,46 |
Iugoslavos | 31.243 | 5,35 |
Serbios | 19.407 | 3,32 |
Croatas | 6.904 | 1,81 |
Romanís | 1.471 | 0,25 |
Macedonios | 875 | 0,15 |
Eslovenos | 564 | 0,1 |
Húngaros | 238 | 0,04 |
Alemáns | 107 | 0,02 |
Rusos | 96 | 0,02 |
Italianos | 45 | 0,01 |
Outros/Nacionalidade descoñecida | 7.057 | 1,21 |
Total | 584.310 | 97,64 |
Referendum de 1991
Repartición da poboación por nacionalidades | Número | % |
Montenegrinos | 380.467 | 61,86 |
Musulmáns | 89.614 | 14,57 |
Serbios | 57.453 | 9,34 |
Albaneses | 40.415 | 6,57 |
Iugoslavos | 26.159 | 4,25 |
Croatas | 6.244 | 1,02 |
Romanís | 3.282 | 0,53 |
Macedonios | 1.072 | 0,17 |
Eslovenos | 369 | 0,06 |
Húngaros | 205 | 0,03 |
Alemáns | 124 | 0,02 |
Rusos | 118 | 0,02 |
Italianos | 58 | 0,01 |
Outros/Nacionalidade descoñecida | 9.455 | 1,53 |
Total | 615.035 | 99,98 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.