Lingua serbocroata

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lingua serbocroata

O serbocroata[4] ou bosníaco-croata-serbio, é unha lingua eslava a falada principalmente en Serbia, Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina. É unha lingua pluricéntrica con catro variedades estándar mutuamente intelixibles.

Datos rápidos Serbocroata srpskohrvatski, hrvatskosrpskiсрпскохрватски, хрватскосрпски, Status oficial ...
Serbocroata
srpskohrvatski, hrvatskosrpski
српскохрватски, хрватскосрпски
Outros nomes:Serbio, croata, bosníaco, montenegrino
Falado en: Serbia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Kosovo.
Rexións: Europa
Total de falantes: 19 millóns (2007)[1]
Familia: Indoeuropea
 Baltoeslavo
  Eslavo
   Eslavo meridional
    Occidental
     Serbocroata
Escrita: Alfabeto latino e cirílico. Braille iugoslavo.
Status oficial
Lingua oficial de: Serbia (como serbio)
Croacia (como croata)
Bosnia e Hercegovina (como bosníaco)
Montenegro (como montenegrino)
Kosovo (como serbio)[2]
Regulado por: Instituto de Lingua e Lingüística Croata (Croata)

Consello de estandarización da lingua serbia (Serbio)
Universidade de Sarajevo (Bosníaco)

Códigos de lingua
ISO 639-1: sh (obsoleto)
ISO 639-2: scr, scc (obsoletos)
ISO 639-3: hbs
Mapa
Status

O serbocroata está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]
Pechar

Historicamente, os dialectos eslavos meridionais formaron un continuo dialectal. A turbulenta historia da área, particularmente despois da expansión do Imperio Otomán, deu lugar a un mosaico de diferenzas dialectais e relixiosas. Por mor das migracións de poboación, o dialecto štokavski converteuse no máis estendido nos Balcáns occidentais, introducíndose nas áreas ocupadas polos dialectos čakavica e kajkavica (ó tempo que formaba a lingua eslovena no noroeste). Bosníacos, croatas e serbios diferéncianse pola relixión, e historicamente estiveron baixo o poder de señores estranxeiros. Durante este período, a lingua tiña gran variedade de nomes, como "eslavo", "ilirio", ou dependendo da rexión "bosníaco", "serbio" e "croata", este último en combinación con "eslavonio" ou "dálmata".

Dialectos

A lingua constitúe un diasistema, dividido en dous dialectos principais:

Máis información Galego, Croata ...
Galego Croata Bosníaco Serbio
Debido ás emisións de gases e á contaminación do aire en Xerusalén, sería preciso tomar precaucións! Glede ispušnih plinova i zagađivanja zraka u Jeruzalemu, bilo bi potrebito poduzeti mjere sigurnosti! U pogledu izduvnih gasova i zagađivanja vazduha u Jerusalimu, bilo bi potrebno preduzeti mjere bezbjednosti! У погледу издувних гасова и загађивања ваздуха у Јерусалиму, било би потребно предузети мере безбедности!
Pechar
Máis información Croata, Bosníaco ...
Croata Bosníaco Serbio Galego
Bijela sol za kuhanje kemijski je spoj natrija i klora. Bijela so za kuhanje je hemijski spoj natrijuma i hlora. Bela so za kuvanje je hemijsko jedinjenje natrijuma i hlora. O sal branco para cociñar é un composto químico de sodio e cloro.
Vlak sa željezničkoga kolodvora krenut će točno u deset sati. Voz sa željezničke stanice krenut će tačno u deset sati. Voz sa železničke stanice krenuće tačno u deset sati/časova. A viaxe en tren comezará exactamente ás dez.
Pechar

A antiga Iugoslavia era un verdadeiro caldeiro de mesturas: dous alfabetos (cirílico e latino), tres linguas oficiais (serbocroata, esloveno e macedonio), tres relixións predominantes (igrexa católica, igrexa ortodoxa e islamismo), oito etnias principais (serbios, croatas, bosníacos, macedonios, eslovenos, albaneses, montenegrinos, e húngaros), e seis repúblicas. Coa súa disolución produciuse unha simplificación notable no sentido de que cada nova entidade identificouse cun Estado determinado (Serbia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte). Malia todo, as dificultades en tódolos niveis nesta rexión dos Balcáns persisten. Inclusive no aspecto lingüístico.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.