From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ortópteros[1] (Orthoptera) son unha orde de insectos entre os que están os saltóns, grilos, lagostas, wetas, e moitos outros. Existen máis de 27 000 especies de ortópteros e a orde ten distribución mundial.[2] Moitos insectos desta orde son paurometábolos ou con metamorfose incompleta e producen sons (estridulacións) ao fretaren as súas ás unha contra outra ou contra as patas; as ás ou patas teñen ringleiras de saíntes corrugados que orixinan o son. O tímpano ou oído destes animais está localizado na parte frontal da tibia nos grilos, grilos ceboleiros, e tettigónidos, e no primeiro segmento abdominal nos saltóns e lagostas.[3] Estes animais usan vibracións para localizar a outros individuos.
Ortópteros Orthoptera Rango fósil: Carbonífero–Actual 359 Ma-0 Ma | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Metrioptera roeselii | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Subordes actuais e superfamilias | |||||||||
Suborde Ensifera
Suborde Caelifera
|
Os saltóns poden pregar as ás, o que sitúa a este grupo de animais dentro do gran grupo dos Neoptera.
O nome deriva do grego ortho, 'recto' e ptera 'con ás'.
Os ortópteros teñen un corpo cilíndrico, con patas posteriores alongadas saltadoras. Teñen mandíbulas para morder e mastigar e grandes ollos compostos, e poden ter ou non ocelos, dependendo da especie. As antenas teñen moitas articulacións e son filiformes, e son de lonxitude variable.[3]
Os segmentos primeiro e terceiro do tórax son máis grandes, mentres que o segundo segmento é moito máis pequeno. Teñen dous pares de ás, que colocan sobre o abdome cando descansan. As ás anteriores, ou tegmina, son máis estreitas que as posteriores e están endurecidas na súa base, mentres que as ás posteriores son membranosas con veas rectas e numerosas veas transversais. Cando están en repouso, as ás posteriores están pregadas como en abano baixo as anteriores. Os dous ou tres segmentos finais do abdome están reducidos, e teñen cercos dun só segmento.[3]
As especies ortopteroides teñen un ciclo vital paurometábolo ou con metamorfose incompleta. Os sons que emiten son xeralmente fundamentais no cortexo, e a maioría das especies teñen cancións peculiares.[4] A maioría dos saltóns poñen os ovos no chan ou sobre a vexetación. Os ovos eclosionan e as ninfas novas lembran os adultos, pero carecen de ás. Con frecuencia teñen tamén unha coloración radicalmente diferente dos adultos. Ao longo de sucesivas mudas, as ninfas desenvolven ás ata a súa muda final a adulto maduro na que as ás están completamente desenvolvidas.[3] O número de mudas varía entre especies; o crecemento é tamén moi variable e pode levar desde unhas poucas semanas a algúns meses dependendo da dispoñibilidade de comida e as condicións climáticas.
A orde de ramificación destes animais coñécese bastante ben.[5] As subordes Caelifera e Ensifera parecen ser monofiléticas e o Rhaphidophoridae son un grupo irmán dos Tettigoniidae. Os Pyrgomorphidae son o grupo máis basal dos Caelifera. Os Myrmecophilidae parecen formar un clado cos Gryllotalpidae en vez de cos Gryllidae. Serán necesarios traballos adicionais para confirmar isto.
Entre as catro subfamilias dos Tettigoniidae, as relacións son {Phaneropterinae + [ Conocephalinae + (Bradyporinae + Tettigoniinae)]}; entre as seis subfamilias de acrídidos as relacións son {Oedipodinae + [ Acridinae + | Gomphocerinae + /Oxyinae + (Calliptaminae + Cyrtacanthacridinae)/|]}.
Caelifera |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nesta orde distínguense dúas subordes e 235 subfamilias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.