From Wikipedia, the free encyclopedia
Un ollo composto é un órgano visual que se encontra en certos artrópodos, como insectos e crustáceos.
Consiste na agrupación de entre 12 e varios miles (6 300 en Apis mellifera) de unidades perceptivas.
Estes tipos de ollos non teñen unha lente central, o cal implica unha baixa resolución de imaxes. Porén, os ollos compostos son capaces de detectar movementos rápidos, ven un amplo rango de ángulos sólidos e, nalguns casos, perciben a polarización da luz.[1]
Os ollos compostos encóntranse principalmente nos insectos, e están formados por moitas facetas simples chamadas omatidios, que dan unha imaxe en mosaico, non imaxes múltiplas, como ás veces se cre.[2] Cada omatidio consiste nunha lente e un rabdoma, o cal está composto por grupos de células receptoras visuais (rabdómeros) dispostas en paralelo ou lixeiramente xiradas.
En insectos e crustáceos o ollo composto dos adultos desenvólvese nunha sección da cabeza diferente da rexión en que as larvas teñen o seu ollo medio. Os novos omatidios vanse engadindo en fileiras semicirculares na parte de atrás do ollo durante a primeira etapa do desenvolvemento do ollo. Isto fai que os omatidos sexan cadrados, pero despois, durante o desenvolvemento, vólvense hexagonais.[3]
O ollo composto é excelente na percepción do movemento. Se un obxecto cruza o campo visual, os omatidios préndense ou apáganse alternativamente. Por este "efecto palpebral" os insectos responden mellor a obxectos en movemento que aos que permanecen estacionarios. As abellas, por exemplo, visitan con preferencia es movidas polo vento.[4]
A agudeza visual é a capacidade do sistema de visión para percibir, detectar ou identificar obxectos especiais nunhas condicións de iluminación boas.[5] No ollo composto a resolución ou agudeza visual depende do número de omatidios e da distancia entre eles. Isto non permite reducir o tamaño dos omatidos para aumentar o seu número e incrementar a agudeza visual. Polo tanto os ollos compostos nunca alcanzan o grao de resolución dos ollos dos vertebrados.[6]
Aqueles artrópodos activos cando a luz é baixa (cangrexo de río, barbantesa) desprazan os pigmentos dos omatidios cara á base das células pigmentarias. Isto permite que a luz entre a cada omatidio nun ángulo máis ancho e que pase aos omatidios adxacentes estimulando en consecuencia tamén estes. Así, a imaxe es máis pobre, pero a percepción do nivel de luz aumenta. Probabelmente a barbantesa só pode distinguir a ausencia ou presenza de luz en condicións de penumbra.
Moitos insectos perciben cores. Isto require dous ou máis pigmentos visuais, cada un capaz de absorber luz de diferente lonxitude de onda.
Na abella doméstica catro das células visuais de cada omatidio responden optimamente á luz amarela-verdosa (544 nm); dúas responden á luz azul (344 nm) e as dúas restantes responden á luz ultravioleta (344 nm).
Este sistema permite que as abellas distingan as cores incluíndo a luz ultravioleta, pero non a vermella. Os estudos comportamentais confirman eito. A visión ultravioleta das abellas sérvelles para encontrar pole e néctar en certas flores que teñen guías de néctar que estes insectos poden ver auínda que sexan invisíbeis para os humanos.
As Danaus plexippus (boloretas monarca) usan luz ultravioleta para a orientación na súa longa migración de máis de 4 000 Km.[4]
Hai algunhas excepcións dos casos anteriores. Algúns insectos teñen o que se denomina un ollo composto de lente simple, que é un caso intermedio entre o ollo composto de superposición e o ollo de lente simple, que se encontra nos animais de ollos simples.
O corpo de Ophiocoma wendtii, unha especie de ofiuroideo, está cuberto de omatidios, convertendo toda a súa pel nun ollo composto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.