A historia de Europa refírese ao conxunto de sucesos relativos ás poboacións do continente europeo, desde que foi habitado polos primeiros seres humanos até a actualidade.
Datos rápidos Principais potencias políticas de Europa ...
Principais potencias políticas de Europa |
Contra 3000 a.C. - Século XV a.C. | Talasocracia de Minos (mar Exeo) |
480 a.C. - 401 a.C. | Atenas, a través da Liga de Delos (mar Exeo) |
338 a.C. - 168 a.C. | Reino de Macedonia, mar Exeo |
201 a.C. - 395 d.C. | República de Roma - Imperio romano (mar Mediterráneo, Galia, Panonia, Mesia, Dacia, Xermania, Britania) |
395 - 1204 | Imperio bizantino (Mediterráneo oriental, Balcáns, Turquía) |
481 - 751 | Reino Franco (Galia, dividido en Austrasia, Neustria e Aquitania) |
726 - 1797 | Venecia (Véneto, en épocas, Costa dálmata, mar Exeo) |
751 - 843 | Imperio carolinxio (Galia, Xermania, Cataluña, noroeste de Italia |
756 - 1031 | Emirato - Califato de Córdoba (Al-Ándalus / España) |
843 - Actualidade | Francia (París primeiro, Francia actual) |
880 - 1204 | Rus de Kíiv (Rusia, Ucraína, Belarús). |
962 - 1648 (de facto), 1806 (de iure) | Sacro Imperio Romano Xermánico (Alemaña, Austria, República Checa, Países Baixos, en épocas, norte de Italia) |
1066 - 1707 | Inglaterra (Inglaterra, despois Escocia , Irlanda, en 1707 pasou a ser o Reino Unido) |
1071 - 1198 | Reino Normando de Sicilia (Sicilia). |
1139 - Actualidade | Portugal (oeste da Península Ibérica, salvo 1580-1640) |
1396 - 1923 | Imperio Otomán (Península Balcánica, Turquía) |
1397 - 1523 | Unión de Kalmar (Dinamarca e Escandinavia) |
1520 - Actualidade | España (Península Ibérica, salvo Portugal, agás entre 1580-1640) |
1516 - 1556 | Imperio de Carlos V (España, Borgoña, Flandres, Alemaña, Austria, Milanesado, Nápoles, Sicilia) |
1569 - 1795 | República das Dúas Nacións ou Reino de Polonia-Lituania (Polonia, Belarús, Estados Bálticos, Ucraína) |
1707 - Actualidade | Reino Unido (Inglaterra, Gales, Escocia, Irlanda do Norte) |
1725 - 1917 | Imperio ruso (Europa oriental, Siberia) |
1796 - 1815 | Imperio napoleónico (Francia, Italia, Alemaña) |
1806 - 1918 | Imperio austríaco (Europa central, Balcáns, que se converteu no Imperio Austrohúngaro en 1867) |
1859 - Actualidade | Italia (Italia, en ocasións Costa dálmata, Albania, Libia, Etiopía) |
1870 - Actualidade | Alemaña (Alemaña, en ocasións, Alsacia, Austria, Sudetes, Eslovenia) |
1917 - 1991 | Unión Soviética (Europa oriental, Siberia, Asia central) |
1991 - Actualidade | Rusia (Rusia, Siberia) |
Pechar
O Homo sapiens, segundo algunhas teorías, apareceu hai uns 130 000 anos en África.[1][2] Porén, tamén algúns destes humanos puideron chegar desde Asia e o Oriente Medio a Europa, onde se asentaron entre 40 000 e 25 000 a.C. (Paleolítico superior).[3]
A Antigüidade clásica estivo dominada polo influxo da civilización grecolatina sobre o resto de Europa. A fragmentación política de Europa e os sucesivos intentos forzados de unificación sumiron o continente en numerosos conflitos e guerras durante a Idade Media, como a guerra dos Cen Anos (que, a pesar do nome, durou máis dun século).
A Idade Moderna marca para Europa o inicio de procesos que moito despois darían lugar á globalización, e foi o tempo no que os conflitos bélicos se fixeron cada vez máis desastrosos, como na chamada guerra dos Trinta Anos. Os progresos económicos e o desenvolvemento científico-tecnolóxico aceleráronse en desmedro dos doutros continentes e, de maneira moito máis notoria, durante a Idade Contemporánea, producindo tensións por competencias que desencadearon máis guerras (como as guerras napoleónicas e as guerras mundiais).
Hoxe en día os procesos tendentes á unificación procúranse pacificamente, como no caso da formación da Unión Europea.