1870 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1870 MDCCCLXX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2623 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1319 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4566 – 4567 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5630 – 5631 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1925 – 1926 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1792 – 1793 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4971 – 4972 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1248 – 1249 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1287 – 1288 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2120 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
África
- O mercador de escravos Tippu Tip autoproclámase soberano dos territorios do lago Tanganika.
- Revolta do Baguirmi, estado vasalo do reino de Uadai (Chad). A capital Massenya fica destruída e 35 000 baguirmís son captivados como escravos.
América
- 1 de marzo - Fin da Guerra da Tripla Alianza: os aliados, o Brasil, a Arxentina e o Uruguai impoñen unha nova constitución a Paraguai, que perde un terzo do seu territorio en beneficio dos vencedores. O seu presidente, López, será executado.
Europa
- 18 de xullo - O Concilio Vaticano I proclama o dogma da infalibidade pontificia.
- 19 de xullo - Comeza a guerra franco-prusiana, tras a declaración bélica de Napoleón III contra Prusia.
- 1 de setembro - O exército francés, dirixido por Mac Mahon, capitula en Sedán, despois de perder a batalla alí celebrada.
- 4 de setembro - Proclámase a República en Francia.
- 19 de setembro - Iníciase o cerco de París polos prusianos (até o 28 de xaneiro de 1871).
- 20 de setembro - Batalla de Porta Pía: tropas italianas entran na cidade de Roma, completando a unificación de Italia. Desaparecen os Estados Pontificios que remontaban ao século VIII.
- 6 de novembro - As Cortes españolas decidiron a restauración da monarquía, logo de buscar posíbeles candidatos nas casas reais europeas, elixindo a Amadeu de Aosta.
Arte e cultura
- Jules Verne publica a novela Vinte mil leguas de viaxe submarina.
- 26 de xuño - Estrea de "As valquirias" (Die Walküre) en Múnic, ópera de Richard Wagner.
- Heinrich Schliemann comeza as escavacións en Hissarlik, Anatolia, lugar que se revelará como asentamento de Troia.
Ciencia e tecnoloxía
- 2 de xaneiro, Comeza a construción da Ponte de Brooklyn, en Nova York.
Nacementos
- 2 de xaneiro - Ernst Barlach, escultor, artista gráfico e poeta alemán.
- 8 de xaneiro - Miguel Primo de Rivera, militar e político español (m. 1930)
- 22 de abril - Vladimir Ilich Ulianov, Lenin, político ruso (m. 1924).
- 21 de setembro - Julián Besteiro, político socialista español.
- 21 de setembro - Prudencio Rovira Pita, político e xornalista galego (m. 1960).
- 30 de setembro - Federico Guillermo Maciñeira e Pardo de Lama, historiador e xeógrafo (m. 1943).
Mortes
- 29 de xaneiro - Antonia Vila, impresora e editora galega (n. 1815).
- 6 de xuño - José Joaquín Barreiro Ferro, avogado e político galego (n. 1814).
- 8 de xuño - Charles Dickens, autor, entre outras obras, de David Copperfield e Canción de Nadal (n. 1812).
- 17 de xuño - Jérôme Napoleon Bonaparte, sobriño do emperador Napoleón I.
- 23 de setembro - Prosper Mérimée, escritor francés.
- 24 de novembro - Isidore Ducasse, Conde de Lautréamont, poeta francés de orixe uruguaia.
- 28 de novembro - Frédéric Bazille, pintor francés.
- 5 de decembro - Alexandre Dumas, escritor francés (n. 1802).
- 13 de decembro - Pascual Madoz, político español.
- 22 de decembro - Gustavo Adolfo Bécquer poeta e narrador español (n. 1836).
Outros
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1870 |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.