novelista e dramaturgo francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Dumas Davy de la Pailleterie (máis coñecido por Alexandre Dumas), nado en Villers-Cotterêts o 24 de xullo de 1802 e finado en Puys o 5 de decembro de 1870, foi un novelista e dramaturgo francés. O seu fillo, Alexandre Dumas foi tamén un escritor coñecido.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2021.) |
Fillo do xeneral francés Thomas-Alexandre Davy de la Pailleterie, máis coñecido como Thomas-Alexandre Dumas, fillo do Marqués Antoine-Alexandre Davy de la Pailleterie quen casou con Marie-Céssette Dumas, unha escrava negra das illas Indias do Oeste de Saint Domingue. O seu avó era un home díscolo que buscou amor e fortuna en América, o cal tamén casou cunha muller negra. Xa que logo o pai de Dumas tamén era mestizo.
O pai de Dumas morreu cando el tiña tres anos de idade. Dada a exigua pensión de que dispoñía a súa nai, Dumas recibiu unha escasa educación escolar. Cuns estudos deficientes empezou a traballar como mensaxeiro, vendedor de tabaco e como pasante dun notario e, co seu amigo, o vizconde Adolphe Ribbing de Leuven, escribiu as súas primeiras obras. Estes balbuceos teatrais foron outros tantos fracasos. Tamén traduciu a obra de Walter Scott Ivanhoe.
En 1823 instálase en París e entra ao servizo do Duque d'Orléans como escribán, grazas á súa perfecta caligrafía e á recomendación do xeneral Foy. Continúa escribindo e completando a súa formación de xeito autodidacta.
Coa representación, pola Comédie française en 1829, de Henri III et sa cour, consegue gran notoriedade e, en 1831, con Anthony alcanza o seu primeiro éxito. Éxito que continuará ao longo da súa carreira literaria co xénero da súa predilección: o drama e a novela histórica. É un autor prolífico (traxedias, dramas, melodramas, aventuras...) aínda que, para atender á crecente demanda do público, tivo que recorrer á axuda, notoria, de "colaboradores" entre os que destacou Auguste Maquet (1839-1851) que interveu en varias das súas novelas, entre elas Os tres mosqueteiros e O Conde de Montecristo (1844).
Grande admirador de Walter Scott, as súas novelas históricas cheas de vivacidade e pintoresquismo, gozaron do beneplácito do público propiciado pola súa publicación, por entregas, nos xornais.
Amasou unha considerable fortuna que dilapidou con prodigalidade en festas e ceas, ademais de construír un castelo chamado Montecristo. Formou parte activa na revolución de 1848, co que se viu involucrado en problemas políticos. Por estas datas coñece a un mozo Jules Verne. Nese mesmo ano rompeu a súa relación con Macquet, o cal denunciouno por terse aproveitado del. O xuízo ditaminou que tiña que pagarlle 145.000 francos en 10 anos. Asediado polos acredores, fuxiu a Bruxelas en 1851. Foi criticado, censurado e deostado. Regresou a París en 1853 e embarcouse en diversas empresas, a cada cal máis ruinosa. En 1847 fundou o Théâtre Historique que, catro anos máis tarde, foi á bancarrota. Foi tamén fundador do semanario Le Monte-Christo (1857-1860) que tamén crebou.
Realizou diversas viaxes, Gran Bretaña, Rusia, Italia, Alemaña, Suíza, Arabia, traballando de correspondente e aprendendo inglés, italiano e alemán. En Italia coñeceu a Giuseppe Garibaldi co que colaborou na súa revolución, en Sicilia, en 1860. Publicou dúas obras sobre o libertador. Case arruinado refuxiouse na casa do seu fillo, tamén escritor, e alí morreu.
Publicou aproximadamente 300 obras e numerosos artigos, converténdose nun dos autores máis prolíficos e populares de Francia. As súas novelas van desde a aventura á fantasía, pasando pola Historia. En 1869 inicia Le Grand Dictionnaire de Cuisine, que sería publicado, postumamente, en 1873.
En 2002 o seu corpo foi transferido ao Panteón de París, no medio de celebracións en toda Francia. En vida, Dumas manifestara, con todo, a súa vontade de permanecer enterrado en Villers-Cotterêts.
Publicacións póstumas :
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexandre Dumas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.