![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Flag_of_Ethiopia.svg/langgl-640px-Flag_of_Ethiopia.svg.png&w=640&q=50)
Etiopía
país africano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Etiopía[1] (en amhárico: ኢትዮጵያ, ʾĪtyōṗṗyā, oficialmente República Democrática Federal de Etiopía) é un país situado na parte centroriental de África, no chamado Corno de África. Limita ao norte con Eritrea, ao leste con Djibuti e Somalia, ao sur con Kenya e ao oeste co Sudán e co Sudán do Sur. En 2017 tiña unha poboación estimada de máis de 94 millóns de habitantes[2], que o converten no segundo país máis poboado de África despois de Nixeria. É o décimo país africano en extensión con 1 104 300 quilómetros cadrados[3]. A súa capital é Adís Abeba, situada uns poucos quilómetros ao oeste do Rift de África Oriental que divide o país entre as placas nubia e somalí.
የኢትዮጵያ ፌዴራላዊ ዲሞክራሲያዊ ሪፐብሊክ (am) Federaalawaa Dimokraatawaa Repabliikii Itoophiyaa (om) ናይኢትዮጵያ ፌዴራላዊ ዴሞክራሲያዊ ሪፐብሊክ (ti) ![]() | |||||
Himno | Wodefit Gesgeshi Widd Innat Ityopp'ya ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Adís Abeba ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 104.957.438 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua amhárica ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.104.300 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Ras Dashan (4.533 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Depresión de Danakil (−125 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 21 de agosto de 1995: (Constituição da Etiópia (pt) ![]() ![]() | ||||
Santo padrón | Xurxo de Capadocia ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Sahle-Work Zewde (2018–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Ethiopia (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Abiy Ahmed (2018–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Parlamentar Federal (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Banco Africano de Desenvolvemento Operación Híbrida da Unión Africana e as Nacións Unidas en Darfur Carbon Neutrality Coalition (en) ![]() Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Unión Africana Organización Mundial da Saúde Grupo para as observacións da Terra União Postal Universal (pt) ![]() Unión Internacional de Telecomunicacións (1932–) ONU (1945–) Banco Internacional para Reconstrução e Desenvolvimento (pt) ![]() Organización Meteorolóxica Mundial (1953–) UNESCO (1955–) Corporação Financeira Internacional (pt) ![]() Interpol (1958–) Associação Internacional de Desenvolvimento (pt) ![]() Organização Mundial das Alfândegas (pt) ![]() Agência Multilateral de Garantia de Investimentos (pt) ![]() Organização para a Proibição de Armas Químicas (pt) ![]() ![]() | ||||
PIB nominal | 111.261.882.913 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Birr etíope ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .et ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +251 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 911, 907 (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | ET ![]() | ||||
![]() |
![]() |
Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Etiopía, e tamén Eritrea, usan o alfabeto ge'ez, un dos alfabetos máis antigos do mundo en uso[4]. O calendario etíope, que vai aproximadamente sete anos e tres meses por detrás do calendario gregoriano, coexiste desde hai tempo co calendario borana. A relixión maioritaria é o cristianismo, principalmente a igrexa etíope tewahedo. O histórico reino de Aksum foi un dos primeiros estados en adoptar oficialmente a relixión cristiá. Arredor dun terzo da poboación e musulmá, principalmente da rama sunnita. As relacións do país co islamismo remóntanse aos inicios deste, cando o reino de Aksum acolleu a algúns dos primeiros seguidores de Mahoma que fuxían das persecucións que estaban sufrindo na Meca. De feito a vila de Negash, que naquela época facía parte do reino de Aksum, é considerada como o primeiro asentamento musulmán en África[5]. Ata a década de 1980 houbo unha considerable poboación de xudeus etíopes, coñecidos como Beta Israel[6][7]. Etiopía é unha nación multilingüe con arredor de 80 grupos etnolingüísticos, dos que os máis numerosos son os oromo, os amháricos, os somalís e os tigriña. A maioría da xente fala linguas afroasiáticas das ramas cuxita ou semítica. Adicionalmente, minorías étnicas que habitan as rexións do sur, falan linguas omóticas. Linguas nilo-saharianas son faladas por minorías étnicas do pobo nilótico. A lingua oromo é a máis numerosa en falantes nativos, mentres que a amhárica é a máis populosa en número total de falantes e serve como lingua de traballo no goberno federal e como lingua franca do país. O ge'ez conserva a súa importancia como lingua litúrxica, tanto para a igrexa etíope tewahedo como para os xudeus de Bete Israel.
A nación é unha terra de contrastes naturais co seu vasto e fértil oeste, os seus bosques e numerosos ríos, e o sitio rexistrado máis quente do mundo en Dallol, no norte do país[8]. O Macizo etíope é o conxunto continuo de montañas máis extenso de África e as Covas de Sof Omar conteñen a cova máis longa do continente. Etiopía é tamén o país africano, xunto con Marrocos e Suráfrica, co maior número de sitios Patrimonio da Humanidade (9)[9]. Ademais, Etiopía é membro fundador da Organización das Nacións Unidas, da Organización para a Unidade Africana, do Movemento de Países non Aliñados , do Grupo dos 24 e do Grupo dos 77. Ademais a capital, Adís Abeba, é a sede da Unión Africana, da Comisión Económica para África das Nacións Unidas, da Forza Africana de Intervención Rápida, da Cámara Panafricana de Comercio e Industria, e de moitas ONGs que traballan en África. Desde 1961, cando comezou a guerra de independencia de Eritrea, ata o ano 2008, Etiopía sufriu varios conflitos armados con países limítrofes, tivo que sufocar insurreccións nalgunhas rexións e mesmo aturar unha guerra civil. Esta situación de estado de guerra continuo obstaculizou o progreso da súa economía, porén, durante os últimos anos o país foise recuperando e hoxe é a maior economía[10] e o país máis populoso de África Oriental.