Ras Dashan
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ras Dashan (tamén transcrito Ras Dashen e Ras Dejen; en ge'ez: ራስ ደጀን rās dejen ou ራስ ዳሸን rās dashen, literalmente "cabeza gardiá", pero cabeza aquí vale por montaña) é o monte con maior altura de Etiopía. Está incluído no Parque Nacional dos Montes Semien, e alcanza unha altitude de 4.549 m.s.n.m.
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | África | |||
División administrativa | Semien Gondar Zone, Etiopía (en) | |||
| ||||
Cordilleira | Montañas Semien | |||
Características | ||||
Altitude | 4.533 m | |||
Prominencia topográfica | 3.997 m | |||
Illamento topográfico | 1.483 km | |||
Material usado | basalto | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
1841 | primeira ascensión | |||
O monte localízase a uns 160 km ao norte do lago Tana, na cadea dos Montes Simien, e sobresae entre outros nove cumes importantes. É o único pico de Etiopía que está nevado en inverno. Xeoloxicamente é unha enorme rocha basáltica, de orixe volcánica.
As medicións habituais outorgábanlle unha altura de 4.533 m. Unha medición de 4.620 m, demostrouse que era inconsistente. Máis recentemente un equipo franco-italiano de DGPS medía unha lixeira maior elevación dando 4.549 metros, que está de acordo coas ofrecidas polas autoridades cartográficas de Etiopía.
Aínda que a transcrición do nome ofrecido polo Servizo Cartográfico de Etiopía resulta no topónimo "Ras Dejen", máis o uso fixo que "Ras Dashan" ou "Ras Dashen" sexa moito máis utilizados.
A primeira ascensión por occidentais debeu efectuarse en 1841, polos oficiais franceses Ferret e Galinier; porén as ascensións de autóctonos son moi posíbeis desde tempos inmemoriais polas boas condicións climáticas que ofrece o pico e a existencia de asentamentos pastorís a elevada altura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.