From Wikipedia, the free encyclopedia
Os oromo (en oromo: Oromoo) son un grupo étnico cuxita que habita na rexión de Oromia, en Etiopía. É un dos meirandes grupos étnicos de Etiopía e representa o 34,5% da poboación do país.[8] Os oromo falan a lingua oromo como lingua materna (tamén chamada afaan oromoo e oromiffa), que forma parte da póla cuxita das linguas afroasiáticas. A verba oromo apareceu na literatura europea por vez primeira en 1893 e pouco a pouco fíxose común na segunda metade do século XX.[9][10]
Pobo oromo | |
---|---|
Mulleres oromo. | |
Poboación | |
Poboación total: c 33 millóns | |
Rexións principais: | |
Etiopía | 32 500 000 (2007)[1] |
Kenya | 470 700 (2019)[2] |
Somalia | 87 000[3] |
Australia | 2 030 (2014)[4] |
Canadá | 3 350 (2016)[5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua oromo |
Relixión | ~ 67% islam[6] ~ 33% Igrexa etíope[6] |
Grupos relacionados | Afar • Agaw • Tigriña • Beja • Beta Israel • Bilen • Gurage • Jeberti • Saho • Somalí • Tigré • e outros pobos semíticos e cuxitas[7] |
Outrora, os oromo practicaban a súa relixión tradicional[11] e empregaban o sistema gadaa de goberno.[12][13] Un líder elixido polo sistema gadaa permanecía no poder só durante 8 anos, despois do cal se facían eleccións.[14][15][16] Durante os séculos XVIII e XIX, os oromo foron o grupo dominante do norte de Etiopía no período Zemene Mesafint. Foron protagonistas de grandes migracións históricas, e de guerras cos cristiáns do norte e cos musulmáns do sur e do leste no Corno de África.[17][18][19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.