Alemaña
país de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alemaña[1] ( pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] (axuda · info), en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] (axuda · info)) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Bundesrepublik Deutschland (de) Deutschland (de) | |||||||||||||||||||||||||||
Himno | Himno nacional alemán | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lema | «Einigkeit und Recht und Freiheit» «Unity and Justice and Freedom» | ||||||||||||||||||||||||||
Nomeado en referencia a | Xermania Magna | ||||||||||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Capital | Berlín (1990–) | ||||||||||||||||||||||||||
Contén a división administrativa | Baden-Württemberg (1952–) Baixa Saxonia Baviera Berlín (1990–) Brandeburgo (1990–) Estado de Bremen Hamburgo Hessen Mecklemburgo-Antepomerania (1990–) Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz Sarre (1957–) Saxonia - Sachsen (1990–) Saxonia-Anhalt - Sachsen-Anhalt (1990–) Schleswig-Holstein Turinxia (1990–) | ||||||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||||||
Poboación | 84.358.845 (2022) (235,91 hab./km²) | ||||||||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||||||
Superficie | 357.587,77 km² | ||||||||||||||||||||||||||
Auga | 2,3 % | ||||||||||||||||||||||||||
Bañado por | Mar Báltico e Mar do Norte | ||||||||||||||||||||||||||
Punto máis alto | Zugspitze (2.962 m) | ||||||||||||||||||||||||||
Punto máis baixo | Neuendorf-Sachsenbande (pt) (−3,54 m) | ||||||||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | Dinamarca, norte Bélxica, oeste Países Baixos, oeste Austria, sul-sudeste (pt) Luxemburgo, oeste Suíza, sur-suroeste Francia, Suroeste Polonia, leste República Checa (1993–) | ||||||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||||||||||||
Creación | 23 de maio de 1949: (Alemaña do Oeste) | ||||||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Día da Ascensión (Easter + 39 days (en) ) Segunda-feira de Pentecostes (pt) (Easter + 50 days (en) ) Dia da Unidade Alemã (pt) (3 de outubro) Día de Nadal (25 de decembro) Second Day of Christmas (en) (26 de decembro) | ||||||||||||||||||||||||||
Santo padrón | Arcanxo Miguel | ||||||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||||||
Forma de goberno | república federación república federal parlamentarista (pt) República parlamentaria | ||||||||||||||||||||||||||
• Presidente | Frank-Walter Steinmeier (2017–) | ||||||||||||||||||||||||||
Órgano executivo | federal level of Germany (en) | ||||||||||||||||||||||||||
• Chanceler Federal da Alemanha (pt) | Olaf Scholz (2021–) | ||||||||||||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Bundesrat (pt) , (Escano: 69) | ||||||||||||||||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Constitucional Federal da Alemanha (pt) | ||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||
PIB nominal | 4.121.200.000.000 € (2023) | ||||||||||||||||||||||||||
Orzamento | 476.290.763.000 € (2023) | ||||||||||||||||||||||||||
Moeda | euro | ||||||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .de | ||||||||||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | +49 | ||||||||||||||||||||||||||
Teléfono de emerxencia | 112 e 110 | ||||||||||||||||||||||||||
Código de país | DE | ||||||||||||||||||||||||||
Código NUTS | DE | ||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | deutschland.de | ||||||||||||||||||||||||||
Cunha poboación por riba dos 82 millóns de habitantes, é o país máis poboado da Unión Europea e o terceiro entre os países cunha maior comunidade estranxeira. A rexión chamada Xermania, habitada polos Xermanos, foi coñecida e documentada antes do ano 100 a.C.. Dende o século X os territorios alemáns formaron parte do Sacro Imperio Romano Xermánico até 1806. Durante o século XVI, as rexións setentrionais alemás convertéronse no centro da Reforma protestante. Como nación-estado moderno, a primeira unificación alemá produciuse en 1871, durante a guerra franco-prusiana. Trala Segunda guerra mundial, Alemaña ficou dividida en dous estados con fronteiras determinadas polas tropas aliadas en 1949. Ambos países reunificáronse en 1990. Alemaña (RFA) foi membro fundador da CEE en 1957, convertida na Unión Europea en 1993. Asemade, o país forma parte da Zona Schengen e adoptou o Euro en 1999.
Alemaña é unha república parlamentaria federal constituída por dezaseis estados (en alemán: Bundesländer). A capital e principal cidade do país é Berlín. É membro das Nacións Unidas, a OTAN, o G8 e o G4, e tamén asinou o protocolo de Kyoto. O país constitúe a quinta maior economía por PIB e o principal país exportador no ano 2007. En termos absolutos, é o segundo país do mundo cunha maior dotación orzamentaria para a cooperación co desenvolvemento,[2] e o sexto en gasto militar.[3] O país desenvolveu un alto nivel de vida e estableceu un complexo sistema de seguridade social. Posúe unha posición chave nos asuntos exteriores europeos e mantén diversos acordos de colaboración internacionalmente. Alemaña está recoñecida como un líder científico e tecnolóxico en diversos eidos.[4][5]