![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Flag_of_Hamburg.svg/langgl-640px-Flag_of_Hamburg.svg.png&w=640&q=50)
Hamburgo
cidade e estado federal alemán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hamburgo[1][2] (en alemán: Hamburg, [ˈham.bʊʁk] (axuda · info), pronunciación local:
[ˈham.bʊɪç] (axuda · info); en baixo saxón: Hamborg,
[ˈham.bɔːx] (axuda · info)) é unha cidade situada ao norte de Alemaña. A cidade forma o seu propio estado federado, cunha extensión de 755 km². A finais de febreiro de 2008 tiña 1 773 218 habitantes (4,7 millóns na súa área metropolitana), que inclúe partes dos estados veciños de Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein), o que a convertía na segunda cidade máis populosa en Alemaña tras Berlín[3]. Ademais, o seu porto é o segundo máis grande de Europa, tras o de Rotterdam, e o noveno do mundo.
Freie und Hansestadt Hamburg (de) ![]() | |||||||||||||
Símbolo oficial | Hammonia (en) ![]() ![]() ![]() | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||
| |||||||||||||
Estado | Alemaña ![]() | ||||||||||||
Capital de | |||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 1.892.122 (2022) ![]() | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Parte de | |||||||||||||
Superficie | 755,09 km² ![]() | ||||||||||||
Bañado por | Río Alster, Río Elba, Bille (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||||||||||
Altitude | 6 m ![]() | ||||||||||||
Punto máis alto | Hasselbrack (en) ![]() ![]() | ||||||||||||
Comparte fronteira con | Schleswig-Holstein Pinneberg (pt) ![]() Reinbek Segeberg (pt) ![]() Herzogtum Lauenburg (pt) ![]() Stormarn (pt) ![]() Harburg (pt) ![]() Halstenbek (pt) ![]() Bönningstedt (pt) ![]() Baixa Saxonia Norderstedt (pt) ![]() Seevetal Neu Wulmstorf Stade (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Santo padrón | Santa María ![]() | ||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
• First Mayor of Hamburg (en) ![]() ![]() | Peter Tschentscher (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Hamburgo (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Hamburg Constitutional Court (en) ![]() ![]() | ||||||||||||
Membro de | Common Library Network (en) ![]() IT Planning Council (en) ![]() Liga Hanseática Federación Mundial de Cidades Turísticas Wendish cities (en) ![]() Aliança Climática (pt) ![]() Mayors for Peace (en) ![]() ![]() | ||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Código postal | 20095–21149, 22041–22769 e 27499 ![]() | ||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Prefixo telefónico | 040 e 04721 ![]() | ||||||||||||
ISO 3166-2 | DE-HH ![]() | ||||||||||||
Código NUTS | DE6 ![]() | ||||||||||||
Clave de rexión en Alemaña | 020000000000 ![]() | ||||||||||||
Número de municipio alemán | 02000000 ![]() | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | Varna São Paulo Valdivia San Petersburgo (1957–) Marsella (1958–) Shanghai (1986–) Dresden (1987–) Osaca (1989–) León (pt) ![]() Praga (1990–) Chicago (1994–) Kaliningrado (2005–) Auckland (2007–) Dar es Salaam (2010–) Kíiv (2022–) ![]() | ||||||||||||
Páxina web | hamburg.de… ![]() | ||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O nome completo de Hamburgo é "Cidade Libre e Hanseática de Hamburgo" (Freie und Hansestadt Hamburg en alemán)[4]. Isto débese á súa historia como membro da liga medieval hanseática, como Cidade Imperial Libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, e tamén polo feito de que é unha cidade-estado e polo tanto un dos dezaseis estados federados de Alemaña.
Hamburgo é un importante eixo de transportes do norte de Alemaña converténdose nun gran centro industrial, con fábricas como Blohm + Voss (estaleiro) ou Norddeutsche Affinerie (produción de cobre), e de comunicacións, descantando a radio-televisión Norddeutscher Rundfunk e editoriais como Gruner + Jahr e Spiegel-Verlag. Contabilízanse en total máis de 120.000 empresas. A cidade é tamén un importante destino turístico tanto local como internacional, recibindo en 2007 ao redor de 7,4 millóns de visitas.