![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4b/Bandeira_da_cidade_de_S%25C3%25A3o_Paulo.svg/langgl-640px-Bandeira_da_cidade_de_S%25C3%25A3o_Paulo.svg.png&w=640&q=50)
São Paulo
cidade do Brasil / From Wikipedia, the free encyclopedia
São Paulo [1][2] (pronúnciase AFI: [sɐ̃w̃ ˈpawlu] ouça) é un municipio brasileiro, capital do estado homónimo e principal centro financeiro, corporativo e mercantil da América do Sur.[3]. É a cidade máis grande do Brasil cuns 11 253 503 habitantes, conforme estatísticas do Goberno Brasileiro feitas en 2011. Sitúase a 430 km da cidade do Río de Xaneiro, a 586 km da cidade de Belo Horizonte e a 1015 km de Brasilia, a capital do Brasil. Foi fundada polos misioneiros xesuítas o 25 de xaneiro de 1554. A área do municipio (equivalente a concello) é 1.522,99 km², e, coa súa rexión metropolitana (formada por outros 38 concellos veciños), atinxe máis de 8 mil km² e un total de 20 millóns de poboadores, tornándoa así a cidade máis poboada de América do Sur e unha das máis grandes aglomeracións urbanas do mundo.
Himno | Hino do município de São Paulo (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Paulo de Tarso ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | São Paulo ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.451.245 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.523 km² ![]() | ||||
Bañado por | Rio Pinheiros (pt) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 760 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Pico do Jaraguá (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Cajamar (pt) ![]() Poá (pt) ![]() Itaquaquecetuba (pt) ![]() Guarulhos Mairiporã (pt) ![]() Ferraz de Vasconcelos (pt) ![]() São Caetano do Sul (pt) ![]() Mauá (pt) ![]() Diadema (pt) ![]() São Bernardo do Campo São Vicente Caieiras (pt) ![]() Barueri (pt) ![]() Embu-Guaçu (pt) ![]() Juquitiba (pt) ![]() Santo André Santana de Parnaíba (pt) ![]() Itapecerica da Serra (pt) ![]() Taboão da Serra (pt) ![]() Embu das Artes Osasco Cotia (pt) ![]() Itanhaém (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 25 de xaneiro de 1554 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Ricardo Nunes (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de São Paulo (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 01000-000 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 11 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 3550308 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | prefeitura.sp.gov.br ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
São Paulo é a cidade brasileira máis influente no escenario global, sendo, en 2016, a 11.ª cidade máis globalizada do planeta, recibindo a clasificación de cidade global alfa, por parte do Globalization and World Cities Study Group & Network (GaWC). Así mesmo, é a cidade lusófona máis poboada e importante do mundo en termos tanto demográficos como culturais e económicos.
É un importante centro financeiro de América Latina,[4] algunhas fontes sitúana como a mellor cidade para facer negocios en América Latina.[5] [6][7]Segundo estudos das consultoras Brookings, AméricaEconomía e PriceWaterhouseCoopers, é a cidade máis rica de América Latina, segundo o seu PIB (PPA).[8]
São Paulo é un dos grandes centros de cultura, entretemento, moda, negocios e tráfico de drogas a nivel mundial. A Bovespa é a décimo terceira maior bolsa de valores (en valor de mercado) do mundo e a maior de Latinoamérica. Segundo o sitio da Bovespa, neste mercado cotízanse máis de 500 compañías.[9] A pizza é un dos pratos favoritos da cidade, cunha produción de 1 millón de unidades por día, con 30 % das vendas nacionais, só superada por Nova York[10]