![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Bandeira_de_Belo_Horizonte.svg/langgl-640px-Bandeira_de_Belo_Horizonte.svg.png&w=640&q=50)
Belo Horizonte
From Wikipedia, the free encyclopedia
Belo Horizonte é a capital do estado brasileiro de Minas Xerais. É a sexta cidade do país en poboación total, despois de São Paulo, Río de Xaneiro, Salvador, Brasilia e Fortaleza. A súa área metropolitana ten uns 4,6 millóns de habitantes. Sitúase a 716 km de Brasilia, 586 km da cidade de São Paulo, 444 km da cidade do Río de Xaneiro e a 858 m de altitude sobre o nivel do mar.
Himno | Hino do município de Belo Horizonte (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Minas Xerais ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.315.560 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 330,9 km² ![]() | ||||
Altitude | 760 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Nova Lima (pt) ![]() Santa Luzia (pt) ![]() Vespasiano (pt) ![]() Brumadinho (pt) ![]() Ibirité (pt) ![]() Contagem Ribeirão das Neves (pt) ![]() Sabará ![]() | ||||
Creación | 1701 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) ![]() ![]() | Fuad Noman (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Belo Horizonte (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30000-000 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 31 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 3106200 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | pbh.gov.br ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Rodeada pola Serra do Curral, que lle serve de marco natural e referencia histórica, foi planeada e construída para ser a capital política e administrativa do Estado mineiro baixo influencia das ideas do positivismo, nun momento de forte chamamento da ideoloxía republicana no país. Sufriu un inesperado e acelerado crecemento de poboación, chegando a máis de 1 millón de habitantes con case 70 anos de fundación. Entre as décadas de 1930 e 1940, houbo tamén o avance da industrialización, ademais de moitas construcións de inspiración modernista, principalmente as casas do barrio Cidade Xardín, que axudaron a definir a fisionomía da cidade.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/68/BH11.jpg/320px-BH11.jpg)