![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/Duccio_The-Madonna-and-Child-128.jpg/640px-Duccio_The-Madonna-and-Child-128.jpg&w=640&q=50)
Virxe María
nai de Xesús / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Virxe María, Santa María ou simplemente María (Mariam: grego: Μαριάμ; hebreo: מרים; árabe: مَريَمْ) foi unha muller xudía de Nazaret (Galilea), considerada segundo as tradicións cristiá e musulmá a nai de Xesús de Nazaret e, polo tanto, para a meirande parte dos cristiáns, a nai de Deus. Entre outros dos seus nomes e títulos están o de Benaventurada Virxe María e Nai de Deus nas igrexas occidentais, e o seu equivalente Theotokos no cristianismo oriental, e Maryam, nai de Isa (Xesús) no islam. Os cristiáns manteñen que o seu fillo Xesús é Cristo (é dicir, o mesías prometido ao pobo xudeu) e Deus Fillo encarnado, mentres que para os musulmáns é o mesías e un dos profetas máis importantes enviados por Deus á humanidade.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (arc) ܡܪܝܡ (he) מרים ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século I a. C. ![]() Séforis ![]() |
Morte | século I ![]() valor descoñecido ![]() |
Lugar de sepultura | tumba da Virxe María ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Nazaret ![]() |
País de nacionalidade | valor descoñecido ![]() |
Grupo étnico | Pobo xudeu ![]() |
Relixión | Xudaísmo e cristianismo ![]() |
Actividade | |
Lingua | Arameo imperial ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 15 de agosto ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Sagrada Familia ![]() |
Cónxuxe | Xosé de Nazaret |
Fillos | Xesús de Nazaret, Xudas, Simón, Santiago o Xusto, Xosé ![]() |
Pais | Xaquín ![]() ![]() |
Irmáns | Salomé e María de Cleofás ![]() |
Cronoloxía | |
nacemento virxinal | |
Asunción de María | |
bilocación ![]() | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
![]() |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Albrecht_D%C3%BCrer_010.jpg/640px-Albrecht_D%C3%BCrer_010.jpg)
Segundo os Evanxeos canónicos de Mateu e Lucas, María era unha virxe (en grego παρθένος, parthénos)[1] que concibiu ó seu fillo Xesús sen intervención de ningún home (de aí o título de "Virxe"), por obra do Espírito Santo. Os musulmáns cren que concibiuno de xeito milagroso por intervención divina. Isto tivo lugar cando ela xa estaba prometida a San Xosé mais aínda non estaba casada. Casou con el e acompañouno a Belén, onde naceu Xesús.
O Novo Testamento comeza a súa crónica da vida de María coa Anunciación, cando o arcanxo Gabriel se lle apareceu e lle anunciou a súa escolla divina para ser nai de Xesús. A tradición da Igrexa e o Protoevanxeo de Santiago (apócrifo) falan dos seus pais como unha parella de avanzada idade, San Xoaquín e Santa Ana.
Os cristiáns da Igrexa católica, da Igrexa Ortodoxa, da ortodoxia oriental, da Comuñón Anglicana e das igrexas luteranas cren que María, como nai de Xesús, é Nai de Deus (Μήτηρ Θεοῦ) e a Theotokos, "portadora de Deus". María ten recibido veneración dende os comezos do cristianismo, a través de numerosas advocacións (Virxe de Fátima, de Lourdes etc.). Hai unha grande diversidade na marioloxía e prácticas devocionais das diferentes tradicións cristiás. A Igrexa católica ten unha serie de dogmas marianos, como a Inmaculada Concepción, a Virxindade perpetua de María e a súa Asunción ao Ceo.