![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/Dresden_from_Albertbr%25C3%25BCcke.jpg/640px-Dresden_from_Albertbr%25C3%25BCcke.jpg&w=640&q=50)
Dresden
cidade alemá, capital do estado federado de Saxonia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Dresden[1][2] ou Dresde[3] (en alemán: Dresden) é unha cidade alemá á beira do Elba e capital do estado federado de Saxonia. Conta con 512.234 habitantes (2008) e está altamente industrializada (por exemplo, hai fábricas de Volkswagen, Airbus etc.).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Saxonia - Sachsen ![]() | ||||
Capital de | Saxonia - Sachsen (1990–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Altfranken (en) ![]() Altstadt (en) ![]() Cossebaude (en) ![]() Cotta (en) ![]() Dresden-Neustadt (en) ![]() Dresden-Pieschen (en) ![]() Dresden-Prohlis (en) ![]() Gompitz (locality) (en) ![]() Langebrück (en) ![]() Oberwartha (en) ![]() Q1432052 ![]() Q383184 ![]() Q383208 ![]() Q383219 ![]() Q383231 ![]() Q383270 ![]() Schönborn (en) ![]() Schönfeld-Weißig (en) ![]() Weixdorf (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 563.311 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 328,48 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Elba, Weißeritz (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 112 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Triebenberg (en) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Niederwartha (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Meißen (pt) ![]() Bannewitz (pt) ![]() Dohna Dürrröhrsdorf-Dittersbach (pt) ![]() Heidenau (pt) ![]() Freital (pt) ![]() Sächsische Schweiz-Osterzgebirge (pt) ![]() Bautzen (pt) ![]() Gommern (en) ![]() Weißeritzkreis (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1206 (Gregoriano) ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Dirk Hilbert (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Dresden City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 01067, 01326, 01309, 01069, 01097, 01099, 01159, 01127, 01307, 01129 e 01279 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 351 e 35201 ![]() | ||||
Código NUTS | DED21 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 14612000 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Silistra Wrocław (1959–) Coventry (1959–) San Petersburgo (1961–) Skopje (1967–) Ostrava (1971–) Brazzaville (1975–) Florencia (1978–) Hamburgo (1987–) Rotterdam (1988–) Estrasburgo (1990–) Salzburgo (1991–) Columbus (1992–) Hangzhou (2009–) ![]() | ||||
Páxina web | dresden.de ![]() | ||||
![]() ![]() |
Limita ao noroeste co distrito de Meißen, ao nordés co de Bautzen e ao sur co de Sächsische Schweiz-Osterzgebirge. Dresden atópase xusto no centro da conurbación homónima. Situada no centro de Europa, constitúe un nó de transportes fundamental á vez que un centro económico de grande importancia.[4] Esta aglomeración, xunto coa de Chemnitz-Zwickau e a de Leipzig-Halle, constitúen a chamada "rexión metropolitana do triángulo saxón".[5] A poboación total de Dresden supera os 525.000 habitantes e o seu correspondente Regierungsbezirk ou rexión administrativa, o millón e medio.[6]
O Val do Elba en Dresden foi Patrimonio da Humanidade da Unesco entre 2004 e 2009, pero perdeu o seu sitio en dita lista debido á construción dunha ponte a dous quilómetros do centro histórico. Deste xeito, converteuse no primeiro lugar en Europa e segundo en todo o mundo en perder esta condición.[7]
En 2015, a cidade foi laureada, xunto coa sueca Vara co Premio de Europa, unha distinción outorgada anualmente polo Consello de Europa, desde 1955, a aqueles municipios que fixesen notables esforzos para promover o ideal da unidade europea.