Rotterdam
cidade holandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade holandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Rotterdam[1][2] (en neerlandés: Rotterdam, [ɾɔtər'dɑm] (AFI), escoitar) é unha cidade do oeste dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Meridional, preto da Haia e a uns 30 km do mar. É a segunda cidade máis poboada do país despois de Ámsterdam, cunha poboación de 635 389 habitantes. Forma xunto a cidade da Haia unha área metropolitana que acada os 2,3 millóns de habitantes.[3]
Alcume | Rotjeknor | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | presa de encoro | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Holanda Meridional | ||||
Concello | Roterdão (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 664.311 (2023) (2.080,2 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 319,35 km² | ||||
Auga | 35,52 % | ||||
Bañado por | Nieuwe Waterweg (en) e Novo Mosa (pt) | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | Pijnacker-Nootdorp Zuidplas (pt) Capelle aan den IJssel (pt) Ridderkerk (pt) Barendrecht (pt) Delft Schiedam (pt) Lansingerland (pt) Nissewaard (pt) Albrandswaard (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Ahmed Aboutaleb (2009–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3000–3089 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 010 | ||||
Código BAG | 3086 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | rotterdam.nl | ||||
O seu porto, situado á beira do río Mosa, é o maior porto marítimo do mundo. O topónimo Rotterdam é derivado de dam (presa) sobre o río Rotte, un pequeno río que conflúe co Mosa no lugar onde se fundou a cidade. A cidade foi destruída durante a segunda guerra mundial polos bombardeos do exército alemán.
Rotterdam destacou como notábel centro de transporte marítimo a finais do século XVII, durante o período coñecido como a Idade de ouro dos Países Baixos. A cidade, que se beneficiou de todo o tráfico marítimo asociado ao comercio da Compañía Holandesa das Indias Orientais, ampliou as súas instalacións portuarias e estendeuse ao longo do río Nieuwe Maas.
A profunda canle Nieuwe Waterweg (Nova Vía Acuática, 1866-1890) construíuse para permitir o acceso ao mar do Norte das grandes embarcacións marítimas. Esta canle e a expansión do comercio que provocou foron a principal causa do impulso económico que experimentou a cidade a finais do século XIX.
Gran parte da antiga cidade foi bombardeada e destruída durante a segunda guerra mundial, despois do cal se construíu unha cidade moderna e de novo deseño, laboratorio de modernos deseños arquitectónicos. As principais áreas comerciais e residenciais atópanse na beira norte do Mosa.
Europoort, un gran conxunto portuario no extremo oeste da canle, foi construído na década de 1960 para a descarga e almacenamento do cru procedente dos petroleiros.
Varias canles comunican a cidade con outros centros urbanos na Unión Europea. O cruzamento de canles máis grande do continente foi inaugurado en Magdeburgo en 2003, co que se posibilitou que o tráfico chegue até Berlín.[4]
Na beira sur do río Mosa existen outras instalacións e importantes industrias, entre as que se contan refinarías de petróleo, estaleiros e fábricas de produtos químicos, artigos de metal e refinarías de azucre.
Entre os produtos exportados destacan o carbón, a maquinaria e os produtos lácteos; as principais importacións son de aceite e gran.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O 16 de outubro do 2008 a maioría socialdemócrata do consello municipal da cidade elixiu como alcalde o marroquí Ahmed Aboutaleb. Aboutaleb é político de 47 anos de idade, que chegou aos Países Baixos na súa adolescencia, pasando máis tarde a formar parte do Partido dos Traballadores (PvdA), de orientación socialdemócrata. Anteriormente traballaba como Secretario de Estado para traballo e asuntos sociais no goberno de coalición de democristiáns e socialdemócratas da Haia.
A cidade alberga o famoso Museo Boymans-van Beuningen (1847) e a Universidade Erasmo de Rotterdam (1973). Tamén podemos atopar o xardín zoolóxico Blijdorp, que posibelmente contén unha das máis belas colección de aves do paraíso do mundo.
Debido aos danos sufridos na segunda guerra mundial, Rotterdam converteuse nunha cidade estraña, diferente daqueloutras cidades centroeuropeas cuxos centros históricos reflicten o barroco do noso século, resultante da aglomeración de todo tipo de bazares, comercios, mercados, oficinas, vivendas, museos, igrexas... En Rotterdam isto non existe: a planificación das vías, beirarrúas e carrís-bici é perfecta, todo alcánzase rapidamente tanto en coche como a pé ou en bicicleta. A cidade pode parecer deseñada por computador, onde todo é novo. Con todo, se algo converte Rotterdam nunha cidade admirada é, sen dúbida, a súa obsesión arquitectónica. Non hai punto na cidade desde o que non se poida lograr un plano fotográfico inquietante. Pontes, escaleiras, bancos, farois, termómetros: en Rotterdam, calquera obxecto recibiu un deseño arquitectónico diferente.
A combinación de formas suaves con formas agresivas, de liñas rectas con curvas, e de cores pálidas con brillantes atopa en Rotterdam o seu mellor fogar. Porén, Rotterdam decepcionar a quen busque nela á irmá máis nova de Ámsterdam. Non só a historia, as rúas ou os edificios, senón tamén o ambiente na rúa, non concordan co estereotipo da cidade holandesa.
As vistas da cidade na noite merecen, sen dúbida, a maior admiración. Pasear polas súas rúas observando os debuxos formados polas luces dos rañaceos, cruzar os tres grandes pontes da cidade portuaria en bicicleta ou pararse a respirar o aroma salgado das augas con máis poder comercial de Europa son pequenos praceres dos que non atopará ningunha referencia nas guías de viaxes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.