Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Surabaia[1] é unha importante cidade de Indonesia situada na costa leste da illa de Xava, á beira do río Mas preto da súa foz no estreito de Madura. Capital da provincia de Xava Oriental e principal porto do país xunto ao da capital, Iacarta, conta cunha poboación de 2.765.908 habitantes (censo 2010) con xa máis de sete millóns na área metropolitana (Área urbana de Planeamento Económico Gerbangkertosusila) nunha das zonas máis densamente poboadas do planeta.
Surabaya (id) ꦯꦸꦫꦧꦪ Surabaya (jv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Indonesia | ||||
Provincia | Xava Oriental | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.009.286 (2023) (8.573,46 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 351 km² | ||||
Altitude | 5 m-2 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 31 de maio de 1293 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Eri Cahyadi (en) (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 60111–60299 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 031 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | surabaya.go.id |
De existencia acreditada dende o século XIII, nas seguintes tres centurias foi o centro dun sultanato política e militarmente dominante na rexión. En 1743 caeu no poder colonial da Compañía Holandesa das Indias Orientais converténdose na súa maior base naval e unha gran praza comercial.
A historia urbana de Surabaia comeza oficialmente o 31 de maio de 1293, aniversario dunha vitoria do Imperio Mahapati ante os mongois de Kublai Khan que fuxiron pola foz do río Mas. O certo é que dende o século XIII hai mencións de portos nas bocas dos ríos Brantas e Solo a sur e norte respectivamente da cidade actual pertencentes ao reino contemporáneo de Janggala.
Semella xa seguro que dende o século XIV é un porto comercial importante do leste de Xava (mencións coma Churabhaya e por viaxeiros chineses no esteiro do río Mas).
Durante os séculos XV e XVI, coa extensión do islam no arquipélago indonesio, foi centro de sultanatos de importancia tanto política coma militar na rexión cando foron construídas mesquitas e escolas coránicas (a mesquita de Ampel do século XV no asentamento homónimo ao nordeste da vila [2]). Entre 1483 e 1542 estivo no poder do sultanato de Demak e finalmente caeu nas mans do de Mataram (1625). Como era tradicional nas vilas xavanesas o casarío arrodeaba un grande espazo central (Alun-alun ou Paseban) en torno ao que situábanse a mesquita e o pendopo ou lugar de reunións [3].
En 1743 a Compañía Holandesa das Indias Orientais (que xa tiña un posto comercial con forte dende finais do XVII fronte a Ampel) arrebata a cidade ao debilitado sultanato de Mataram. De seguida comeza a construción dunha cidade europea directamente ao norte da nativa, arrodeada dun muro a carón do Forte Belvidere e á beira tamén do río Mas [4]. A cidade chinesa asentouse xusto na beira oposta (a oriental) do río Mas. Para facilitares o acceso ao mar, no canto dos meandros daquel, escávase un canal recto dende a cidade á costa [5].
Ese conxunto vai constituír o núcleo da cidade do século XIX.[6] Xa baixo o control directo do goberno holandés (1808) e cun breve período de poder británico (1811-16) a cidade de corte europeo convértese no principal porto da rexión.[7] Unha primeira ponte (Ponte Roxa, Roode Brug ou Jembatan Merah) sobor do Mas une os dous asentamentos (europeo e chinés máis o vello Ampel musulmán) e vai devires o corazón de Surabaia.
A nova área urbana froito do crecemento en ámbalas dúas beiras do Mas arrodéase dunha muralla con bastións e un amplo foso baixo a protección da nova fortaleza do Prins Hendrik no norte (1830-50).[8]
A vella cidade nativa quedara apartada nunha posición periférica, ratificada canda a construción do ferrocarril (sobor da liña de murallas), coa estación Alun-alun ao sur ante o homónimo primitivo centro de Surabaia.[9]
A área portuaria que xa comezara a desenvolverse na costa na segunda metade do século XIX tivo o impulso modernizador definitivo coa construción da maior base naval holandesa das indias orientais en 1917.[10][11] En 1926 a cidade foi designada capital provincial cando era xa a principal urbe de Xava tras Batavia. Nesas décadas desenvolveuse progresivamente cara ao sur cos novos barrios de Gubeng, Sawahan, Ketabang e Darmo.[12][13]
Trala ocupación xaponesa e os bombardeos da segunda guerra mundial un incidente precisamente na Ponte Roxa arrincou o conflito que levaría á independencia de Indonesia en 1949.
Dende entón tense desenvolto a cidade contemporánea [14], primeiro cunha recuperación da vella cidade nativa coma centro institucional (no primitivo Alun-alun) e o edificio do concello trasladado dende as inmediacións da Ponte Roxa ao barrio de Gubeng (ao sur, na outra beira do río) e nas últimas décadas nunha extensa rexión metropolitana coñecida coma Gerbangkertosusila de máis de oito millóns de habitantes e que aínda pode ser maior unha vez inaugurada a Ponte Suramadu sobor do Estreito de Madura que une Surabaia coa illa veciña e un gran porto de contedores (MIS-C) que alí tense posto en funcionamento [15].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.