![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/ff/Reliefkarte_Schweiz.png/640px-Reliefkarte_Schweiz.png&w=640&q=50)
Suíza
país de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Suíza (/ˈswi.θa/; en alemán: Schweiz;[1] en francés: Suisse; en italiano: Svizzera; en romanche: Svizra), é un estado federal situado na Europa central, sen saída ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Linda ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).
Schweizerische Eidgenossenschaft (de) Confédération suisse (fr) Confederazione Svizzera (it) Confederaziun svizra (rm) ![]() | |||||
Himno | Himno de Suíza ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Unus pro omnibus, omnes pro uno» ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Cantón de Schwyz ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Berna (1848–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.902.308 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua alemá lingua italiana lingua francesa lingua romanche ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 41.285 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Pico Dufour (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Lago Maior (193 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 12 de setembro de 1848 ![]() | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | sistema diretorial (pt) ![]() república federal (1848–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Consello Federal suízo (Escano: 7) ![]() | ||||
• Presidente da Confederación Helvética ![]() | Consello Federal suízo ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Federal de Suíza , (Escano: 246) ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supremo Tribunal Federal da Suíça (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Organización Mundial da Saúde Grupo de Fornecedores Nucleares (pt) ![]() Agência Internacional de Energia (pt) ![]() ![]() | ||||
PIB nominal | 807.706.035.352 $ (2022) ![]() | ||||
Orzamento | 89.700.000.000 Fr (2024) ![]() | ||||
Moeda | Franco suízo ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ch e .swiss (en) ![]() ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +41 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 117, 118, 144 (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | CH ![]() | ||||
Código NUTS | CH0 ![]() | ||||
Páxina web | admin.ch ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar, razón pola cal é a sede de numerosas organizacións internacionais, incluíndo a Cruz Vermella, a Organización Mundial do Comercio ou unha das oficinas das Nacións Unidas. Non forma parte da Unión Europea, mais si forma parte do Acordo de Schengen.
É segundo as propias autoridades suízas unha nación multiétnica, multilingüística e multicultural, froito dunha vontade política, onde conviven catro linguas nacionais: o alemán, o francés, o italiano e o romanche. O estado réxese por unha estrutura confederal dende 1848, que consiste en vinte e seis estados chamados cantóns. A súa capital é Berna.
O seu nome deriva dun dos cantóns fundadores da federación, Schwyz (en alemán estándar: Schweiz, aparentemente variante da tribo dos suevos), en canto ao nome de Confederación Helvética deriva da antiga tribo celta dos helvecios que habitaron a metade oeste e parte do centro deste país durante a antigüidade. Suíza é, dende finais do século XIX, un dos estados máis ricos e desenvolvidos do mundo.