Appenzell Interior
cantón de Suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
cantón de Suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
O cantón de Appenzell Interior (en alemán: Appenzell Innerrhoden, francés: Appenzell Rhodes-Intérieures, en italiano: Appenzello Interno, en romanche: Appenzell Dadens) é un cantón da confederación Suíza.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Capital | Appenzell | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.145 (2018) (93,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 172,48 km² | ||||
Altitude | 780 m | ||||
Punto máis alto | Säntis (pt) (2.501,9 m) | ||||
Punto máis baixo | Oberegg (pt) (560 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1513 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Landsgemeinde Appenzell Innerrhoden (en) , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CH-AI | ||||
Código NUTS | CH054 | ||||
Páxina web | ai.ch | ||||
É tamén o segundo cantón máis pequeno de Suíza.
Appenzell é a capital deste semicantón. Appenzell Interior está situado no nordés de Suíza. Limita ao norte co cantón de Appenzell Exterior, ao leste co Sankt Gallen. A súa superficie é de 173 km². O pico do Säntis con 2.501,9 msnm é unha das atraccións principais do cantón.
En 1513 o cantón de Appenzell foi o décimo terceiro cantón en unirse á Confederación Suíza. En 1597 o cantón dividiuse en dous semicantóns, debido ás desavinzas relixiosas: o semicantón de Appenzell Interior (católico) e o de Appenzell Exterior (protestante).
A constitución foi introducida en 1872.
As principais actividades agrícolas do cantón son o pastoreo e a gandaría. Teñen certa relevancia os servizos financeiros, o turismo e a industria do metal.
Ingresos (en millóns de CHF): 646 fr
Os cidadáns do cantón reúnense todos nunha das prazas de Appenzell, o último domingo do mes de abril, para a Landgemeinde (asemblea xeral). Alí as persoas naturais (suízos) votan para elixir os seus representantes ao parlamento cantonal. O cantón de Appenzell Interior foi o último cantón en introducir o voto feminino no 1992. Só logo dunha decisión federal, o cantón viuse obrigado a introducir o voto das mulleres.
O cantón está dividido en distritos no canto de municipios, o que quere dicir que os distritos equivalen ás comunas dos demais cantóns suízos. O seis distritos son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.