Bélxica
país europeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bélxica ( pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] (axuda · info), en francés: Belgique [bɛlʒik] (axuda · info), en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] (axuda · info)), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é unha monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven un pouco máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Koninkrijk België (nl) Royaume de Belgique (fr) Königreich Belgien (de) | |||||
Himno | La Brabançonne (1830) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «A unión fai a forza» | ||||
Símbolo oficial | Papoula | ||||
Nomeado en referencia a | Belgae (pt) e Gallia Belgica | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Bruxelas | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.584.008 (2022) (377,48 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa lingua francesa lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 30.688 km² | ||||
Auga | 0,8 % | ||||
Bañado por | Mar do Norte | ||||
Punto máis alto | Signal de Botrange (694 m) | ||||
Punto máis baixo | De Moeren (−4 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 4 de outubro de 1830 | ||||
Evento clave
| |||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Pascua cristiá (22 de marzo) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) Día da Ascensión (Easter + 39 days (en) ) Pentecoste (Easter + 49 days (en) ) Segunda-feira de Pentecostes (pt) (Easter + 50 days (en) ) Día nacional belga (21 de xullo) Asunción de María Día de Tódolos Santos (1 de novembro) Día do armisticio (11 de novembro) Día de Nadal (25 de decembro) | ||||
Santo padrón | Xosé de Nazaret | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional Monarquía parlamentaria | ||||
• Rei | Filipe de Bélxica (2013–) | ||||
Órgano executivo | Goberno Federal de Bélxica | ||||
• Primeiro ministro | Alexander De Croo (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento Federal Belga , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal constitucional de Bélxica | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 599.880.000.000 $ (2021) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .be | ||||
Prefixo telefónico | +32 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 100, 101 e 102 | ||||
Código de país | BE | ||||
Código NUTS | BE | ||||
Páxina web | belgium.be | ||||
O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflíctense na historia política e mais no seu complexo sistema de goberno do país.
Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica fixo parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende final da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".