Rexión de Bruxelas-Capital
rexión belga From Wikipedia, the free encyclopedia
rexión belga From Wikipedia, the free encyclopedia
A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale,[lower-alpha 1] neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest)[lower-alpha 2] é unha rexión de Bélxica que abrangue 19 concellos, entre os que se inclúe a propia cidade de Bruxelas, que é a capital do país.[1] A Rexión de Bruxelas-Capital atópase no centro do país e forma parte das dúas comunidades lingüísticas de Bélxica, a francesa[2] e a flamenga,[3] mais está separada de Flandres (na que forma un enclave) e de Valonia.[4][5][6]
Bruxelles (fr) Brussele (wa) Brussel (nl) Brussel (vls) Brussel (li) Brusselle (pcd) | |||||
Símbolo oficial | Flower of Brussels (en) (floral emblem (en) ) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Bruxelas | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Enclave en | Rexión Flamenga e Provincia do Brabante flamengo | ||||
Capital de | |||||
Capital | sen valor | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.218.255 (2020) (7.548,98 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 161,38 km² | ||||
Altitude | 13 m-23 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de xaneiro de 1989: causado por Lei especial do 12 de xaneiro de 1989 relativa ás institucións bruxelesas | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno da Rexión de Bruxelas-Capital | ||||
• Ministro-presidente da Rexión | Rudi Vervoort (2013–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da Rexión de Bruxelas-Capital , (Escano: 89) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .brussels | ||||
Prefixo telefónico | 02 | ||||
ISO 3166-2 | BE-BRU | ||||
Código NUTS | BE1 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | be.brussels | ||||
A de Bruxelas é a rexión máis densamente poboada de Bélxica, e aínda que ten o maior PIB per capita,[7] tamén ten a menor renda dispoñible por fogar.[8] A rexión de Bruxelas abrangue 162 km², unha área relativamente pequena comparada coas outras dúas rexións do país, e ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes.[9] A área metropolitana de Bruxelas é cinco veces maior e ten unha poboación de arredor de 2,5 millóns, sendo a meirande de Bélxica.[10][11][12] Tamén forma parte dunha conurbación que se estende cara ás cidades de Gante, Anveres e Lovaina, así como a provincia do Brabante Valón, que é fogar de máis de 5 millóns de persoas.[13]
Historicamente foi unha rexión de fala flamenga, Bruxelas sufriu un proceso cambio lingüístico ao francés a partir de finais do século XIX.[14] Hoxe en día, a rexión de Bruxelas-Capital é oficialmente bilingüe en francés e flamengo.[15][16] Aínda que o francés é a lingua franca con arredor dun 90% dos habitantes quen de falar a lingua,[17][18] Bruxelas tamén é cada vez máis multilingüe. O inglés é falado como segunda lingua por case un terzo da poboación e moitos emigrantes e expatriados tamén falan outras linguas.[17][19]
Bruxelas naceu como un pequeno asentamento rural á beira do río Senne e pasou a converterse nunha importante cidade-rexión de Europa. Desde o final da segunda guerra mundial, foi un importante centro da política internacional e alberga numerosas organizacións internacionais, políticos, diplomáticos e funcionarios europeos.[20] Bruxelas é de facto a capital da Unión Europea e acolle moitas das principais Institucións da Unión Europea, incluíndo a Comisión Europea, o Consello Europeo e Parlamento Europeo (aínda que o poder xudicial se atopa na cidade de Luxemburgo e o Parlamento tamén se reúne en Estrasburgo).[21][22] Por mor disto, o seu nome úsase acotío para referirse á Unión Europea e ás súas institucións.[23][24] A secretaría do Benelux e a sede da OTAN tamén están situadas en Bruxelas.[25][26]
O 18 de xuño de 1989, por primeira vez, os bruxelenses elixen directamente aos seus representantes rexionais. Bruxelas-Capital constitúe dende entón unha Rexión autónoma, comparable ás Rexións de Flandres e a Rexión Valoa.[27]
A Rexión componse de 19 concellos (communes): Bruxelas, que se atopa no centro, e ao seu ao redor os 18 restantes. Os 19 municipios son:
Nome francés | Nome flamengo | ||
---|---|---|---|
Anderlecht | Anderlecht | ||
Auderghem | Oudergem | ||
Berchem-Sainte-Agathe | Sint-Agatha-Berchem | ||
Bruxelles-Ville | Stad Brussel | ||
Etterbeek | Etterbeek | ||
Evere | Evere | ||
Forest | Vorst | ||
Ganshoren | Ganshoren | ||
Ixelles | Elsene | ||
Jette | Jette | ||
Koekelberg | Koekelberg | ||
Molenbeek-Saint-Jean | Sint-Jans-Molenbeek | ||
Saint-Gilles | Sint-Gillis | ||
Saint-Josse-ten-Noode | Sint-Joost-ten-Node | ||
Schaerbeek | Schaarbeek | ||
Uccle | Ukkel | ||
Watermael-Boitsfort | Watermaal-Bosvoorde | ||
Woluwe-Saint-Lambert | Sint-Lambrechts-Woluwe | ||
Woluwe-Saint-Pierre | Sint-Pieters-Woluwe |
Bruxelas atópase nunha das zonas máis urbanizadas de Europa, entre París, Londres, a rexión alemá de Rin-Ruhr e o Randstad (Países Baixos). A Rexión de Bruxelas-Capital ten unha poboación de arredor de 1,2 millóns de habitantes, e tivo un aumento considerable de poboación nos últimos anos. En xeral, a poboación de Bruxelas é máis nova que a media nacional, e ten unha fenda de desigualdade maior.[28]
1 de xullo de 2004[29] | 1 de xullo de 2005[29] | 1 de xullo de 2006[29] | 1 de xaneiro de 2008[29] | 1 de xaneiro de 2015[29] | 1 de xaneiro de 2019[29] | 1 de xaneiro de 2020[29] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación total da Rexión de Bruxelas-Capital[29] | 1 004 239 | 1 012 258 | 1 024 492 | 1 048 491 | 1 181 272 | 1 208 542 | 1 218 255 |
Nº de inmigrantes en situación regularizada[29] | 262 943 | 268 009 | 277 682 | 295 043 | 385 381 | 450 000 | ? |
A rexión de Bruxelas-Capital distínguese das outras dúas polo seu bilingüismo oficial: o francés e o neerlandés son de uso obrigado en todos os servizos públicos (administracións, hospitais, policía...). De facto, o francés é amplamente maioritario na poboación (95,55%), debido tanto á aprendizaxe na escola como ao fluxo migratorio dende países francófonos.[31]
De acordo coa lingua materna dos habitantes, a distribución é a seguinte:
A distribución de linguas correctamente faladas na práctica pola poboación sería a seguinte:
Historicamente Bruxelas é unha cidade flamenga na que o idioma popular era o neerlandés, mais no século XIX do mesmo xeito que en practicamente toda Europa, a nobreza e a alta burguesía falaba francés. Cando Bélxica se independiza, as clases dirixentes escollen o francés como lingua oficial do país, xa que o tiña coma un idioma máis culto e avanzado. Esta decisión ocasionaría posteriormente un conflito lingüístico aínda pendente de resolver.
En Bruxelas, onde se establece a corte, toda a burguesía convértese en francófona e tamén gran parte da poboación aprende o francés para mellorar as súas probabilidades de promoción. Posteriormente Bélxica recoñece como oficial o idioma neerlandés e tras marcar unha fronteira lingüística, Bruxelas como capital tanto de Bélxica como de Flandres é declarada oficialmente bilingüe, aínda que de facto o francés continuará sendo maioritario.
A rexión de Bruxelas ten un clima oceánico (Clasificación climática de Köppen: Cfb) con veráns temperados e invernos fríos.[32] A súa proximidade a zonas costeiras influencia o seu clima ao recibir masas de aire mariño dende o océano Atlántico. As zonas húmidas próximas tamén aseguran un clima marítimo temperado. De media (con base nas medicións do período 1981–2010), hai aproximadamente 135 días de choiva ao ano na rexión de Bruxelas-Capital. As nevaradas son pouco frecuentes, cunha media de 24 días ao ano. A cidade tamén adoita experimentar violentas tormentas nos meses de verán.
Datos climáticos para Rexión de Bruxelas-Capital (1981–2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 5,9 | 6,8 | 10,5 | 14,2 | 18,3 | 20,9 | 23,3 | 23,0 | 19,5 | 15,1 | 9,8 | 6,3 | 14,5 |
Media diaria en °C | 3,2 | 3,5 | 6,5 | 9,5 | 13,5 | 16,1 | 18,4 | 18,0 | 14,9 | 11,1 | 6,8 | 3,8 | 10,4 |
Media mínima en °C | 0,7 | 0,6 | 2,9 | 4,9 | 8,7 | 11,5 | 13,6 | 13,0 | 10,5 | 7,5 | 4,5 | 1,5 | 6,7 |
Precipitación media mm | 75,2 | 61,6 | 69,5 | 51,0 | 65,1 | 72,1 | 73,6 | 76,8 | 69,6 | 75,0 | 77,0 | 81,4 | 848,0 |
Media de días con precipitacións (≥ 1 mm) | 12,8 | 11,1 | 12,7 | 9,9 | 11,3 | 10,5 | 10,1 | 10,1 | 10,4 | 11,2 | 12,6 | 13,0 | 135,6 |
Media de horas de sol mensuais | 58 | 75 | 119 | 168 | 199 | 193 | 205 | 194 | 143 | 117 | 65 | 47 | 1 583 |
Fonte: KMI/IRM[33] |
Datos climáticos para Uccle (Rexión de Bruxelas-Capital) 1991–2020 | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 15,3 | 20,0 | 24,2 | 28,7 | 34,1 | 38,8 | 39,7 | 36,5 | 34,9 | 27,8 | 20,6 | 16,7 | 39,7 |
Media máxima en °C | 6,1 | 7,1 | 10,9 | 15,0 | 18,4 | 21,2 | 23,2 | 23,0 | 19,5 | 14,9 | 9,9 | 6,6 | 14,65 |
Media diaria en °C | 3,7 | 4,2 | 7,1 | 10,4 | 13,9 | 16,7 | 18,7 | 18,4 | 15,2 | 11,3 | 7,2 | 4,3 | 10,93 |
Media mínima en °C | 1,4 | 1,5 | 3,5 | 6,0 | 9,2 | 12,0 | 14,1 | 13,9 | 11,3 | 8,1 | 4,6 | 2,1 | 7,31 |
Temperatura mínima en °C | −21,1 | −18,3 | −13,6 | −5,7 | −2,2 | 0,3 | 4,4 | 3,9 | 0,0 | −6,8 | −12,8 | −17,7 | −21,1 |
Precipitación media mm | 75,5 | 65,1 | 59,3 | 46,7 | 59,7 | 70,8 | 76,9 | 86,5 | 65,3 | 67,8 | 76,2 | 87,4 | 837,2 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) | 18,9 | 16,9 | 15,7 | 13,1 | 14,7 | 14,1 | 14,3 | 14,3 | 14,1 | 16,1 | 18,3 | 19,4 | 189,9 |
Media de días con neve | 3,8 | 4,9 | 2,7 | 0,6 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,1 | 1,2 | 3,7 | 17 |
Humidade relativa media (%) | 84,1 | 80,6 | 74,8 | 69,2 | 70,2 | 71,3 | 71,5 | 72,4 | 76,8 | 81,5 | 85,1 | 86,6 | 77,01 |
Media de horas de sol mensuais | 59,1 | 72,9 | 125,8 | 171,3 | 198,3 | 199,3 | 203,2 | 192,4 | 154,4 | 112,6 | 65,8 | 48,6 | 1 603,7 |
Fonte #1: Royal Meteorological Institute[34][35] | |||||||||||||
Fonte #2: Weather Atlas;[36] Récord de xullo de 2019 de VRT Nieuws[37] |
Varias cidades están irmandadas coa Rexión de Bruxelas-Capital: [38]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.