![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a7/ISS053-E-127450_-_View_of_Italy.jpg/640px-ISS053-E-127450_-_View_of_Italy.jpg&w=640&q=50)
Véneto
rexión no norte de Italia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Véneto[1][2][3] (en italiano: Veneto, en véneto: Vèneto) é unha rexión de Italia situada na parte nororiental da Península Itálica. Conta con preto de cinco millóns de habitantes, e a súa capital é a cidade de Venecia. Limita ao leste con Friúl-Venecia Xulia, ao norte con Austria (Tirol e Carintia), a noroeste co Trentino-Tirol do Sur, ao oeste coa rexión da Lombardía, ao sur coa Emilia-Romaña e ao leste co Mar Adriático.
Vèneto (vec) Veneto (it) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Italia ![]() | ||||
Capital | Venecia ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.869.830 (2021) ![]() | ||||
Lingua usada | Cimbriano (pt) ![]() Lingua véneta Lingua friulana Lingua ladina ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 18.345,35 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Po, Río Adige, Brenta (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 180 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1970 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Marcos o Evanxelista ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Veneto (en) ![]() ![]() | ||||
• President of Veneto (en) ![]() ![]() | Luca Zaia (2010–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Regional Council of Veneto (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IT-34 ![]() | ||||
Código NUTS | ITH3 ![]() | ||||
Identificador ISTAT | 05 ![]() | ||||
Páxina web | regione.veneto.it ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Grazas ao seu patrimonio paisaxístico, histórico, artístico e arquitectónico, a rexión do Véneto é, con máis de 60 millóns de turistas ao ano, a rexión máis visitada de Italia, así como unha das principais de Europa e do mundo, debido principalmente á atracción de cidades de grande importancia artística e histórica como é o caso de Venecia, Verona, Padua ou Vicenza. Véneto ademais é unha das dúas rexións cuxos habitantes foron denominados "popolo" (pobo diferenciado) polo parlamento italiano, xunto coa rexión de Sardeña.