Dacia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na xeografía da Antigüidade, especialmente en fontes romanas, Dacia era a rexión habitada polos dacios (ou getas, como eran coñecidos polos antigos gregos), unha rama dos tracios que vivía ao norte dos Balcáns.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Sarmizegetusa | ||||
Poboación | |||||
Relixión | Mitologia ilíria (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 60 a. C. | ||||
Disolución | 106 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
• Xefe do goberno | Berebistas | ||||
Moeda | Coson (en) | ||||
A Dacia tiña como fronteiras meridionais o río Danubio (Istros, nas fontes gregas) ou, na súa maior extensión o monte Hemo (en latín, Haemus Mons), actual cordilleira dos Balcáns. Mesia (Dobruja), unha área ao sur do Danubio era o centro da rexión en que os getas vivían e interactuaban cos antigos gregos. Polo leste, tiña como fronteiras naturais o Ponto Euxino (Mar Negro) e o río Danastris (río Dnister), citado nas fontes gregas como Tyras). Non obstante, rexistráronse diversos poboados dacios entre os ríos Dnister e Hypanis (río Bug), e o Tisia (Tisza), polo oeste.
Nalgúns tempos, a Dacia comprendeu áreas entre o Tisza e o Danubio medio. A cadea de montañas dos Cárpatos localizábase no medio da Dacia.
Os dacios eran tripos tracias setentrionais.[1] As tribos dacias tiveron tanto relacións pacíficas como belicosas con outras tribos veciñas, como os celtas, os antigos xermánicos, os sármatas e os citas, mais foron máis influídos polos gregos e os romanos. Estes acabaron por conquistalos, e asimilalos, lingüística e culturalmente.
Existiu un reino dacio de dimensións variadas entre o 168 a.C. ata a conquista romana, en 106. A capital da Dacia, Sarmizegetusa, localizada na actual Romanía, foi destruída polos romanos, mais o seu nome foi unido ao da nova cidade (Ulpia Traiana Sarmizegetusa), construída por eles para servir como capital da provincia romana da Dacia.
No inicio do século II a.C., baixo o goberno de Rubobostes, un rei dacio da actual Transilvania, o poder dos dcios na chaira Panonia, a rexión entre os Cárpatos, os Alpes Dináricos e os Balcáns, aumentou coa derrota dos celtas que anteriormente tiñan o poder na rexión. Existiu un reino da Dacia polo menos dende o inicio do século II a.C. gobernado polo rei Oroles. Conflitos cos bastarnas e os romanos (112-74 a.C.), contra os que auxiliaron os escordiscos e os dardanios, enfraqueceron grandemente os recursos dos dacios.
Baixo a rexencia de Burebista (Berebistas), contemporáneo de Xulio César, que reorganizou completamente o exército e elevou o padrón de moral do pobo, os límites do reino estendéronse ao seu máximo. Os bastarnas e os bois foron conquistados, e mesmo as cidades gregas de Olbia e Apolonia no mar Negro recoñeceron a autoridade de Burebista.
De feito, os dacios parecían tan formidábeis que César considerou a posibilidade de enviar unha expedición contra eles; feito que só a súa morte impediu. Por volta da mesma época, Burebista foi asasinado, e o reino foi dividido en catro (ou cinco) partes baixo o mando de gobernantes separados. Un deses gobernantes chamouse Cotiso, que tiña unha filla coa que Augusto seica desexaba casar e co que Augusto prometeu a súa filla de cinco anos de idade, Xulia. É coñecido polo verso de Horacio (Occidit Daci Cotisonis agmen, Odes, III. 8. 18).
Os dacios son mencionados freuentemente no reinado de Augusto, que de acordo con el foran compelidos a recoñecer a supremacía romana. Con todo, de ningún xeito foron subxugados, e en épocas posteriores, para manteren a súa independencia, aproveitaron cada oportunidade de atravesar o conxelado Danubio durante o inverno para devastar as cidades romanas da provincia de Mesia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.