![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fe/Croatian_War_of_Independence_collage.jpg/640px-Croatian_War_of_Independence_collage.jpg&w=640&q=50)
Guerra de Croacia
guerra de independencia librada entre 1991 e 1995 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Guerra de Croacia ou Guerra da Independencia de Croacia (en croata: Domovinski Rat, Guerra da Patria), en serbio: Рат у Хрватској ou Rat u Hrvatskoj, Guerra en Croacia) foi un conflito bélico que tivo lugar en Croacia desde 1991 até 1995. Inicialmente, a guerra desenvolveuse entre Croacia e o Exército Popular Iugoslavo (JNA). Máis tarde, o conflito derivou nunha loita entre as tropas da nova Croacia independente e as forzas rebeldes da minoría serbia, que á súa vez proclamou a República Serbia de Krajina. Os serbios foron apoiados polo Exército Popular Iugoslavo. O bando croata intentaba establecer a plena soberanía para a República de Croacia, anteriormente constituída como unha república socialista dentro da República Federal Socialista de Iugoslavia, mentres que os serbios querían manterse en Iugoslavia, buscando novos límites en partes de Croacia con maioría étnica serbia ou cunha minoría serbia influente. A guerra resultou particularmente impactante pola súa brutalidade nunha sociedade relativamente desenvolvida en Europa e nos tempos modernos.
Guerra de Croacia | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerras Iugoslavas | |||||||||
![]() | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
![]() ![]()
|
![]() ![]() | ||||||||
Líderes | |||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
![]() 145.000 (1991) ![]() 50.000 (1995) |
![]() 70.000 (1991) 200.000 (1995) | ||||||||
Baixas | |||||||||
![]() 4.177 soldados e 2.650 civís mortos ou desaparecidos. 300.000 desprazados. ![]() 1.279 soldados mortos. |
![]() 6.788–8.784 soldados e 4.508–7.186 civís mortos ou desaparecidos. 220.000 desprazados. ![]() 178 soldados e 23 civís mortos. |