Helmut Kohl

From Wikipedia, the free encyclopedia

Helmut Kohl

Helmut Joseph Michael Kohl, nado o 3 de abril de 1930 e finado o 16 de xuño de 2017, foi un político e estadista alemán. Desempeñou o cargo de chanceler de Alemaña entre o 1 de outubro de 1982 e o 27 de outubro de 1998. Ata o 3 de outubro de 1990, data da unión das dúas Alemañas, foi só chanceler da República Federal de Alemaña, e a partir dese momento da Alemaña unida. Tamén dirixiu o partido Unión Demócrata Cristiá (CDU) entre 1973 e 1998. Morreu o 16 de xuño de 2017 aos 87 anos de idade.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Helmut Kohl

(1996)
Biografía
Nacemento(de) Helmut Josef Michael Kohl
3 de abril de 1930
Friesenheim, Alemaña
Morte16 de xuño de 2017 (87 anos)
Oggersheim, Alemaña
Lugar de sepulturaOld Cemetery (en)
Membro do Bundestag
26 de outubro de 1998 – 17 de outubro de 2002
Lexislatura: 14th German Bundestag (en)
Membro do Bundestag
10 de novembro de 1994 – 26 de outubro de 1998
Lexislatura: 13th German Bundestag (en)

Circunscrición electoral: Ludwigshafen/Frankenthal (en)

Membro do Bundestag
20 de decembro de 1990 – 10 de novembro de 1994
Lexislatura: 12th German Bundestag (en)

Membro do Bundestag
18 de febreiro de 1987 – 20 de decembro de 1990
Lexislatura: 11th German Bundestag (en)

Membro do Bundestag
29 de marzo de 1983 – 18 de febreiro de 1987
Lexislatura: 10th German Bundestag (en)

6º Chanceler Federal da Alemanha (pt)
1 de outubro de 1982 – 26 de outubro de 1998
 Helmut SchmidtGerhard Schröder 
Membro do gabinete: primeiro Gabinete Kohl (pt) , Quarto Gabinete Kohl (pt) , Quinto Gabinete Kohl (pt)
Membro do Bundestag
4 de novembro de 1980 – 29 de marzo de 1983
Lexislatura: 9th German Bundestag (en)

Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Alemaña

24 de xaneiro de 1977 – 5 de outubro de 1977
Membro do Bundestag
14 de decembro de 1976 – 4 de novembro de 1980
Lexislatura: 8th German Bundestag (en)

8º Chairman of the CDU/CSU Bundestag fraction (en)
13 de decembro de 1976 – 4 de outubro de 1982
 Karl CarstensAlfred Dregger 
5º Leader of the Christian Democratic Union (en)
12 de xuño de 1973 – 7 de novembro de 1998
 Rainer BarzelWolfgang Schäuble 
Minister-President of Rhineland-Palatinate (en)
19 de maio de 1969 – 2 de decembro de 1976
 Peter AltmeierBernhard Vogel 
Member of Landtag of Rhineland-Palatinate (en)
1959 – 21 de decembro de 1976
Datos persoais
ResidenciaOggersheim (1971–2017)
RelixiónIgrexa católica
EducaciónUniversidade de Frankfurt
Universidade de Heidelberg
Tese académicaDie politische Entwicklung in der Pfalz und das Wiedererstehen der Parteien nach 1945 (en)  (1958 )
Director de teseWalther Peter Fuchs
Altura195 cm
Peso150 kg
Actividade
Lugar de traballo Maguncia
Bonn
Berlín
Ocupaciónpolítico, politicólogo, historiador, Chanceler de Alemaña
Partido políticoUnión Demócrata Cristiá de Alemaña
Membro de
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial
Participou en
23 de maio de 1999Eleição presidencial da Alemanha de 1999 (pt)
27 de setembro de 1998eleições federais na Alemanha em 1998 (pt)
16 de outubro de 1994eleições federais na Alemanha em 1994 (pt)
2 de decembro de 1990eleições federais na Alemanha em 1990 (pt)
25 de xaneiro de 1987eleições federais na Alemanha Ocidental em 1987 (pt)
6 de marzo de 1983eleições federais na Alemanha Ocidental em 1983 (pt)
3 de outubro de 1976eleições federais na Alemanha Ocidental em 1976 (pt)
Familia
CónxuxeMaike Kohl-Richter (2008–2017), morte da persoa
Hannelore Kohl (1960–2001), morte do cónxuxe
FillosWalter Kohl
 () Hannelore Kohl
Peter Kohl
 () Hannelore Kohl
PaisHans Kohl   e Cäcilie Kohl
ParentesWilhelm Renner, sogro
Cronoloxía
1 de xullo de 2017Q118645055
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteObálky knih,
Sitio webhelmut-kohl.de
Allocine: 36393
WikiTree: Kohl-338
Pechar

Biografía

Nacido en Ludwigshafen no seo dunha familia católica e conservadora, Kohl foi alistado na Wehrmacht (o exército regular da Alemaña nazi) e loitou, sendo aínda adolescente, no período final da segunda guerra mundial.

Estudou na Universidade de Heidelberg, onde se doutorou en Historia e Ciencia Política.

Casou con Hannelore Renner, á que coñeceu cando contaba apenas 15 anos, coa que tivo dous fillos. O 5 de xullo de 2001 Hannelore foi achada morta na súa casa en Ludwigshafen. Casou despois con Maike Richter, en 2008.

Carreira política

Kohl incorporouse á CDU en 1947. En 1958 se doutorou en Historia cunha tese titulada O desenvolvemento político no Palatinado e o rexurdimento dos partidos logo de 1945. Entre 1969 e 1976 foi primeiro ministro do estado federado de Renania-Palatinado, pasando a continuación a ser membro do Parlamento federal como líder da oposición cristián-demócrata contra o goberno do socialdemócrata Helmut Schmidt. Foi candidato da CDU á chancelería nas eleccións federales de 1976, nas que se impuxo o SPD.

O 1 de outubro de 1982 Kohl sucedeu a Helmut Schmidt como chanceler a través dunha moción de confianza, na que o Partido Liberal de Alemaña (FDP), que ata ese momento apoiara aos socialdemócratas, cambiou de alianza e apoiou aos democristianos. Nos primeiros días do seu goberno, Kohl tivo que enfrontarse a unha dura oposición por parte dos socialdemócratas: os seus adversarios políticos referíanse a el a miúdo co alcume despectivo de "Birne" ('pera', en alemán), xa que a cabeza do chanceler representábase nas caricaturas da época con esa forma. Inicialmente Kohl ofreceu unha imaxe débil, pero pronto se viu que se trataba dun político decidido.

Kohl é o chanceler de Alemaña que durante máis tempo ocupou o cargo, exceptuando a Otto von Bismarck (que o foi durante 19 anos). O 27 de outubro de 1998 sucedeulle no posto Gerhard Schröder tras unha importante vitoria do SPD nas eleccións daquel ano.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.