From Wikipedia, the free encyclopedia
O T-34 foi un carro de combate medio soviético fabricado dende 1940 ata 1958. Adoita ser descrito como o deseño máis efectivo, eficiente e influente da segunda guerra mundial, aínda que o seu armamento e blindaxe foron superados por carros de combate posteriores da época.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2023.) |
T-34 | |
---|---|
Tipo | carro de combate medio |
Orixe | Unión Soviética |
En servizo | 1940 - actualidade |
Usado por | Unión Soviética, Exército Nacional de Afganistán e Comando das Forças Conjuntas da Albânia |
Guerras | segunda guerra mundial |
Deseñado | 1937 - 1940 |
Fabricante | Malyshev Factory, Leningrad Voroshilov Factory, Uralmash, Fábrica de Tratores de Volgogrado, Chelyabinsk Tractor Plant, Krasnoye Sormovo Factory No. 112 e Uralvagonzavod |
Producido | 1940 - 1958 |
Construídos | 84.070 |
Lonxitude | 5920 milímetros |
Anchura | 3000 milímetros |
Altura | 2405 milímetros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fabricado inicialmente na factoría KhPZ en Khárkiv (Ucraína), foi a base das forzas blindadas soviéticas durante a segunda guerra mundial, e foi amplamente exportado posteriormente. Foi o carro de combate máis producido da guerra, e o segundo de todos os tempos, tras o seu sucesor, a serie T-54/55. En 1996 aínda había variantes do T-34 en servizo en polo menos 27 países.
O T-34 foi desenvolvido a partir da serie BT de carros de combate rápidos coa intención de substituír tanto ao BT-5 como ao BT-7, ademais do carro de infantaría T-26. No momento da súa introdución era o carro cos atributos de potencia de fogo, mobilidade, protección e robustez mais equilibrados, aínda que a súa efectividade no campo de batalla sufriu pola configuración pouco ergonómica do compartimento da tripulación, pola escaseza de radios e por un pobre emprego táctico. A disposición da torreta con dous tripulantes requiría que o comandante apuntase e disparase o canón, unha configuración común en moitos carros da época; isto demostrou ser inferior ás disposicións de torretas de tres homes (comandante, artilleiro e cargador) dos alemáns Panzer III e Panzer IV. Porén, segundo as análises realizadas en Aberdeen Proving Grounds dun T-34 enviado polos soviéticos en 1942, o T-34 tiña a mellor óptica de todos os carros analizados alí.
O deseño e construción do tanque foron refinados continuamente durante a guerra para mellorar a efectividade e reducir custos, permitindo poñer un número progresivamente maior de carros en combate. A principios de 1944, foi introducido o mellorado T-34-85, cun canón máis potente de 85 mm e un deseño de torreta de tres homes. Cara ao final da guerra en 1945, o versátil e efectivo T-34 substituíra a moitos dos tanques máis lixeiros e pesados en servizo, e acaparaba a meirande parte da produción soviética de carros de combate. O seu desenvolvemento evolutivo levou directamente á serie T-54/55, fabricada ata 1981 e aínda operativa, e esta levou cara aos T-62, T-72 e T-90 que, xunto con varios carros chineses baseados no T-55, forman a espiña dorsal de moitos dos exércitos actuais.
O T-34 foi a arma máis importante para o Exército Vermello na segunda guerra mundial. Cando comezou a ser producido en 1940, os comentaristas considerábano un dos mellores deseños de carros de combate do mundo. A súa blindaxe inclinada aumentaba a protección, o motor V-2 diésel usaba un combustible menos inflamable, a suspensión Christie era rápida en terreos difíciles e as anchas cadeas dábanlle unha boa mobilidade na neve e na lama, aínda que problemas de fiabilidade e fabricación perseguiron aos modelos producidos durante a guerra. O T-34 continuou dándolle ao exército soviético unha vantaxe crucial no conflito, mesmo despois de que as súas vantaxes tecnolóxicas fosen igualadas e superadas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.