From Wikipedia, the free encyclopedia
O Panzer III foi un carro de combate medio desenvolvido nos anos 30 pola Alemaña Nazi e usado extensamente durante a segunda guerra mundial. A designación oficial era Panzerkampfwagen III Sd Kfz. 141 (abreviado como PzKpfw III). Deseñouse coa intención de que combatese contra outros vehículos blindados e serviu ao lado do carro de apoio á infantaría Panzer IV. Porén, cando os alemáns enfrontáronse ao formidable T-34, precisáronse canóns anticarros máis potentes. Como o Panzer IV tiña un anel da torreta maior, o rol foi revertido. O Panzer IV montou o longo canón de 75 mm KwK 40 e participou en batallas contra outros carros. O Panzer III volveuse obsoleto no seu rol e para case todos os seus propósitos foi substituído polo Panzer IV. Dende 1942, a derradeira versión do Panzer III montou o canón de 75 mm KwK 37 L/24, máis axeitado para o apoio á infantaría. A súa fabricación rematou en 1943 tras construírse 5.774 exemplares. Porén, o chasis do carro de combate proporcionou cascos para o Sturmgeschütz III ata o final da guerra.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2023.) |
Panzerkampfwagen III | |
---|---|
Tipo | carro de combate medio |
Orixe | Alemaña |
En servizo | 1939 - 1945 |
Usado por | Alemaña nazi |
Guerras | Segunda guerra mundial |
Deseñado | 1935 - 1937 |
Fabricante | Daimler-Benz |
Producido | 1939 - 1943 |
Construídos | 5.774 |
Peso | 23 toneladas |
Lonxitude | 5.49 metros |
Anchura | 2.9 metros |
Altura | 2.50 metros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.