República Krajina de Serbia
entidade serbia dentro de Croacia entre 1991 e 1995 From Wikipedia, the free encyclopedia
entidade serbia dentro de Croacia entre 1991 e 1995 From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Krajina de Serbia (en serbocroata, Република Српска Крајина / Republika Srpska Krajina) foi unha autodeclarada (1991) entidade serbia dentro de Croacia que existiu até ser conquistada polas forzas croatas en 1995. Unha parte perviviu até 1998 baixo administración das Nacións Unidas na parte leste de Eslavonia.
Република Српска Крајина (sr) | |||||
Himno | Bože pravde | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Knin (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 433.600 (25,45 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua serbia | ||||
Relixión | Cristianismo ortodoxo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 17.040 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 19 de decembro de 1991 | ||||
Disolución | 1995 | ||||
Sucedido por | Eastern Slavonia, Baranja and Western Syrmia (en) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Q4376763 | Milan Martić (pt) | ||||
Órgano lexislativo | national assembly (en) , | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Krajina dinar (en) | ||||
No segundo terzo do século XVI, Austria mandou construír trincheiras e militarizar a zona (Krajina: fronteira militar), para defenderse do Imperio Otomán. Moitos serbios inmigraron á rexión para combater ós otománs. En 1867, o goberno austrohúngaro recoñeceu "ós serbios que viven nesta nación como iguais ós croatas que viven na súa". En 1881 a fronteira militar volveu ser recuperada por Croacia.
Tras a primeira guerra mundial, o territorio pasou a formar parte do Reino de Iugoslavia. No período de entreguerras, os serbios que vivían nas krajinas de Croacia, Eslavonia e Bosnia, organizáronse do Partido Demócrata Independente. Durante o estado croata pro-alemán, e logo baixo a ditadura de Tito, as autonomías foron suprimidas. Nas constitucións iugoslavas de 1965 e 1974, non se recuperaron, pero as minorías viron recoñecidos algúns dos dereitos previos á guerra.
A finais de 1980 a minoría serbia estaba receosa dun goberno croata de tendencia cada vez máis nacionalista e temían a volta do fascismo e dos asasinatos étnicos. Sendo ou non realistas estes temores, o certo é que foron as escusas dos nacionalistas serbios que se opuñan a vivir baixo un goberno croata independente.
En 1989 as concentracións políticas dos nacionalistas serbios dirixidos por Slobodan Milošević chegaron ó cumio coa vitoria en 1990 dos independentistas croatas. Nese tempo, un 12,2 % da poboación de Croacia definíase como serbia. E tiñan o apoio do goberno central iugoslavo controlado por Serbia.
Unha nova constitución croata postergaba o status dos serbios como nación dentro de Croacia á de minoría. Isto intensificou as demandas serbias de autonomía cultural e outras demandas. De feito, a nova constitución croata contradicía á constitución iugoslava. Os nacionalistas serbocroatas abandonaron o parlamento croata e constituíron un Consello Nacional Serbio en xullo de 1990. Milan Babic foi elixido presidente do consello, tamén se aprobou a formación dunha milicia paramilitar baixo as ordes de Milan Martic, xefe de policía de Knin. Levantáronse barricadas con troncos nas principais estradas que unen á Krajina do resto de Croacia.
Organizaron entón os serbocroatas un referendo sobre a "soberanía e autonomía" da Krajina, o 99,7 % votou a favor, pero o goberno de Zagreb declarouno ilegal.
O 21 de decembro de 1990, a administración de Babic anunciou a creación do Distrito Autónomo Serbio (SAO Kninska Krajina). O 1 de abril de 1991, declararon a secesión de Croacia (ou a permanencia na Iugoslavia), outras rexións orientais de Croacia pediron a súa inclusión no Distrito e negáronse a pagar taxas ó goberno de Zagreb. O 25 de xuño de 1991, Croacia e Eslovenia independízanse de Iugoslavia. Case inmediatamente os paramilitares serbios co apoio do exército popular iugoslavo (JNA) comezaron actividades de guerrilla e rápidos ataques a postos da policía croata.
No territorio da Krajina os grupos paramilitares serbios ou serbocroatas crearon segundo o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia "unha estrutura paralela da seguridade do estado e da policía da Krajina e unidades mandadas pola seguridade do estado de Serbia". A poboación non serbia da Krajina foi expulsada do seu fogar. En dous meses, os serbocroatas controlaban un terzo de Croacia. Ata decembro de 1991, calcúlase que uns 80 000 musulmáns e croatas sufriron a limpeza étnica serbocroata.
O 19 de decembro de 1991 o Distrito Autónomo declárase República Serbia de Krajina. O 26 de febreiro de 1992, únense a SAO (Distrito Autónomo) de Eslavonia occidental, o SAO de Eslavonia oriental, Baranja e Sirmia occidental. Na súa máxima extensión, a República ocupou unha superficie de 17 028 km2.
En xaneiro de 1992, o enviado da ONU Cyrus Vance media un alto o fogo. O JNA abandona Croacia deixando o seu armamento ás forzas paramilitares serbocroatas. Aínda así, os non serbios non puideron volver ós seus fogares. O 21 de febreiro de 1992 o Consello de Seguridade das Nacións Unidas ordena a creación da UNPROFOR (Forza de Protección das Nacións Unidas). En decembro de 1992, Croacia divide administrativamente o seu territorio e concede dous condados á minoría serbocroata. Esta medida é vista como tardía e insuficiente (non incluía territorios da república como Baranja, Eslavonia occidental e Sirmia occidental).
O 26 de febreiro de 1992, Milan Babic dimite como presidente e é substituído por Goran Hadzic. Durante os seguintes tres anos, a república da aparencia de independencia, con goberno, exército, moeda, selos e relacións exteriores propias. Pero o seu principal valedor -Iugoslavia- pasa por un momento de aguda crise. Economicamente sofre hiperinflación, cambia tres veces de moeda e esta desprézase millóns de veces.
En 1994 dos 430 000 habitantes da Krajina, só 36 000 teñen emprego (92 % de desemprego), a situación da agricultura e a industria son calamitosas. O embargamento económico da ONU e o corte de relacións comerciais co resto de Croacia son responsables da crise.[1]
A comezos de 1993 Croacia lanza dúas ofensivas para aliviar a presión do corredor que mantén unida a parte norte do país con Dalmacia. Cascos azuis canadenses impiden que os croatas avancen máis. O goberno de Knin pide axuda a Belgrado e Milosevic envía 4 000 paramilitares, entre os que se conta a Garda Voluntaria Serbia de Zeljko Raznatovic (Arkan).
A mediados de 1995, Croacia en dúas operacións gaña o control da república. A minoría serbocroata (150 000 a 200 000 persoas) foxe por mor das represalias. Altos mandos das Forzas Armadas de Croacia foron acusados polo Tribunal Penal Internacional para ex Iugoslavia pola persecución á poboación civil serbia en Croacia.
O proceso de reintegración do territorio a Croacia rematou definitivamente en 1998 baixo supervisión das Nacións Unidas. Un goberno no exilio foi creado en 2005 para pedir reparacións de guerra a Croacia para a poboación serbia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.