Friedrich Wilhelm Nietzsche, nado o 15 de outubro de 1844 en Röcken (Lützen, nos arredores de Leipzig, actual Alemaña) e finado o 25 de agosto de 1900 en Weimar, foi un filósofo, poeta, músico e filólogo alemán, considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do século XIX.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Friedrich Nietzsche |
Biografía |
---|
Nacemento | (de) Friedrich Wilhelm Nietzsche 15 de outubro de 1844 Röcken (Reino de Prusia)
|
---|
Morte | 25 de agosto de 1900 (55 anos) Weimar (Imperio Alemán)
|
---|
Causa da morte | neurosyphilis (en) |
---|
Lugar de sepultura | Lützen (pt) |
---|
|
|
Catedrático de universidade |
---|
|
|
1869 – 1878 |
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | sen valor (1869–) Reino de Prusia (1844–1869) |
---|
Educación | Universidade de Leipzig (1865–1879) Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn (1864–1865) Pforta (pt) (1858–) Domgymnasium Naumburg (en) (1854–) |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Filosofía, estética, Nihilismo, Ética, psicoloxía, ontoloxía, poesía, filosofia da história (pt) , relixión, cultura, política e filoloxía |
---|
Lugar de traballo | Bonn Basilea Leipzig Weimar |
---|
Ocupación | filósofo , pedagogo , filólogo clásico , crítico musical , compositor , poeta , escritor , erudito clásico |
---|
Período de tempo | Filosofia do século XIX (pt) |
---|
Período de actividade | 1865 - 1889 |
---|
Empregador | Universidade de Basilea (1869–1878) |
---|
Membro de | |
---|
Movemento | Lebensphilosophie (en) |
---|
Profesores | Jacob Burckhardt (pt) e Friedrich Wilhelm Ritschl (pt) |
---|
Alumnos | Rudolf Steiner |
---|
Influencias | Arthur Schopenhauer, Heráclito de Éfeso, Ralph Waldo Emerson, Charles Darwin, Parménides de Elea, Auguste Comte, Blaise Pascal, Richard Strauss, Niccolò Machiavelli, Richard Wagner, Adalbert Stifter (pt) , Edgar Allan Poe, Protágoras de Abdera, Giacomo Leopardi, Paul Bourget, Sexto Empírico, François de la Rochefoucauld, Hippolyte Taine, Ruđer Bošković (pt) , Lev Shestov (pt) , Baruch de Spinoza, Zoroastro, Baltasar Gracián, Bernard Mandeville (pt) , African Spir (pt) , William Butler Yeats, Michel de Montaigne, Demócrito de Abdera, Epicuro de Samos, Heinrich Heine, Stendhal, Oswald Spengler, Stefan George (pt) , Johann Joachim Winckelmann, Georg Christoph Lichtenberg, Johann Wolfgang von Goethe, Paul Tillich, Friedrich Albert Lange (pt) , Paul Rée (pt) , Jean-Jacques Rousseau, William Shakespeare, Jean Marie Guyau, Marcelo, Max Scheler, Max Stirner (pt) , Mary Wigman (pt) , Stefan Zweig, Adam Mickiewicz, Empédocles, Platón, Aristóteles, Gottfried Wilhelm Leibniz, Voltaire, Sócrates, Georg Wilhelm Friedrich Hegel, Immanuel Kant, Fiódor Dostoievski, filosofía grega, Dioniso, Alexandre o Grande, Homero, Xulio César, Esquilo, Teognis, Friedrich Wilhelm Ritschl (pt) , Lou Andreas-Salomé, Manu (pt) , Tucídides, César Borgia, Napoleón I de Francia e Alexander Herzen |
---|
Lingua | Lingua alemá |
---|
Carreira militar |
---|
Conflito | Guerra franco-prusiana |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pai | Carl Ludwig Nietzsche (pt) |
---|
Irmáns | Elisabeth Förster-Nietzsche (pt) |
---|
|
|
|
Pechar
Realizou unha crítica polo miúdo da cultura, da relixión e da filosofía occidental, mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara a vida.[1] Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de teólogos, antropólogos, filósofos, sociólogos, psicólogos, politicólogos, historiadores, poetas, novelistas e dramaturgos.
Cavilou sobre as consecuencias do triunfo do secularismo da Ilustración, expresada na súa observación «Deus morreu», dun xeito que determinou a axenda de moitos dos intelectuais con máis sona despois da súa morte.
Se ben hai quen sostén que a característica definitoria de Nietzsche non é tanto a temática que trataba senón o estilo e o bo tino co que o facía, foi un autor que introduciu, como ningún outro, unha cosmovisión que reorganizou o pensamento do século XX, en autores tales como Martin Heidegger, Michel Foucault, Jacques Derrida, Gilles Deleuze, Gianni Vattimo ou Michel Onfray, entre outros.
Nietzsche recibiu un amplo recoñecemento durante a segunda metade do século XX como unha figura significativa na filosofía moderna. A súa influencia foi particularmente destacada nos filósofos existencialistas, críticos, fenomenolóxicos, postestruturalistas e posmodernos, e na socioloxía de Max Weber. É considerado un dos tres «mestres da sospeita» (segundo a coñecida expresión de Paul Ricoeur), xunto con Karl Marx e Sigmund Freud.