![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/Dionysos_Louvre_Ma87_n2.jpg/640px-Dionysos_Louvre_Ma87_n2.jpg&w=640&q=50)
Dioniso
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía clásica, Dioniso (en grego antigo Διώνυσος Diônysos ou Διόνυσος Dionysos) é "fillo de deus" ("Δίος" en grego antigo, significa "divino") e ("νυσος" en lingua tracia-frixia, significa "fillo")[1][2]. É o deus do viño e da vendima, inspirador da tolemia ritual e a éxtase, e un personaxe importante da mitoloxía grega. Aínda que as orixes xeográficas do seu culto son descoñecidas, case todas as traxedias preséntano como «estranxeiro»[3].
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Διόνυσος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Celebración | Relixión da Grecia antiga e Mitoloxía grega ![]() |
Símbolo iconográfico | Uva, Tirso (símbolo), touro (pt) ![]() ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Ariadna |
Parella | Afrodita Pallene (en) ![]() Physcoa (en) ![]() Carya (en) ![]() Alexiraea (en) ![]() Alpheisboea (en) ![]() Niceia (pt) ![]() Ariadna Althaea (en) ![]() Aura (en) ![]() Araethyrea (en) ![]() Chthonophyle (en) ![]() Coronis (en) ![]() ![]() |
Fillos | Thoas (en) ![]() ( ![]() Deianira ( ![]() ![]() ![]() Priapo (pt) ![]() ( ![]() Phlias (en) ![]() ( ![]() ![]() Ceramus (en) ![]() ( ![]() Carmanor (en) ![]() ( ![]() ![]() Cárites ( ![]() Pasítea (mitoloxía) ( ![]() Narcaeus (en) ![]() ( ![]() ![]() Evmédon (en) ![]() ( ![]() Evanthes (en) ![]() ( ![]() Maron (en) ![]() ( ![]() ![]() Acis ( ![]() ![]() Himeneo ( ![]() Latramys (en) ![]() ( ![]() Telete (en) ![]() ( ![]() ![]() Peparethus (en) ![]() ( ![]() Estáfilo (filho de Dionísio) (pt) ![]() ( ![]() Enopião (pt) ![]() ( ![]() Ftono (pt) ![]() ( ![]() ![]() |
Pais | Zeus ![]() ![]() |
Foi tamén coñecido como Baco (en grego antigo Βάκχος Bakkhos)[4] e o frenesí que inducía, βακχεία bakkhéia. É o deus patrón da agricultura e o teatro. Tamén é coñecido como o 'Liberador' (Eleuterio), liberando a un do seu ser normal, mediante a tolemia, a éxtase ou o viño.[5] A misión divina de Dioniso era mesturar a música dos aulós e dar final ao coidado e á preocupación.[6] Os investigadores discutiron a relación de Dioniso co «culto das almas» e a súa capacidade para presidir a comunicación entre os vivos e os mortos.[7]
No panteón grego Dioniso foi incorporado como un fillo de Zeus e Sémele, neto de Harmonía e bisneto de Afrodita aínda que outras versións afirmaban que era fillo de Zeus e Perséfone. Descríbeselle como feminino ou «masculino-feminino».[8]
O nome Dionysos é de significado incerto. O seu elemento -nysos ben pode ser de orixe non grega, pero deu- foi relacionado desde antigo con Zeus (xenitivo Deus). Para os autores gregos, Nisa era unha ninfa que o criou ou a montaña onde era atendido por varias ninfas (as Nisíades), que o alimentaron e o fixeron inmortal por orde de Hermes.[9]
O séquito de Dioniso era chamado o tíaso e estaba formado principalmente por ménades ou bacantes (as súas compañeiras de orxía).
Outro mito dionisíaco aparece no credo do orfismo, onde os antigos Titáns matan o pequeno deus Dioniso, fillo de Zeus e Perséfone, logo de atraelo con brillantes xoguetes cara a unha trampa, despois é descortizado, cocido e devorado. Entón, Zeus castiga e fulmina co seu raio os Titáns (pero como o corazón de Dioniso non foi devorado, do corazón resucita o fillo de Zeus). Das cinzas dos Titáns e a terra xorden os seres humanos, que posúen un compoñente titánico e outro dionisíaco, ao nacer con algo da antiga culpa da morte do deus Dioniso, polo que deben purificarse ao evitar o derramamento de sangue de homes e animais, deste xeito, ao final da existencia, a súa alma é liberada do corpo (case tumba e cárcere), para reintegrarse ao mundo divino de onde procede.