Éxtase (emoción)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Éxtase (do grego έκ-στασις ek-stasis) é un estado de plenitude máxima usualmente asociado a un pracer intenso que dura uns momentos. Despois da súa fin a volta á vida cotiá, pode verse incluso transformada polo evento previo, e así sentir un grao de satisfacción constante.
Un estado de éxtase implica unha desconexión coa realidade para conectarse cunha realidade propiamente mental dirixida cara a un mesmo. A persoa que experimenta a éxtase a miúdo desconecta os seus sentidos cara ao exterior e enfócaos cara ao interior. É dicir, a éxtase é un estado alterado caracterizado pola ausencia total ou parcial dos arredores e sentindo as emocións no noso interior.
- Un orgasmo é chamado moitas veces éxtase sexual.
- Un instante de iluminación mística ou claridade espiritual dunha persoa recibe o nome de éxtase. Normalmente é de tipo relixioso, pero pode ser tamén de tipo existencial ou filosófico.