From Wikipedia, the free encyclopedia
O tracio era unha lingua falada na Antigüidade polos tracios no sueste de Europa. É unha lingua extinta xa que a maioría dos tracios foron helenizados ou romanizados.
Excluíndo o dacio, cuxo status como unha lingua tracia é discutido[1], o tracio era falado por un gran número de persoas no que hoxe é o sur de Bulgaria, partes de Serbia, Macedonia do Norte, norte de Grecia (especialmente antes da expansión dos antigos macedonios), por toda a Tracia (incluíndo a Turquía europea) e en partes da rexión de Bitinia (noroeste da Turquía asiática).
Incluíndo o dacio/xético, era falado en Romanía, norte de Bulgaria, partes de Serbia, de Moldova, Ucraína centro-occidental, Hungría oriental e Eslovaquia.
Por ser unha lingua extinta con só unhas poucas inscricións, hai pouco coñecemento sobre a lingua tracia, pero coñécense e admítense varias características dela. Algunhas palabras tracias poden atoparse citadas en textos antigos[2].(esta lista exclúe nomes dacios de plantas que aparecen incluídos ás veces):
Alén diso, hai moitas palabras e probábeis palabras extraídas de antropónimos, topónimos, hidrónimos, orónimos e outros elementos léxicos encontrados en fontes antigas e bizantinas:
Varias probábeis palabras tracias atópanse en inscricións (a maioría delas escritas co alfabeto grego) en edificios, moedas e outros artefactos (ver inscricións abaixo).
Outra fonte do vocabulario tracio son palabras de etimoloxía descoñecida ou contestada encontradas en búlgaro e en macedonio así como no romanés. O albanés é ás veces considerado como descendente do dacio ou do tracio, ou como descendente do ilirio mesturado co daco-tracio. Así, o léxico albanés é outra fonte.
Tamén se propoñen palabras tracias no léxico do grego antigo. Elementos léxicos gregos pode ser que deriven do tracio como, por exemplo, balios, "manchado, colorido", do PIE *bhel-, "brillar". Julius Pokorny tamén cita o ilirio como unha posíbel fonte para bounos, "outeiro, monte".
Só se atoparon catro inscricións tracias. Unha está nun anel de ouro encontrado en 1912 na cidade de Ezerovo, en Bulgaria. O anel foi datado no século -V. No anel hai unha inscrición escrita co alfabeto grego que di:
O significado da inscrición é descoñecido e non se parece a ningunha lingua coñecida. Estudosos de tracio como Georgiev e Dechev propuxeron varias traducións para a inscrición, pero son só conxecturas.
Unha segunda inscrición foi encontrada en 1965 preto da vila de Kyolmen, na provincia de Shumen, datada do século -VI. Consiste en 56 letras do alfabeto grego, probabelmente un epitafio tumulario semellante aos frixios:
Unha terceira inscrición está novamente nun anel, encontrado en Duvanli, na provincia de Plovdiv, preto da man esquerda dun esqueleto. Data do século -V. O anel ten a imaxe dun cabaleiro coa inscrición envolvendo a imaxe. Está apenas parcialmente lexíbel:
ΜΕΖΗΝΑΙ probabelmente corresponde a Menzana, o "cabalo deus" mesapio, a quen se sacrificaban cabalos, comparábel tamén ao albanés mes, mezi e ao romanés mânz, "poldro", derivado do PIE *mend(i)-, "cabalo".
Estas son as maiores inscricións preservadas. As restantes son na maioría palabras illadas ou nomes en vasillas e outros artefactos. Alén diso, elementos léxicos tracios atopáronse en inscricións en grego e en latín.
Nunha inscrición latina de Roma que trata dun cidadán da provincia romana de Tracia, encóntrase a frase Midne potelense. Isto é interpretado como a indicación do lugar tracio de orixe, Midne sendo visto como o equivalente tracio do latín vico "vila". Se isto fose correcto, a palabra tracia ten un cognato próximo en letón (mitne, "unha residencia"), unha lingua báltica. Podería ser asociada tamén co termo búlgaro para "lugar de residencia", mitnitsa.
A maioría dos tracios foron finalmente helenizados (na provincia da Tracia) ou romanizados (na Moesia, Dacia etc.), cos últimos remanentes sobrevivindo en áreas remotas ata o século V[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.