From Wikipedia, the free encyclopedia
Lou Andreas-Salomé, nada como Louise von Salomé en San Petersburgo en 1861 e finada en Göttingen en 1937, foi unha intelectual ruso-alemá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1861 San Petersburgo Rusia |
Morte | 1937 Göttingen Alemaña |
Causa da morte | insuficiencia renal |
Lugar de sepultura | Cemiterio municipal de Gotinga |
País de nacionalidade | Rusa Alemá |
Educación | Saint Peter's School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio |
Ocupación | Intelectual |
Profesores | Sigmund Freud |
Influencias | |
Familia | |
Cónxuxe | Friedrich Carl Andreas (1887–) |
Parella | Rainer Maria Rilke |
Descrito pola fonte | Lexikon der deutschsprachigen Literatur des Baltikums und St. Petersburgs (en) , (p.141-144) Obálky knih, Medvik >>>:Andreas-Salomé, Lou, 1861-1937, |
Filla dun xeneral do exército ruso de orixe alemá, estudou na Universidade de Zürich, unha das poucas que admitía mulleres. Alí realizou estudos comparativos de relixión e cursos de filoloxía, filosofía e historia da arte. En 1882 viaxa a Roma e coñece, mentres se recuperaba dunha grave enfermidade, a Malwida von Maysenburg, coñecida polo seu feminismo e os seus salóns literarios. Alí faise amiga do escritor Paul Rée, amigo de Nietzsche, cos que proxecta a creación dunha comuna literaria que nunca se faría realidade.
Casou co lingüista Carl Friedrich Andreas, logo que este a ameazase con suicidarse, pero nunca consumou o matrimonio. Residiu en Göttingen dende 1903, onde o seu home era catedrático.
Foi amiga de grandes intelectuais como Rainer Maria Rilke ou Sigmund Freud, de quen foi discípula. Tras a primeira guerra mundial dedicouse á terapia psicanalítica. En 1885 publicou a súa primeira novela, Im Kampf um Gott ("Na loita por Deus").
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.