Gotinga[1] (en alemán Göttingen) é un municipio e unha cidade alemá, capital do distrito homónimo e situada no estado federado de Baixa Saxonia. Está situada ao sur de dito estado, lindeira cos estados de Hesse e Turinxia. O río Leine atravesa o municipio; este río nace no lago Kiessee, situado ao sur da cidade.
Göttingen (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baixa Saxonia | ||||
District of Lower Saxony (en) | Göttingen (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Deppoldshausen (en) Elliehausen (en) Esebeck (en) Geismar (en) Grone (en) Groß Ellershausen (en) Göttingen-Holtensen (en) Herberhausen (pt) Hetjershausen (en) Innenstadt (en) Knutbühren (en) Nikolausberg (en) Nord (en) Q2036110 Q2565657 Roringen (en) Südstadt (en) Weende (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 120.261 (2023) (1.028,49 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 116,93 km² | ||||
Bañado por | Leine, Kiessee in Göttingen (en) , Weende (en) , Lutter (Leine) (en) e Grone (en) | ||||
Altitude | 150 m | ||||
Punto máis alto | Mackenröder Spitze (en) (427,5 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Gottfried Jungmichel (1956–1966) Walter Leßner (1966–1973) Artur Levi (1973–1981) Joachim Kummer (1981–1982) Gerd Rinck (1982–1986) Artur Levi (1986–1991) Rainer Kallmann (pt) (1991–2000) Jürgen Danielowski (2000–2006) Wolfgang Meyer (Politiker, 1948) (pt) (2006–2014) Rolf-Georg Köhler (pt) (2014–2021) Petra Broistedt (2021–) | ||||
Membro de | Niedersächsischer Landkreistag (en) Niedersächsischer Städtetag (pt) Alcaldes pola Paz (1987–) Aliança Climática (pt) (1995–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 37001–37099 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 551 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Hackney (pt) Suresnes Cheltenham (pt) (1951–) Toruń (1978–) Pau (1983–) Lutherstadt Wittenberg (1988–) Departamento de León (1989–) | ||||
Sitio web | goettingen.de |
É unha cidade histórica, fundada durante a Idade Media e cuxa importancia creceu tras a fundación da Universidade de Gotinga en 1734. A cidade formou parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, o Reino de Westfalia, o Reino de Hannover, o Reino de Prusia e despois foi integrada no Imperio alemán. Durante a segunda guerra mundial foi atacada desde o aire, aínda que non se viu moi afectada polos bombardeos angloamericanos. Actualmente a cidade mantén a súa importancia debido á universidade, que recibe numerosos estudantes internacionais e erasmus.
A cidade conta cunha estación ferroviaria que ofrece servizos a algunhas das grandes cidades alemás como Berlín, Hamburgo, Hannover ou Frankfurt am Main. A través das conexións ferroviarias tamén se pode enlazar cos aeroportos de Frankfurt e de Hannover.
Historia
O embrión da cidade de Gotinga foi creado no século X. Menciónase por primeira vez o ano 953 como Gutingi, nun documento do emperador Odón I do Sacro Imperio Romano.
Palacio Imperial de Grona
Nos seus primeiros días Gutingi viuse ensombrecida por Grona, historicamente documentada desde o ano 915 d.C. como unha fortaleza de nova construción, situada enfronte de Gotinga, nun outeiro ao oeste do río Leine, e que posteriormente foi utilizada como palacio imperial otoniano, con 18 visitas de reis e emperadores documentadas entre 941 e 1025. O último emperador que utilizou a fortaleza de Grona foi Henrique II (1002-1024). Tamén tiña unha igrexa construída na Gotinga veciña, dedicada a santo Albano. O edificio actual da igrexa que ocupa este lugar, a Igrexa de Saini Albani, construíuse en 1423.
A fortaleza perdeu a súa función como palacio á morte de Henrique II en 1025, despois de que se retirara a ela pola súa mala saúde. Posteriormente foi utilizada polos señores de Grone, posteriormente destruída polos ciudádans de Gotinga entre 1323 e 1329 e, finalmente, arrasada en 1387 polo duque Odón I nas súas disputas coa cidade.
De cidade independente á Universidade
Entre 1150 e 1200 fundouse a actual cidade de Gotinga ao noroeste da vila Gutingi, da cal tomou seu nome. A data exacta non se coñece con certeza. O fundador foi probabelmente Enrique o León, duque de Saxonia e de Baviera. A comezos do século XIII, Gotinga xa posuía os dereitos dunha cidade. A vila anterior, a partir de entón denominada "A vila vella", integrouse por completo co paso do tempo na nova cidade. Entre 1351 e 1572 a cidade formou parte da Liga Hanseática. A partir de 1584 Gotinga pertenceu ao principado de Brunswick-Wolfenbüttel; desde 1635 ao principado de Calenberg e en 1692, finalmente, ao Principado electoral de Hannover.
En 1734 fundouse a Universidade de Gotinga, chamada "Georg-August-Universität Göttingen".
Época contemporánea
Durante as guerras Napoleónicas, en 1806, Gotinga pasou brevemente a control prusiano e, en 1807 ao reino napoleónico de Westfalia. Estas disposicións territoriais anuláronse despois da derrota de Napoleón I e, en 1813 volveu ao dominio de Hannover, que sería elevado a Reino en 1814. En 1854 incluíuse a Gotinga na rede de ferrocarrís.
No ano 1866, despois da derrota de Austria e do seu aliado Hannover a mans do reino de Prusia na chamada Guerra das Sete Semanas, Gotinga pasou a ser posesión prusiana.
Durante o Terceiro Reich houbo cerca de Gotinga un campo de concentración para adolescentes (o Jugendkonzentrationslager Moringen), que foi liberado en 1945. Gotinga apenas sufriu baixo os bombardeos aliados da segunda guerra mundial, que destruíron tantas outras cidades alemás (a pesar do cal se destruíu o 2,1 % da cidade).[2] Esta é a razón de que se conservaran moitos edificios históricos no centro que ofrecen un aloxamento atractivo para vivir, con moitas tendas, cafés e bares. Por iso moitos dos estudantes da Universidade viven no centro antigo e proporcionan á cidade unha imaxe dinámica. No ano 2003, o 45 % da poboación do centro contaba entre 18 e 30 anos de idade.
Educación
- Universidade de Gotinga. En alemán Georg-August-Universität Göttingen, fundada en 1734 polo príncipe elector Xurxo II Augusto de Hannover, rei de Inglaterra. En 1837, sete catedráticos protestaron contra a soberanía absoluta dos reis de Hannover (que eran os reis de Inglaterra); perderon os seus traballos, pero fixéronse famosos como os "Sete de Gotinga". Algúns deles foron os irmáns Grimm, Wilhelm Eduard Weber e Georg Gervinus. Ademais, o ex-chanceler de Alemaña, Gerhard Schröder, foi alumno da Facultade de Dereito da universidade.
- Biblioteca universitaria e estatal da Baixa Saxonia. En alemán Niedersächsische Staats- und Universitätsbibliothek Göttingen , ten máis dun millón de volumes en varios idiomas, e introduciu un sistema moderno de contabilidade para libros, que foi modelo incluso para a Biblioteca do Congreso estadounidense, no século XVIII.
- Universidade politécnica Hildesheim/Holzminden/Göttingen. Establecida en 1971.
- Institutos Max Planck (Institutos Federais Alemáns de Investigación:
- Instituto Max Planck de Medicina Experimental
- Instituto Max Planck de Química biolóxica-física.
- Instituto Max Planck de Historia
- Instituto Max Planck de Investigación de Correntes
- Centro Alemán de navegación aérea e espacial (Deutsches Zentrum für Luft- und Raumfahrt e.V. - DLR)
- Centro Alemán de Primates (DPZ).
- Instituto de investigación sociolóxica (SOFI) e.V.
Como sucede noutras universidades, a de Gotinga desenvolveu o seu propio folclore. Cando os estudantes rematan o seu doutoramento, son conducidos desde o Gran Salón da universidade até a Gänseliesel (A moza do ganso), unha fonte situada fronte á antiga casa do concello. Alí, cada laureado sobe á fonte e bica a estatua da moza (esta moza está considerada como a máis bicada do mundo).[Cómpre referencia]
Cultura
Eventos culturais
Gotinga é o fogar da "Akademische Orchestervereinigung", unha orquestra composta por voluntarios que toca catro concertos ao longo do ano para audiencias locais.
Oganizado pola Göttinger Händel-Gesellschaft desde 1920, celébrase anualmente o Festival Händel dedicado a este compositor é á música barroca, sendo o festival máis antigo no seu xénero en actividade.
Relixión
Nun principio a zona de Gotinga pertenía ao Arcebispado de Maguncia. En 1528 as doutrinas do reformador Martiño Lutero fixéronse populares na cidade, e en 1529 escoitouse por primeira vez un sermón protestante na igrexa de San Pedro e San Paulo (Paulinerkirche). Desde entón e durante varios séculos, Gotinga foi unha cidade case exclusivamente protestante. Hoxe en día a zona de Gotinga forma parte da Igrexa luterana estatal de Hannover. Á parte dos luteranos hai varias congregacións protestantes independentes, as Freikirchen.
A partir de 1746 volveron a celebrarse misas católicas para os estudantes e, ao ano seguinte, para todos os habitantes da cidade interesados nesa confesión. Pero até 1787 non se construíu a primeira igrexa católica, a de San Miguel, despois da Reforma protestante do século XVI. En 1929 edificouse unha segunda igrexa católica, dedicada a San Paulo. Á parte das confesións luterana e católica existen varias igrexas independentes como a dos baptistas (establecidos en 1894), os mennonitas (establecidos en 1946) e outras.
Desde o século XVI hai documentos sobre a existencia dunha parroquia xudía. A sinagoga, como tantas outras en toda Alemaña, foi destruída o 9 de novembro de 1938 por simpatizantes dos nacionalsocialistas, nunha acción concertada chamada Reichsprogromnacht. A parroquia xudía sufriu baixo os nacionalsocialistas, e moitos dos seus membros foron asasinados nos campos de concentración. O culto xudeu en Gotinga restableceuse recentemente con vigor por inmigrantes procedentes da ex Unión Soviética.
O culto musulmán estableceuse en Gotinga, como en moitas outras cidades alemás, a través da inmigración de obreiros turcos nos anos 1970, que compoñen o maior grupo de musulmáns en Gotinga, aínda que tamén os hai procedentes de países árabes ou de Paquistán e a India. Existe unha mesquita no barrio Grone.
Cidades irmás
Están irmandadas con Gotinga as seguintes cidades:
- Cheltenham (Reino Unido)
- La Paz Centro (Nicaragua)
- Lutherstadt Wittenberg (Alemaña)
- Pau (Francia)
- Toruń (Polonia)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.