![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9c/Adam_Mickiewicz_wed%25C5%2582ug_dagerotypu_paryskiego_z_1842_roku.jpg/640px-Adam_Mickiewicz_wed%25C5%2582ug_dagerotypu_paryskiego_z_1842_roku.jpg&w=640&q=50)
Adam Mickiewicz
poeta e nacionalista polaco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Adam Bernard Mickiewicz, nado en Zavosse o 24 de decembro de 1798 e finado en Constantinopla o 26 de novembro de 1855, foi un poeta e nacionalista polaco[1][2] cuxa obra marca o comezo do Romanticismo no seu país. Coñéceselle sobre todo como o autor do poema dramático Dziady e a epopea nacional Pan Tadeusz, a cal é considerada a último gran epopea da nobreza polaco-lituana.
Hai un gran debate sobre a nacionalidade do poeta. Algúns polacos reclaman a Adam Mickiewicz como autor polaco xa que escribiu nese idioma, ademais de estar enterrado en Cracovia. Outros o denominan lituano xa que no comezo da epopea Pan Tadeusz, comeza coa frase "Oh, Lituania". O termo “Lituania” usado por Mickiewicz refírese máis a unha rexión xeográfica que a un país. Mickiewicz fora criado na cultura da unión polaco-lituana, un estado multicultural que ocupara a maioría do que hoxe son os países independentes de Polonia, Lituania, Belarús e Ucraína; mentres que os belarusos reclámano baseándose no lugar físico onde naceu, actualmente en Belarús.