Festival de Eurovisión 2017
LXII Festival de música sonado celebrado de xeito anual en Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
O LXII Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar en Ucraína os días 9, 11 e 13 de maio de 2017[9][10] trala vitoria de Jamala na edición de 2016 coa canción "1944".[11] Esta foi a segunda vez que Ucraína acolleu o festival, sendo a primeira en 2005.[12]
Festival de Eurovisión 2017 Celebrate Diversity | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 9 de maio |
Semi-final 2 | 11 de maio |
Final | 13 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | CEI, Kíiv, Ucraína |
Presentador(es) | Oleksandr Skichko Volodymyr Ostapchuk Timur Miroshnychenko |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Televisión anfitrioa | |
Acto(s) intermedio(s) | |
Participantes | |
Participantes | 42[3] |
Países que retornan | Portugal[4] |
Países que se retiran | Bosnia e Hercegovina[6] Rusia[7] |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan 1-8 e 10 puntos, (aparecen automaticamente nas pantallas) e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.
En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto no que cada país entrega 1-8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses voto súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta. |
Canción gañadora | Portugal "Amar pelos dois"[8] |
Festival de Eurovisión | |
◄2016 2018► |
O evento tivo lugar no Centro Internacional de Exposicións[13] e foi conducido por Oleksandr Skichko, Volodymyr Ostapchuk e Timur Miroshnychenko (este último como presentador nas conexións coa denominada "Green room"). Foi a segunda ocasión, ademais da edición inaugural de 1956 conducida por un home en solitario, na que os presentadores foron exclusivamente homes.[14]
O gañador foi Salvador Sobral, que representaba a Portugal co tema "Amar pelos dois".[8] A canción gañou ambas votacións; obtivo 382 puntos do xurado e 376 do televoto.[15] Este territorio foi o país en permanecer máis tempo sen gañar (48 edicións), xa que, desde o seu debut en 1964, non gañara ningunha vez.[8]
O lema desta edición foi Celebrate Diversity ("Celebrade a diversidade"). Este viña acompañado dun logotipo baseado nos colares tradicionais ucraínos coñecidos como namysto, que ao empregar contas con distintos deseños simbolizan "tanto a diversidade como a individualidade", segundo palabras dos organizadores.[16]
O 31 de outubro de 2016 confirmouse a listaxe de países participantes no festival, cun total de 43, igualando o récord de participantes alcanzado en 2008 e 2011.[3] Portugal e Romanía volveron despois dun ano de ausencia.[4][5] Pola súa parte, Bosnia e Hercegovina, que regresara na edición anterior, decidiu retirarse debido a problemas financeiros.[6] Así mesmo, Rusia retirouse despois de que o país organizador prohibise a entrada á súa cantante, co que o número de participantes finalmente foi de 42.[7]
Italia foi a gran favorita do festival seguida por Portugal, Bulgaria e Suecia, e en menor medida, Bélxica, Australia, Armenia e Francia.[17] Despois das semifinais e pouco antes da final, Portugal e Moldavia subiron nas apostas. Ao final, Portugal declarouse campión de Eurovisión 2017, seguido de Bulgaria, Moldavia, Bélxica e Suecia. O único veciño de Portugal, España, quedou en última posición.
O 22 de marzo, o goberno ucraíno prohibiu a entrada á representante rusa Yuliya Samoylova. Segundo o mesmo, a artista entrou a Ucraína sen autorización cando actuou en Crimea— territorio que Ucraína considera seu— tras a anexión rusa,[18] co cal se lle prohibiu a entrada ao país a Yuliya por 3 anos.[18] O 23 de marzo, a Unión Europea de Radiodifusión permitiu a Samóylova participar por satélite desde fóra do país anfitrión, un feito sen precedentes na historia do festival.[19] Con todo, devandita posibilidade foi descartada por Rusia, que considera que todos os países deben participar obrigatoriamente sobre o mesmo escenario e que as normas estabelecen que "o país organizador do festival debe garantir a todos os participantes a posibilidade de obter un visado para o período de celebración do evento".[20] Do mesmo xeito, devandita posibilidade foi descartada por Ucraína, país organizador, que considera que a simple retransmisión da actuación da cantante pola súa televisión nacional, viola as súas leis na mesma medida que se permitise a súa entrada no país.[21] Finalmente, o 13 de abril, Rusia confirmou a súa retirada do festival, afirmando que regresarían na edición de 2018.[7]