![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/EuroEspa%25C3%25B1a.svg/langgl-640px-EuroEspa%25C3%25B1a.svg.png&w=640&q=50)
España no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
España participa, ininterrompidamente, no Festival da Canción de Eurovisión desde 1961. Nesa primeira participación quedou en novena posición coa canción "Estando contigo" de Conchita Bautista. Desde 1999, España forma parte do "Big Four" xunto a Alemaña, Francia e o Reino Unido, ampliado con Italia en 2011 e denominado "Big Five".
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
España | |
---|---|
Estación membro | Televisión Española |
Final nacional | Ver artigo |
Aparicións | 58 |
Primeira aparición | 1961 |
Mellor resultado | |
Final | 1.º 1968 1.º 1969 |
Semifinal | 14º 1996 |
Peor resultado | |
Final | 26.º 2017 25.º 2013 23.º 1999 |
Semifinal | 14º 1996 |
Ligazóns externas | |
Páxina en TVE | |
Páxina de España en Eurovision.tv |
España gañou dúas veces o festival. A primeira no 1968, en Londres, coa canción "La, la, la" interpretada por Massiel e a segunda vez foi ao ano seguinte con Salomé interpretando "Vivo cantando".
España participou no concurso en 54 ocasións, gañando en 2 delas e quedando noutras 8 ocasións entre os 5 primeiros: en 1968, 1969, 1970, 1971, 1973, 1979, 1984, 1990, 1991 e 1995. Así mesmo, obtivo tres veces "0 puntos", en 1962 e 1965 (cun sistema diferente de votación), e en 1983, sempre empatando con outros países. No século XXI o mellor resultado de España en Eurovisión foi un 6.º posto en 2001, con David Civera e o tema Dile que la quiero en Copenhaguen. Entre 2005 e 2013 España quedou na metade baixa da clasificación coa excepción de 2012, cando a participación de Pastora Soler devolveu a TVE de novo ao "top 10". En 2014 en Copenhaguen, Ruth Lorenzo, con Dancing In The Rain, obtivo o posto nº 10 empatando con Dinamarca.
A retransmisión do festival é o evento non deportivo máis visto en España ano tras ano. Tras uns anos de boas audiencias nos anos noventa, o fenómeno Operación Triunfo coa participación de Rosa e a canción Europe's living a celebration, fai que o Festival do 2002 sexa o máis seguido desde que hai estatísticas fiables de audiencia. Os outros dous participantes que saíron deste concurso (Beth Rodergas e Ramón del Castillo) tiveron un bo seguimento no certame, así como unha boa posición. En 2008 tamén se bateu un novo récord de audiencia mediante a elección do polémico Rodolfo Chikilicuatre, personaxe de ficción interpretado por David Fernández Ortiz e incubado na canle privada La Sexta.
Moitas das cancións españolas que participaron no festival han ter un grande éxito en España e algunhas tamén no estranxeiro. Por outra banda moitos foron os cantantes españois que desenvolveron unha importante carreira posteriormente ao seu paso polo concurso. Algúns destes artistas son: Raphael, Julio Iglesias, Karina, Mocedades, Jaime Morey, Peret, Micky, Paloma San Basilio, Azúcar Moreno, Sergio Dalma, David Civera, Rosa López... Nos últimos anos son varios os artistas que deciden representar a España tras estar consolidados no mercado musical, como Soraya Arnelas, Pastora Soler ou El Sueño de Morfeo. Así mesmo, axudou a dar a coñecer e a que teñan unha carreira musical en España a artistas que levan un longo camiño andado, como é o caso de Daniel Diges, Lucía Pérez ou Ruth Lorenzo.