From Wikipedia, the free encyclopedia
O XIV Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 29 de marzo de 1969 no Teatro Real de Madrid, (España). A presentadora foi Laurita Valenzuela, que se viu en apertos ao observar o empate entre catro países ao final do festival: Salomé con "Vivo cantando" por España, a británica Lulu co tema "Boom Bang-a-Bang", a neerlandesa Lenny Kuhr con "De troubadour" e, finalmente, Frida Boccara por Francia con "Un jour, un enfant".
Festival de Eurovisión 1969 | |
---|---|
Datas | |
Final | 29 de marzo de 1969 |
Anfitrión | |
Lugar | Teatro Real, Madrid, España |
Presentador(es) | Laura Valenzuela |
Televisión anfitrioa | |
Participantes | |
Participantes | 16 |
Países que se retiran | Austria |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Cada país tiña un xurado con 10 membros, cada un dos cales daba 1 punto a súa canción favorita |
Canción gañadora | Vivo cantando, Salomé España Un jour, un enfant, Frida Boccara Francia De troubadour, Lenny Kuhr Países Baixos Boom Bang-a-Bang, Lulu Reino Unido |
Festival de Eurovisión | |
◄1968 1970► |
Foi a primeira vez que tiña lugar un empate polo primeiro posto, e non existía ningún tipo de regulamento para o desempate, xa que as regras argumentaban que gañaban "a televisión ou televisións con máis votos". Por iso, considerouse aos catro países empatados como vencedores, o que orixinou dificultades á hora de outorgar os galardoes. En directo, outorgáronse ás 4 intérpretes os 4 trofeos que había preparados (a compositor, letrista, director de orquestra e intérprete), e despois do festival déronse ao resto das 4 delegacións.
Austria non participou ante a súa negativa de enviar un cantante a España debido a que esta se atopaba baixo un réxime ditatorial, aínda que non había ter problema nos anos anteriores en competir con devanditos países (España ou Portugal) e a recibir votos destes. Doutra banda, o Principado de Liechtenstein mostrou o seu interese en tomar parte (chegando a elixir incluso o tema Un beau Matin) pero, ao non posuír radiotelevisión pública propia, foille denegada a participación. Algunhas delegacións pediron ao goberno español a liberación de certos presos políticos para ir cantar a España e, segundo dixo en TVE Salomé en 2004, isto fíxose efectivo.
Outro dato a ter en conta é o deseño por parte do artista Salvador Dalí de toda a publicidade relacionada co evento, e a produción e organización do certame, todo un reto para a TVE da época, que retransmitiu o festival en cor, aínda en fase de probas, a varios países. O evento seguiuse en directo nos países membros de Eurovisión e Intervisión, así como por satélite en Chile, Porto Rico e o Brasil.
Os representantes dos países participantes elixíronse, dependendo do país, mediante elección interna ou en finais nacionais que se fixeron na segunda metade de febreiro e principios de marzo.
Foron elixidos cinco artistas que xa participaran en anos anteriores. Romuald, representante de Luxemburgo, xa participara en 1964 por Mónaco. A representante de Alemaña Occidental, Siw Malmkvist, representara a Suecia en 1960. Simone de Oliveira representaba por segunda vez a Portugal tras habelo feito en 1965, e Louis Neefs representaba por segunda vez a Bélxica trala súa participación en 1967. Neses dous anos representara xa a Noruega Kirsti Sparboe, sendo esta a súa terceira participación no festival.
Jean Jacques, representante de Mónaco, foi un dos participantes máis novos do festival, xa que só tiña doce anos. Irlanda elixiu por primeira vez a un representante de Irlanda do Norte, Muriel Day.
País e TV | Título orixinal da canción | Artista | Proceso e data de selección[1] |
---|---|---|---|
Linguas de interpretación | |||
Alemaña ARD |
Primaballerina | Siw Malmkvist | Final nacional, 22-02-69 |
Alemán | |||
Bélxica BRT |
Jennifer Jennings | Louis Neefs | Final nacional, 22-02-69 |
Neerlandés | |||
España TVE |
Vivo cantando | Salomé | Final nacional, 22-02-69 |
Español | |||
Finlandia YLE |
Kuin silloin ennen | Jarkko & Laura | Final nacional, 22-02-69 |
Finés | |||
Francia ORTF |
Un jour, un enfant | Frida Boccara | Elección interna |
Francés | |||
Irlanda RTÉ |
The wages of love | Muriel Day | Final nacional, 16-02-69 |
Inglés | |||
Italia RAI |
Due grosse lacrime bianche | Iva Zanicchi | Elección interna |
Italiano | |||
Luxemburgo CLT |
Catherine | Romuald | Elección interna |
Francés | |||
Mónaco TMC |
Maman, maman | Jean-Jacques Bertolai | Elección interna |
Francés | |||
Noruega NRK |
Oj, oj, oj, så glad jeg skal bli | Kirsti Sparboe | Melodi Grand Prix 1969, 01-03-69 |
Noruegués | |||
Países Baixos NTS |
De troubadour | Lenny Kuhr | Final nacional, 26-02-69 |
Neerlandés | |||
Portugal RTP |
Desfolhada portuguesa | Simone de Oliveira | Festival RTP da Canção 1969, 24-02-69 |
Portugués | |||
Reino Unido BBC |
Boom bang-a-bang | Lulu | Final nacional, 22-02-69 |
Inglés | |||
Suecia SR |
Judy, min vän | Tommy Körberg | Melodifestivalen 1969, 01-03-69 |
Sueco | |||
Suíza SSR SRG |
Bonjour, bonjour | Paola del Medico | Elección interna |
Alemán | |||
Iugoslavia JRT |
Pozdrav svijetu | Ivan & M's | Final nacional, 15-02-69 |
Croata | |||
# | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
1 | Iugoslavia | Ivan & M's | Pozdrav svijetu | 13 | 5 |
2 | Luxemburgo | Romuald | Catherine | 11 | 7 |
3 | España | Salomé | Vivo Cantando[2] | 1 | 18 |
4 | Mónaco | Jean-Jacques Bertolai | Maman, maman | 6 | 11 |
5 | Irlanda | Muriel Day | The wages of love | 7 | 10 |
6 | Italia | Iva Zanicchi | Due grosse lacrime bianche | 14 | 5 |
7 | Reino Unido | Lulu | Boom bang-a-bang | 1 | 18 |
8 | Países Baixos | Lenny Kuhr | De troubadour | 1 | 18 |
9 | Suecia | Tommy Körberg | Judy, min vän | 9 | 8 |
10 | Bélxica | Louis Neefs | Jennifer Jennings | 8 | 10 |
11 | Suíza | Paola del Medico | Bonjour, bonjour | 5 | 13 |
12 | Noruega | Kirsti Sparboe | Oj, oj, oj, så glad jeg skal bli | 16 | 1 |
13 | Alemaña | Siw Malmkvist | Primaballerina | 10 | 8 |
14 | Francia | Frida Boccara | Un jour, un enfant | 1 | 18 |
15 | Portugal | Simone de Oliveira | Desfolhada portuguesa | 15 | 4 |
16 | Finlandia | Jarkko & Laura | Kuin silloin ennen | 12 | 6 |
Eurovisión 1969 retransmitiuse en directo e en branco e negro para España a través de TVE-1, cos comentarios de José Luis Uribarri.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.