From Wikipedia, the free encyclopedia
RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane,[1] é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias canles de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.
RAI | |
---|---|
Acrónimo | RAI |
Tipo | negocio, empresa e difusora |
Área de operación | Italia |
Data de fundación | 1924, 1927, 1944 e 1954 |
Fundador(es) | Governo de Itália |
Director/a | Marinella Soldi |
Organización subsidiaria | Rai Pubblicità, Fonit Cetra S.p.A., Rai Fiction, Rai Cinema, Rai Sport (division), Rai News, Biblioteca della Sede regionale per la Campania della RAI, Biblioteca centrale della RAI e Biblioteca tecnica del Centro ricerche RAI |
Sede | Roma |
País | Italia |
Na rede | |
https://www.rai.it/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén se pode recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.
A RAI naceu coma unha empresa privada coñecida como Unione Radiofonica Italiana (URI) e foi creada no ano 1924 por varios empresarios privados e membros do grupo Marconi. A URI realizou a súa primeira emisión de radio o 24 de outubro dese ano cun cuarteto de Haydn.
No ano 1927 a URI foi renomeada como Ente Italiano Audizioni Radiofoniche (EIAR). Sobreviviu ata 1944 cando, baixo presión dos Aliados, foi renomeada Radio Audizioni Italiane, ou RAI.
Non foi ata o 1954 cando a RAI adquiriu a súa estrutura actual. Nese ano o estado italiano adquiriu parte da empresa, e a RAI comezou as súas emisións de televisión. O 3 de xaneiro de 1954 as 11:00, a primeira grella de televisión foi emitida desde a oficina de Milán e desde as subsés de Turín e Roma. Ás dúas dese mesmo día comezou a primeiro programa de televisión da historia italiana Arrivi e partenze, dirixido por Armando Pizzo e Mike Bongiorno.
Émisión analóxica (ata o 2012), dixital e satélite:
Emisión en dixital:
[s]: tamén dispoñible vía satélite
Emisión vía satélite:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.