Suecia no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Desde 1958, Suecia participou en 54 ocasións vencendo en 6, entre as cales é recordada especialmente a vitoria do ano 1974 coa canción máis famosa do festival, "Waterloo do grupo ABBA, quizais un dos grupos que máis agradecidos estean a Eurovisión, pois grazas a súa participación foron un dos grupos máis famosos a nivel mundial, dando así a coñecer ao seu país Suecia.
Suecia | |
---|---|
Estación membro | SVT |
Final nacional | Melodifestivalen |
Aparicións | 54 |
Primeira aparición | 1958 |
Mellor resultado | |
Final | 1º 2015 1º 2012 1º 1999 1º 1991 1º 1984 1º 1974 |
Semifinal | 1º 2012 1º 2011 1º 1996 |
Peor resultado | |
Final | 18º 1977 |
Semifinal | 12º 2008 |
Ligazóns externas | |
Páxina de Suecia en Eurovision.tv |
O Festival de Eurovisión ven precedido neste país dunha gran rolda de clasificación, o Melodifestivalen celebrado en distintas cidades de Suecia e cunha gran final, case sempre, en Estocolmo, é o acontecemento musical anual máis importante para os suecos, grazas a isto, as participacións de Suecia foron sempre flamantes e as súas cancións moi coñecidas a nivel internacional, sobre todo nos países nórdicos. Se ben é certo que desde o Festival de Eurovisión 2006 Suecia non recolleu moitos éxitos, a situación cambiou en 2011 co terceiro posto de Eric Saade e a súa canción Popular e as vitorias de Loreen en 2012 con Euphoria e 2015 con Måns Zelmerlöw e o seu Heroes.