From Wikipedia, the free encyclopedia
Jon Ola Sand, nado en Oslo o 21 de decembro de 1961, é un executivo noruegués de televisión, e traballa para a emisora pública noruega Norsk Rikskringkasting (NRK).
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1961 (62 anos) Oslo, Noruega |
Datos persoais | |
Residencia | Xenebra |
País de nacionalidade | Noruega |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , realizador , produtor de televisión |
Período de actividade | 1980 - |
Lingua | Lingua norueguesa |
Familia | |
Pais | Bjørn Sand (pt) e Unni Bernhoft (en) |
Irmáns | Simen Sand (en) |
Parentes | Bias Bernhoft (en) (avó) |
|
Sand ten 15 anos de experiencia traballando en grandes producións e coproducións de NRK e TV 2, así como a produción para empresas independentes. É membro da Academia Internacional de Artes e Ciencias de Televisión. Sand produciu e dirixido diversos programas, como o concerto do Premio Nobel da Paz, os Premios Noruegueses do Cine e a selección nacional de Noruega para o Festival de Eurovisión, Melodi Grand Prix. En 2010, Jon Ola Sand foi designado Produtor Executivo do Festival de Eurovisión 2010, celebrado en Oslo, Noruega, xa que Sand é produtor de televisión da canle norueguesa NRK, responsable da celebración do festival en 2010.
O 26 de novembro de 2010, Jon Ola Sand foi nomeado supervisor executivo do Festival de Eurovisión e do Festival de Eurovisión Júnior, despois de que Svante Stockselius renunciase ao seu posto logo de varios anos.[1] Sand comezou a súa nova función de Supervisor executivo da UER o día 1 de xaneiro de 2011.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.