![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4e/EuroRumania.svg/langgl-640px-EuroRumania.svg.png&w=640&q=50)
Romanía no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Romanía participa no Festival de Eurovisión dende 1994. O seu mellor resultado foi un terceiro posto con "Let Me Try" no 2005 e no 2010 co tema "Playing With Fire" interpretado por Paula Seling e Ovi. Ademais coa primeira xa lograron a súa primeira vitoria nunha semifinal.
Datos rápidos Ligazóns externas ...
Romanía | |
---|---|
Estación membro | TVR |
Final nacional | Selecţia Naţională |
Aparicións | 16 |
Primeira aparición | 1994 |
Mellor resultado | |
Final | 3º 2005 3º 2010 |
Semifinal | 1º 2005 |
Peor resultado | |
Final | 22º 1998 |
Semifinal | 29º 1996 |
Ligazóns externas | |
Sitio web | |
Páxina de Romanía en Eurovision.tv |
Pechar
Romanía é un dos países que se benefician do voto "veciñal" ou "de bloque", e ao voto da diáspora. Debido á súa posición en Europa do leste, Romanía obtén votos dos países veciños; especialmente recibe puntuacións altas por parte de Moldavia, España e Israel, grazas ao elevado número de residentes romaneses nestes países e no caso de Moldavia, comparten etnia e lingua.